Educación e Cultura

Un ano máis, o Concello de Rianxo conmemora o nacemento de Castelao cunha serie de actos para lembrar e divulgar o seu legado cultural e político  - Actos Castelao 2026 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Actos Castelao 2026

Un ano máis, o Concello de Rianxo conmemora o nacemento de Castelao cunha serie de actos para lembrar e divulgar o seu legado cultural e político 

Un ano máis, o Concello de Rianxo conmemora o nacemento de Castelao cunha serie de actos culturais e institucionais destinados a lembrar e poñer en valor a figura dun dos persoeiros máis destacados da historia e da cultura galega. O programa inclúe conferencias, ofrendas florais, actividades educativas e propostas artísticas que buscan achegar o legado de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao á veciñanza e ás novas xeracións.

XANEIRO 2026
Venres 16/01, 21:00, Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes (teatro).
MÚSICA: Recital Francisco Castro: Homenaxe a Castelao.


Sábado 17/01, 20:30, Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes (teatro).
TEATRO: Criaturas a cargo do Grupo Municipal de Teatro de Ribeira, ao abeiro da Rede Cultural da Deputación da Coruña - Programa Alicerce.


Venres 23/01, 20:30, Centro Sociocultural-Auditorio (primeiro andar).
MESA REDONDA: Castelao: tres efemérides para o 2026, a cargo de Francisco Fernández Rei (académico da RAG e
catedrático da USC), Emilio Xosé Insua (escritor e profesor), Miguel Anxo Seixas (historiador e biógrafo de Castelao), presentados por Julián Bustelo (alcalde de Rianxo).


Sábado 24/01, 12:30, Centro Sociocultural-Auditorio (primeiro andar)
CHARLA PARTICIPATIVA: A derradeira leición do mestre: como se constrúen as narrativas da memoria?. A cargo de Xesús Ron (grupo Chévere).


Sábado 24/01, 20:30, Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes (teatro)
TEATRO MUSICAL: Un ollo de vidro, de Castelao, adaptado pola Coral Solfa e A.C. O Galo.


Venres 30/01, 20:30, Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes (teatro)
LIBROS: Presentación do libro Sanshô-Dôei, de Eihei Dôgen (永 平道元), edición xaponés-francés-galego, coa participación de Manuel Cartea (tradutor da versión en galego), Doroteo Arnáiz (ilustrador), María Xesús Blanco (presidenta de Barbantia ), Valentín García (secretario xeral de Política Lingüística) e Julián Bustelo (alcalde de Rianxo). Intervención artística a cargo de Jontxu Argibay (talla). Introdución e peche musical a cargo da Escola de Música de Rianxo.


Sábado 31/01, 12:00, Paseo da Ribeira (busto de Castelao)
Ofrenda floral e intervención de autoridades.


Sábado 31/01, 20:30, Centro Sociocultural-Auditorio (primeiro andar)
LECTURAS: Lecturas dunha selección de textos do alumnado do IES Félix Muriel, participante no certame literario "Un verán con Castelao", de Nós Diario. Participarán Sofía Rama (docente do IES Félix Muriel), Xosé Ricardo Losada (escritor e docente do IES Félix Muriel), Xoán Costa (presidente do Consello de Administración de
Nós Diario) e Julián Bustelo (alcalde de Rianxo).


NOTA: Esta programación pode sufrir variacións. Máis información na publicidade específica de cada actividade e en concelloderianxo.gal