Educación e Cultura

- II Ciclo de Novos Intérpretes: venres 8 de xuño, concerto de Olalla Rodríguez Gómez - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

II Ciclo de Novos Intérpretes: venres 8 de xuño, concerto de Olalla Rodríguez Gómez

O venres 8 de xuño, ás 20.30 horas, comeza o II Ciclo de Novos Intérpretes no que Olalla Rodríguez Gómez ofrecerá un concerto de violoncello, acompañada de Brais González Pérez ao piano, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.

A proposta está enmarcada no II Ciclo de Novos Intérpretes promovido polo Concello de Rianxo coa colaboración da Escola de Música de Rianxo e a Deputación da Coruña.

Os vindeiros concertos que forman parte da segunda edición deste ciclo son os seguintes:

  • Venres 22 de xuño, 20.30 h: Martín Castro Tubío (saxofón), con Psaiko Quartet
  • Venres 19 de outubro, 20.30 h: Félix Rodríguez Ramos (bombardino) con Jorge Briones Martínez (piano); e Aitana Alcalde Ares (fagot) con Antón Alcalde Rodríguez (piano) 
  • Venres 16 de novembro, 20.30 h: Pablo Sobradelo Rivas (trompa) con Pablo Rodríguez Fernández (piano)
  • Venres 14 de decembro, 20.30 h: María Varela Abuín (clarinete) con Alicia González Permuy (piano) e Arven (cuarteto de cordas)