Educación e Cultura

Dentro da programación cultural do 8M de Rianxo, a brass band  BRASSICA RAPA realizará un pasacalles polas rúas de Rianxo. - Pasacalles: Brass band Brassica Rapa - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Pasacalles: Brass band Brassica Rapa

Dentro da programación cultural do 8M de Rianxo, a brass band  BRASSICA RAPA realizará un pasacalles polas rúas de Rianxo.

O domingo 7 de marzo, ás 12:30 h, ​a brass band-fanfarría Brassica Rapa (100% feminina) realizará un pasacalles polas rúas de Rianxo. Proposta ao abeiro do programa da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Brassica Rapa

Brassica Rapa ofrecen un espectáculo moi variado que mestura música instrumental e vogal coa multipercusión. O seu repertorio vai de grandes éxitos do pop á música tradicional galega, pasando por temas máis jazz, música actual reivindicativa ou bandas sonoras de películas. Recollen sobre todo influencias das brass bands neoiorquinas, pero tamén das big bands ou das charangas tradicionais. As compoñentes veñen de distintos percorridos dentro do mundo da música, e de agrupacións coma Liska!, Banda Xangai, Timparrantela ou Biribirlocke.