Educación e Cultura

- PRAZO DE MATRICULACIÓN na Uned Senior na Aula de Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

PRAZO DE MATRICULACIÓN na Uned Senior na Aula de Rianxo

Ata o venres 19 de febreiro está aberto o prazo para matricularse na UNED SENIOR na Aula de Rianxo.

As materias que se impartirán neste cuadrimestre son as seguintes:

  • Recuperando o monte
  • Saberes Labregos e agroecoloxía
  • Cociñando recursos
  • Fotografía Dixital. Iniciación II
  • Informática. Iniciación II
  • Informática. Intermedio II
  • Cultura Musical na Galiza

A Uned Senior é un proxecto educativo universitario, sen requisitos de titulación previa. Terán preferencia á hora de inscribirse as persoas maiores de 50 anos.

Información e inscricións no Auditorio de Rianxo, no teléfono 981 100 688 e no correo electrónico unedsenior@concelloderianxo.gal

En breve tamén poderán inscribirse online.