Educación e Cultura

Este espectáculo teatral está dirixido a rapazada do CEIP Castelao de Rianxo. - Espectáculo teatral A Gran Viaxe, por Inventi Teatro - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Espectáculo teatral A Gran Viaxe, por Inventi Teatro

Este espectáculo teatral está dirixido a rapazada do CEIP Castelao de Rianxo.

O vindeiro venres 26 de marzo, no CEIP Castelao de Rianxo, representarase a obra teatral A Gran Viaxe, de Inventi Teatro. Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Este espectáculo está dirixido aos escolares do CEIP Castelao de Rianxo.

A Gran Viaxe

A capitá Centella e o doutor Potasio chegan coa súa nave a terra en busca do Ziscornio, o elemento necesario para salvar o seu planeta que está sendo atacado por bichos malignos. Co elemento secreto no seu poder, Centella e Potasio soben a súa nave espacial e despídense das boas xentes e dispóñense a despegar pero comezan os problemas!!! Rompe o vehículo, perden o mapa, chegan os malos e a cousa complícase… Poderán Centella e Potasio regresar o seu planeta?? Conseguirán que as boas xentes da Terra os axuden? Pasen e vexan se estes intrépidos aventureiros dan conta do recado. A gran viaxe é un espectáculo de rúa divertido e visual que conta cun fantástico vehículo espacial composto por un antigo 600 e un propulsor remolcado.

+ Información de A gran Viaxe