Educación e Cultura

- Convocatoria de subvencións para entidades sen ánimo de lucro da Deputación da Coruña - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Convocatoria de subvencións para entidades sen ánimo de lucro da Deputación da Coruña

No BOP núm 205 do luns, 27 de outubro a Deputación da Coruña publicou as bases da convocatoria ordinaria de subvencións da Deputación dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para toda a provincia da Coruña.  

En concreto, trátase das axudas nas áreas de Promoción Económica, Cultura, Deportes e Servizos Sociais. Inclúen dende achegas para programas de igualdade, ata axudas para o desenvolvemento pesqueiro e agrícola. No ámbito do deporte subvencionaranse tanto infraestruturas como o fomento de actividades de promoción.

O prazo de presentación remata o 20 de novembro, ás 14.00 horas.

A forma de presentacións de solicitudes, que por terceiro ano consecutivo realizarase de forma telemática a través da web da Deputación da Coruña.