Educación e Cultura

- Ciclo de Novos Intérpretes, Aida Saco (piano) - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Ciclo de Novos Intérpretes, Aida Saco (piano)

Retómase o Programa de música de Cámara 2021, nesta ocasión cun concerto a cargo de Aida Saco ao piano, no que interpretará pezas de Liszt, Ravel e outros.

O concerto será o vindeiro venres 8 de outubro ás 20.30 horas.

Entrada de balde, só con reserva de localidades no enderezo web concelloderianxo.gal/reservas ata as 14.00 horas do mércores 6 de outubro. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme dende o auditorio.

Compositora e pianista concertista formada cos prestixiosos pianistas Josep Colom e Tensy Krismant no
Conservatori del Liceu, Maurizio Moretti na Schola Cantorum de París e Bart van de Roer en Codarts-
Rotterdam. Gañadora, entre outros, de Bolsa de Estudos Artísticos 2020 da Deputación de A Coruña, Bolsa de
Excelencia 2021 da Fundación Ferret-Salat, Premio Leonid Sintsev 2019 , 1o Premio do IV Premi Ciutat de
Mataró , 1o Premio no VII Rome International Music Competition , 1o Premio e Premio Especial no 1st
European Online Piano Competition Salentinae Terrae 2021, Premio do Público e 2o premio no III Premi Ciutat
de Mataró, 2o Premio no 10° Concorso Internazionale Città di Massa , 2o Premio no 1st International Online
Competition Ars Astra-Moscow 2021, 3o Premio no Concurso Internacional de Piano Ciudad de Sevilla 2021,
3o Premio no XII Prémio Elisa de Sousa e 3o Premio no 12th World Open Music Competition-Belgrade. A súa
obra compositiva foi finalista nos V Premios Martín Códax da Música e semifinalista nos premios MIN 2020.