Educación e Cultura

Levarase a cabo na primeira quincena de abril no Auditorio de Rianxo - Camiños de coñecemento e experiencia, curso 2024/2025 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Camiños de coñecemento e experiencia, curso 2024/2025

Levarase a cabo na primeira quincena de abril no Auditorio de Rianxo

O Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo, chega ao Concello de Rianxo co seu proxecto de democratización do coñecemento, Camiños de Coñecemento e Experiencia.

Este programa ofrece tres seminarios, de dúas sesións cada un, de formación universitaria dirixidos a persoas maiores de 50 anos, que se impartirán no Centro Sociocultural Auditorio de Rianxo.

Para máis información e inscricións, podes chamar ao 981 100 688, escribir ao correo electrónico cultura@concelloderianxo.gal ou acudir presencialmente ao Auditorio.

Ademais, tamén podes inscribirte a través do seguinte formulario en liña: Formulario de inscrición.

PROGRAMA:

MÉRCORES 02/04/2025 16:30-18:00h​​​​​​​

Os pazos: un microcosmos de antano

D. José Manuel Vázquez Lijó, Doutor en Historia, profesor da UDC e colaborador do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC

XOVES 03/04/2025 16:30-18:00h​​​​​​​

Especies arbóreas na terra do Barbanza
Dna. Blanca Fraga Cimadevilla, colaboradora do Programa Universitario De Maiores, IV Ciclo

VENRES 04/04/2025 16:30-18:00h​​​​​​​​​​​​​​

Especies arbóreas na terra do Barbanza
Dna. Blanca Fraga Cimadevilla, colaboradora do Programa Universitario De Maiores, IV Ciclo

MARTES 08/04/2025 16:30-18:00h​​​​​​​

Seminario: Historia da fotografía: unha viaxe desde a cámara escura ata a era dixital
Dna. Katia Cino Rouco, investigadora do Departamento de Pedagoxía e didáctica e colaboradora co Programa Universitario de Maiores da USC

MÉRCORES 09/04/2025 16:30-18:00h​​​​​​​

​​​​Os pazos: un microcosmos de antano

D. José Manuel Vázquez Lijó, Doutor en Historia, profesor da UDC e colaborador do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC

VENRES 11/04/2025 16:30-18:00h

​​​​​​Seminario: Historia da fotografía: unha viaxe desde a cámara escura ata a era dixital
Dna. Katia Cino Rouco, investigadora do Departamento de Pedagoxía e didáctica e colaboradora co Programa Universitario de Maiores da USC