Educación e Cultura

O vindeiro 27 de novembro presentarase no Centro Cultural de Taragoña o libro TARAGOÑA NA HISTORIA de Xosé Ramón Brea Rei, con motivo do 90 aniversario da Escola Rosalía de Castro. - ENTRADAS ESGOTADAS - Presentación do libro TARAGOÑA NA HISTORIA, de Xosé Ramón Brea Rei - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

ENTRADAS ESGOTADAS - Presentación do libro TARAGOÑA NA HISTORIA, de Xosé Ramón Brea Rei

O vindeiro 27 de novembro presentarase no Centro Cultural de Taragoña o libro TARAGOÑA NA HISTORIA de Xosé Ramón Brea Rei, con motivo do 90 aniversario da Escola Rosalía de Castro.

ENTRADAS ESGOTADAS!  As vindeiras solicitudes pasaran á listaxe de agarda.

O vindeiro sábado 27 de novembro, ás 17:30 h, presentarase no Centro Cultural de Taragoña o libro Taragoña na historia de Xosé Ramón Brea Rei, con motivo do 90 aniversario da Escola Rosalía de Castro.

Presenta o acto  Xosé Benito Tubío Fachado (profesor).  Intervencións de:  deputada provincial Sandra González Castro en representación da Deputación da Coruña  (entidade editora) ), Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo)
e o propio autor, Xosé Ramón Brea Rei.

Apertura e peche musical a cargo de Valentín Rial  (saxofón) e Tano Domínguez (piano).

Só con reserva de localidades no enderezo web https://concelloderianxo.gal/reservas (preferente)
ou no tfno.981 100 688. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o auditorio.

Taragoña na historia

Nesta nova publicación, o escritor e investigador taragoñés, ofrécenos un amplo traballo de investigación iniciado no ano 2019, co gallo da conmemoración do 90 aniversario da escola Rosalía de Castro. Malia que a idea inicial era centrarse  na creación e posta en marcha da escola, construída, como tantas outras en Galicia grazas á xenerosidade da veciñanza emigrada na Arxentina, o libro afonda na vida e na historia da parroquia de Taragoña, en persoeiros relevantes da mesma, feitos e acontecementos, ... En definitiva unha obra que xorde  da "paixón de reivindicar e recuperar a terra natal".