Educación e Cultura

- Convocatoria aberta para bailar o valse "Rianxo" - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

Cultura e Educación

Convocatoria aberta para bailar o valse "Rianxo"

CONVOCATORIA ABERTA PARA BAILAR O VALSE “RIANXO”. Viaxa con nós á ”Belle Epoque” Rianxeira

Trátase dunha partitura de principios do século XX atopada entre os documentos do depósito de José Ramón Nine Piñeiro no Fondo Local de Música do Concello de Rianxo. A Aula de Cultura Musical da Uned-Senior adaptou e gravou esta peza e, para dala a coñecer ao mundo, vaise gravar un vídeo en Rianxo no que se pretende que participe o maior número posible de persoas de todas as idades. É por isto que se pide a colaboración de quen queira participar BAILANDO este Valse na Praza Rafael Dieste (diante da Biblioteca Municipal) o domingo día 8 de FEBREIRO ás 17 horas.

Non se require saber bailar, a Asociación Vai de Roda axudaranos a incorporarnos e a gozar do baile.

Requisito único: GANA DE PASALO BEN!