Educación e Cultura

- Libros, presentación de Terra de sacrificio de Suso de Toro - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Libros, presentación de Terra de sacrificio de Suso de Toro

Libros, presentación de Terra de sacrificio de Suso de Toro editado por Xerais.

Ademais do propio autor, intervirán:
Xesús Laíño (vogal de Barbantia ), María Xesús Blanco (presidenta de Barbantia ) e  Julián Bustelo (alcalde de Rianxo). Apertura e peche musical a cargo da chelista Noa Crego Collazo (Escola de Música de Rianxo).

  • DÍA: venres 28 de novembro
  • HORA: 20:00 h
  • LUGAR: salón de actos do Centro sociocultural-Auditorio de Rianxo (primeiro andar)

Esta novela, que ensaia unha nova e polémica interpretación da historia recente de Galicia, consegue xuntar os personaxes de Ramón Piñeiro e de Castelao coa intención de que afronten a verdade do que ocorreu cando o mozo Ramón Piñeiro non agardou por Castelao en París. O autor da entrevista imaxinada en que se basea toda a narración pon o foco en aspectos culturais, políticos e mesmo persoais dos protagonistas, e evidénciase que, en moitos casos, a construción histórica dos personaxes difire da realidade dos feitos que sucederon. As explicacións sobre contas pendentes que Ramón Piñeiro ofrece nesta novela, respondendo a algunha pregunta incómoda, van deconstruíndo a súa propia figura, que se considera consolidada por unha parte da sociedade galega. Cun ton ameno e moi accesible, mais sen renunciar ao tratamento en profundidade que o tema require, Suso de Toro constrúe un relato esclarecedor dun momento crucial da nosa historia. Unha reivindicación do que puido ser e do que aínda pode ser. E unha rebelión contra o designio de que sexamos «Terra de sacrificio».​​​​​​​