Educación e Cultura

- NOVA DATA para o concerto de Susana de Lorenzo (voz) e Alejo Amoedo (piano) - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

NOVA DATA para o concerto de Susana de Lorenzo (voz) e Alejo Amoedo (piano)

O venres 17 de xuño, ás 19.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo realizarase o concerto para voz e piano, a soprano Susana de Lorenzo e o pianista Alejo de Lorenzo ofrecerán a súa versión de obras de obras de Marcial del Adalid Gurrea, Eugenia Osterberger Luard, Andrés Gaos Berea, García-Picos e Juan Durán Alonso.​​​​​​​

​​​​​​​As entradas poden retirarse na billeteira do auditorio dende media hora antes do comezo do concerto.

Co gallo do nacemento do compositor Carlos García López-Picos (Betanzos, 1922–Oleiros, 2009), o departamento de Cultura da Deputación da Coruña programa un ciclo de concertos que arrancará o 29 de abril no Pazo de Mariñán e que se completará durante o mes de maio noutros tres escenarios: o salón de actos da Casa Dopeso das Pontes, os días 7 e 14; o Auditorio Municipal de Rianxo, o 20 e 21; e a Aula de Cultura Xulio Cuns de Betanzos, o 27 e o 28.

O concerto do 20 de maio en Rianxo, ás 21.00 h, para violonchelo e piano, os instrumentos a solo para os que máis partituras compuxo García-Picos, a violenchelista Teresa Morales Diego e o pianista Javier Ares Espiño interpretarán partituras de Manuel de Falla, García-Picos, Isidro B. Maiztegui e Astor Piazolla.

No do 21 de maio en Rianxo, ás 21.00 h, para voz e piano, a soprano Susana de Lorenzo e o pianista Alejo de Lorenzo ofrecerán a súa versión de obras de obras de Marcial del Adalid Gurrea, Eugenia Osterberger Luard, Andrés Gaos Berea, García-Picos e Juan Durán Alonso.

A reserva de localidades realizase en www.concelloderianxo.gal/reservas ​​​​​​​Non é efectiva ata que se confirme dende o auditorio e tampouco é inmediata.

No caso de quedar localidades dispoñibles, poden solicitarse na billeteira do auditorio dende media hora antes do comezo do concerto.

Máis información

O compositor
Compositor e director de coros galego-arxentino, Carlos López García-Picos, desenvolveu gran parte da súa actividade en Bos Aires, onde contactou coa intelectualidade galeguista. Na súa formación destaca unha estancia de varios anos en Francia, onde estudou na Schola Cantorum e no Conservatorio Nacional de París. Foi o principal impulsor, socio e membro de honra da Asociación Galega de Compositores e mantivo na capital arxentina un compromiso constante coa comunidade galega, reflectida en moitos aspectos da súa obra.