Educación e Cultura

Do 26 de setembro ao 18 de outubro na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo - Exposición Castelao a través da miña mirada por Frank Farrapos - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Exposición Castelao a través da miña mirada por Frank Farrapos

Do 26 de setembro ao 18 de outubro na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo

Exposición Castelao a través da miña mirada por Frank Farrapos.

ACTO DE APERTURA DA EXPOSICIÓN: venres 26 de setembro ás 20.00 horas.

  • DURACIÓN: do venres 26 de setembro ao sábado 18 de outubro.
  • HORARIO: o propio do auditorio.
  • LUGAR: sala de exposicións do Auditorio de Rianxo.

O autor rianxeiro F.F., artista alternativo, volta á sala de exposicións do Auditorio de Rianxo para mostrar a súa humilde homenaxe a Castelao e a parte da súa obra Cousas da vida. Levando estas pezas ao seu terreo e saíndo da súa liña de confort, reinterpreta algunhas das obras, enchendo de cor e dando vida aos fondos das mesmas.

F. Farrapos Otero, artista alternativo nado en Rianxo, traballa con diferentes técnicas de pintura, movéndose coma peixe na auga cos materiais reciclados, que constitúen o seu selo de identidade. De formación autodidacta, levou a cabo xa seis exposicións nas que mostra o seu estilo ecléctico, que abrangue diversas técnicas e inclúe instalacións artísticas.

A súa obra ten a particularidade de non estar á venda, algo que distingue ao artista e que lle dá liberdade para crear sen ataduras. Como el mesmo di: «Eu non vivo da arte, a arte vive en min».