Educación e Cultura

- Mousike e as Kronomusas de Vacaloura Teatro, na Mostra de teatro Afeccionado - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Mousike e as Kronomusas de Vacaloura Teatro, na Mostra de teatro Afeccionado

O domingo 2 de outubro, o grupo de teatro universitario Vacaloura Teátrica, representa no Auditorio de Rianxo a obra Mousike e as Kronomusas; dentro da Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego.

Ano 3115. A música foi prohibida fai moito tempo e ninguén se lembra xa dela. Mouse, o noso protagonista, vive cun profundo pesar no seu corazón. Mais un día, atopa algo semellante a un disco musical que lle fai lembrar as fantasiosas historias que lle contaba o seu avó, a el e a súa irmá, sobre a maxia da música.

Estes recordos éncheno de intrigas... Que é a música? Cal é o seu misterio? Por que foi prohibida? Así, decide embarcase nunha fantástica viaxe no tempo na procura de respostas.