Educación e Cultura

Do 4 ao 7 de agosto celebrarase en Rianxo o Festival Noites de Jazz Rianxo 2021. - Festival Noites de Jazz Rianxo 2021 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Festival Noites de Jazz Rianxo 2021

Do 4 ao 7 de agosto celebrarase en Rianxo o Festival Noites de Jazz Rianxo 2021.

O Festival Noites de Jazz Rianxo 2021 celebrarase do 4 ao 7 de agosto. A programación inclúe concertos, accións formativas e a exposición Trazos de Jazz: A visión de Matisse.

Os concertos celebraranse no exterior do CEIP Castelao, ás 22.30 h.

Mércores 4: Miro Lamas Quartet

Xoves 5: Valentín Caamaño Quartet

Venres 6: Volando Libre

Sábado 7: Havana Soul

Entradas de balde. Só con reserva previa de localidades ata as 12:00 h do día anterior a cada concerto, a través de formulario no enderezo web https://concelloderianxo.gal/reservas

Podes seguir os concertos en streaming, na canle de Youtube do Concello de Rianxo:  https://www.youtube.com/channel/UCNeo8FoU6gt9E9JG5QAvmZA

Ademais dos CONCERTOS antes relacionados, terán lugar as seguintes ACCIÓNS FORMATIVAS:

* Clase mestra: Arranxos II para música moderna e Jazz - a cargo de Alfredo Susavila - Mércores día 4, de 10 a 14 horas

* Curso de Produción Musical a cargo de Alfredo Susavila - Venres 6, de 10 a 14 horas

* Obradoiro de Multivocalismo a cargo de Narci Rodríguez - Luns día 2 e martes 3, de 10 a 14 horas

Información e inscricións nas accións formativas en: escolademusicaderianxo@gmail.com ou no tfno.: 671 058 555

Do 2 ao 22 de agosto, o Auditorio de Rianxo acolle a exposición Trazos de Jazz. A visión de Matisse. Edición facsimilar do libro de artista Jazz de Henri Matisse (Fondos da Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital).

Máis información desta nova edición do Festival nos enderezos http://noitesdejazz.gal/ e https://www.facebook.com/NoitesdeJazz