Educación e Cultura

- Festival Noites de Jazz 2025 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Festival Noites de Jazz 2025

Festival Noites de Jazz 2025.

Festival Noites de Jazz 2025 en Rianxo, organizado polo Concello de Rianxo coa colaboración da Deputación da Coruña

O Festival Noites de Jazz 2025 ofrece ao longo do ano un programa diverso:

Jam Sessions

En febreiro celebrouse a primeira actividade do festival, unha jam session no Paseo da Ribeira coa colaboración da EMR e a Cafetería Castelao. O 1 de xullo tivo lugar outra sesión en A Lareira co combo da EMR dirixido por Bernal Muíños.

Concertos didácticos en maio

Realizáronse tres concertos en colexios de Rianxo, impartidos por Alfredo Susavila (piano) e Bernal Muíños (saxo), introducindo ao alumnado nos estilos do jazz mediante estándares clásicos e reinterpretacións participativas como A Rianxeira.

Curso de Big Band en xullo

Desenvolvido durante todo xullo na Escola de Música de Rianxo, inclúe historia do jazz, teoría aplicada, técnicas instrumentais, improvisación e repertorio. Culminará co concerto de clausura o 29 de xullo, que abrirá o festival.

Curso de baile Swing do 26 ao 30 de xullo

Impartido por Francisco Muñiz no Cuartel Vello, ofrecerá un percorrido polos estilos Swing & Lindy Hop, West Coast Swing e Balboa, cun baile social de clausura o 2 de agosto na Praza Dieste.

Concertos - praza de rafael dieste - 22.00 h

  • 29 de xullo: Big Band da EMR
  • 30 de xullo: Pablo Sanmamed Trio + Benxamín Otero, galardoados co Premio Martín Códax 2024
  • 31 de xullo: Swing Titáns, homenaxe á época dourada do swing
  • 1 de agosto: Sumrrá, trío galego máis internacional, celebra o seu 25 aniversario cun repertorio dos seus mellores temas