Educación e Cultura

Programa Outono das Artes da Deputación da Coruña - AUDIOVISUAL, Saber Galiza. O seminario de Estudos Galegos - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

AUDIOVISUAL, Saber Galiza. O seminario de Estudos Galegos

Programa Outono das Artes da Deputación da Coruña

AUDIOVISUAL, Saber Galiza. O seminario de Estudos Galegos de Nós Televisión. Proxección do documental e posterior coloquio coa directora.

A proposta enmarcase no Programa Outono das Artes da Deputación da Coruña.

  • DATA: venres 27 de novembro
  • HORA: 21.00 h
  • LUGAR: sala Arcos Moldes do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo 
  • ENTRADA: de balde ata completar capacidade da sala

O documentario 'SABER GALIZA. O Seminario de Estudos Galegos' é un audiovisual de 37 minutos de duración, producido e realizado por Nós Televisión, con dirección e guión de Cristina De La Torre, sobre esta institución que foi clave para o país e que se fundou o 12 de outubro de 1923, en Ortoño (Ames), na casa onde vivira Rosalía de Castro, co impulso de Antón Losada Diéguez e dunha parte do estudantado da Universidade de Santiago de Compostela, como Fermín Bouza-Frey ou Xosé Filgueira Valverde, que contaban coa colaboración de profesores
como Armando Cotarelo, e ao que se sumaron intelectuais do galeguismo e profesionais, como Isidro Parga Pondal que encabezará a sección de Xeoquímica. A eles sumarase o Grupo Nós, con Castelao, Otero Pedrayo, Vicente Risco, Antón Vilar Ponte, Manuel Lugrís Freire, Leandro Carré Alvarellos e moitos máis.


Con máis de 200 socios e socias activas e arredor de 400 persoas que actuaban de protectoras, o obxecto de estudo do SEG foi Galiza no seu conxunto. A metodoloxía céntrase na investigación de campo, nas denominadas xeiras, e a publicación 'Terra de Melide' é un dos froitos deste enfoque integral e multidisciplinar. O golpe de 1936 marca diferentes destinos para quen integra o SEG que, finalmente, é disolto en 1941.
No audiovisual percórrese a historia do Seminario a través do seu legado e das persoas que nos poden contar del, cunha participación do estudantado da Universidade de Santiago de Compostela, o que o fai unha peza atractiva para chegar tamén ao público novo e contribuír a dar a coñecer máis a historia da nosa comunidade.