Educación e Cultura

- Cabalgata de Reis 2026 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Cabalgata de Reis 2026

Achégase a noite máis máxica do ano: a noite de Reis.

O luns 5 de xaneiro Rianxo recibirá as súas Maxestades cunha gran Cabalgata de Reis, chea de ilusión e ambiente festivo.

Ás 17.30 horas, na Praza Castelao, terá lugar un Belén Vivinte, cunha coidada ambientación a cargo da Asociación Fogo Fatuo.

Ás 18.30 horas, está prevista a chegada dos Reis Magos ao Porto de Rianxo, onde subirán ás súas carrozas reais para iniciar o desfile desde o Porto ata a Praza de Castelao. A cabalgata contará con animación de rúa e acompañamento musical de Vai de Roda e da Banda de Gaitas Buxaina.

Na Praza de Castelao realizarase a tradicional ofrenda ante o Belén e, a continuación, a recepción oficial na Casa do Concello polas autoridades locais. Haberá tamén reparto de caramelos para os nenos e nenas.

O Concello quere agradecer sinceramente a todas as entidades, empresas, asociacións e persoas particulares que colaboran e fan posible a celebración desta Cabalgata de Reis, contribuíndo coa súa implicación e apoio a manter viva a maxia desta noite tan especial.

Tras o discurso das SS MM,habilitarase acceso para familias /nenxs con problemas de mobilidade, diversidade funcional, neurodiverxentes, ... e reducirase o nivel de ruídos. Haberá pequena tirada de bombas de palenque anunciando chegada dos RR MM ao Porto e tras a ofrenda / recepción na Praza Castelao.