Educación e Cultura

- Exposición a ceo aberto na Praza da Manuela, arredor de Ricardo Carvalho Calero - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Exposición a ceo aberto na Praza da Manuela, arredor de Ricardo Carvalho Calero

Do 21 de xaneiro ao 6 de febreiro, a exposición organizada pola Deputación da Coruña que percorre a vida e a traxectoria de Ricardo Carvalho Calero pode visitarse a ceo aberto na praza da Manuela no Paseo da Ribeira en Rianxo. Trátase da mostra coa que o ente provincial homenaxea o autor ao que no ano 2020 se lle dedicou o Día das Letras Galegas e cuxa celebración quedara "desdebuxada" por mor da irrupción da pandemia e as restricións que implicou.

A exposición, a través de trece expositores permite percorrer outras tantas etapas da vida de Carvalho Calero, facendo especial fincapé no legado do autor ao que o pasado ano se lle dedicou o Día das Letras Galegas. Así, nestes trece paneis pódese visitar a traxectoria vital e profesional do autor, desde o seu nacemento en Ferrol até o peche co titulado "Mestre de Compromisos" onde se fai mención ás distintas homenaxes que recibiu antes do seu falecemento e tamén se recolle unha imaxe do alumnado da primeira promoción de Filoloxía galego-portuguesa da que foi profesor.

A apertura da exposición terá lugar o vindeiro venres 21 de xaneiro ás 18.00 horas na Praza da Manuela.