Educación e Cultura

- Amal en ruta, do 25 ao 28 de setembro - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Amal en ruta, do 25 ao 28 de setembro

Do 25 ao 28 de setembro terá lugar no Auditorio de Rianxo Amal en ruta, o ciclo de cine euroárabe organizado pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas e o Concello de Rianxo

O ciclo Amal en ruta é unha versión resumida da Semana de Cine Euroárabe Amal 2018, celebrada en outubro do pasado ano en Santiago de Compostela. Este ciclo supón un percorrido polo mellor cine árabe da actualidade. Desde os seus inicios, un dos principais propósitos de Amal foi chegar máis alá de Santiago, e por iso hai anos que se organizan pequenos ciclos de cine en multitude de lugares dentro e fóra de Galicia.

A programación desenvolverase:

Mércores 25 de setembro, 21.00 h: Sesión inaugural, proxección do filme Alma Máter, de Philippe Van Leeuw (Bélxica).

Xoves 26 de setembro, 21.00 h: Proxección do filme Zagros, de Sahim Omar Kalifa (Bélxica, Paises Baixos).

Venres 27 de setembro, 20.30 h: Proxección do documental Of fathers and Sons, de Talal Derki (Alemaña, O Líbano, Qatar, Siria) e ás 22.30 h: Proxección do filme Sheikh Jackson, de Amra Salama (Exipto)

Sábado 28 de setembro, 20.30 h: Proxección do documental Ghost Hunting, de Talal Derki (Alemaña, O Líbano, Catar, Siria) e ás 22.30 h: Proxección do filme El Cairo confidencial, de Tarik Saleh (Suecia, Dinamarca, Exipto, Marrocos, Francia, Alemaña)