Educación e Cultura

- Nadal concilia, do 26 ao 30 de decembro na Carpa do Nadal - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Nadal concilia, do 26 ao 30 de decembro na Carpa do Nadal

Do 26 ao 30 de decembro na Carpa de Nadal desenvolverase o Nadal Concilia organizada polo Concello de Rianxo.

Trátase dunha serie de actividades para as crianzas que consistirá no seguinte:

De 16.30 a 19.00 horas, todos días, terán lugar os Obradoiros de Nadal.

E ás 19.00 horas realizaranse actuacións para toda a familia, que son as seguintes:

  • Luns 26: Maxia, O Mago Paco
  • Martes 27: Monicreques, Títeres Cachirulo
  • Mércores 28: Música, Paco Nogueiras
  • Xoves 29: Circo e Clown, Asacocirco
  • Venres 30: Música, Saraghallada