Educación e Cultura

O artista rianxeiro Alberto Rodríguez expón as súas obras en Lápis e Acrílico do 10 de abril ao 9 de maio no Centro Sociocultural – Auditorio de Rianxo (Sala de Exposicións). - Exposición: Alberto Rodríguez, Lápis e acrílico - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Exposición: Alberto Rodríguez, Lápis e acrílico

O artista rianxeiro Alberto Rodríguez expón as súas obras en Lápis e Acrílico do 10 de abril ao 9 de maio no Centro Sociocultural – Auditorio de Rianxo (Sala de Exposicións).

O artista rianxeiro Alberto Rodríguez expón as súas obras en Lápis e Acrílico do 10 de abril ao 9 de maio no Centro Sociocultural – Auditorio de Rianxo (Sala de Exposicións).

O acto de inauguración terá lugar o venres 10 de abril ás 19:30 h. A exposición poderá visitarse os luns de 10:00 a 14:00 h, e de martes a sábado de 11:00 a 13:00 h e de 17:00 a 20:00 h.

 

Alberto Rodríguez

Alberto Rodríguez Castaño, nace en Asados o 7 de Xaneiro de 1970, no lugar da Atalaia. Desde o principio mostrou interese polo debuxo, igual que casi todos os nenos cando son pequenos, aínda que, seguramente, houbo un momento no que o interese converteuse en algo máis. Durante a infancia e adolescencia seguiu
sempre en contacto con esta arte, facendo, a medias, un curso a distancia de debuxo e pintura, ganando algún que outro concurso a nivel local..., ata que os estudos o levan á Coruña. Alí, considerando que o obxectivo inicial víase xa como un fracaso, decide adicar os meses que lle quedan de vida coruñesa a tomar clases dalgún artista da cidade. Contacta cunha pintora da zona do Obelisco e recibe, durante un curto período de tempo, as que son, ate o momento, as súas únicas clases presenciais de arte, formación que tivo moita influencia na súa
pintura inmediatamente posterior. Nos seguintes anos compaxina o traballo no matadoiro familiar coa pintura. Participa nalgunhas exposicións colectivas con artistas locais organizadas polo Concello ou por outros grupos -como “Deskarte”, dirixido polo pintor de Isorna Tantino-. Na Bienal José Luís Fernández, en Boiro, a fins dos 90, obtén a mención honorífica, sendo esta unha das súas últimas presenzas tanto en concursos como en exposicións.

(Texto do catálogo da exposición)