Educación e Cultura

O vindeiro venres 04 de xuño presentarase o libro Os Rosales - O son da festa, de Fina Fernández Fernández e Cristian Castrelo, libro homenaxe ao grupo rianxeiro Os Rosales. - Presentación do libro Os Rosales - O son da festa - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Presentación do libro Os Rosales - O son da festa

O vindeiro venres 04 de xuño presentarase o libro Os Rosales - O son da festa, de Fina Fernández Fernández e Cristian Castrelo, libro homenaxe ao grupo rianxeiro Os Rosales.

O vindeiro venres 04 de xuño, ás 20.30 horas, na Sala Arcos Moldes do Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo, presentarase o libro Os Rosales - O son da festa, de Fina Fernandez Fernández e Cristian Castrelo. Xunto cos autores, participarán no acto Xosé Romero e Maruxa Miguéns (Os Rosales) e Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo). Programa enmarcado no Xuño Cultural 2021.
Só con reserva de localidades no enderezo web https://concelloderianxo.gal/reservas (preferente) ou no teléfono 981 100 688, ata o xoves 03 de xuño, ás 12.00 h. É necesario indicar de todas as persoas para quen se solicita: nome completo, telf e se son convivintes. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o auditorio.

Os Rosales. O son da festa

​​​​​​​Este libro contén a historia de toda unha vida de loita e superación, cuxo motor recorrente foi e é unha constante paixón pola música tradicional. Un relato que vai contemplando, paso a paso e dentro dun contexto espazo temporal, a traxectoria vital e profesional  de Xosé Romero e Maruxa Miguéns (Os Rosales).

A través da recreación de escenas achégase ao lector ás vivencias dos protagonistas no devir da súa traxectoria e tamén pon de relevo os antecedentes, os inicios, a evolución e o carácter deste grupo rianxeiro. Un cuarteto, no que se integrou unha muller, Maruxa, a comezos dos anos sesenta que facía o labor de presentar as pezas, cantar e tocar varios instrumentos de percusión. Sen dúbida, algo excepcional na época na que o grupo andou espallando por tantas romarías e festas o seu particular son. Unhas músicas respectuosas cos principios tradicionais aínda que sen perder de vista ese espírito innovador, creativo e un poder de adaptación ao gusto popular que os facía únicos.

E xa que Maruxa se converteu nunha peza clave, tamén os fillos se irían apreixando desa paixón dos pais ata ser Os Rosales un grupo basicamente familiar que xamais deixaría de evolucionar, chegando a ser un dos grupos máis admirados.

Gravaron dous discos, participaron en ducias de programas de televisión, compartiron escenario e actuacións con Andrés do Barro, Milladoiro, Amancio Prada, así como con grupos coetáneos do panorama tradicional, ofreceron concertos en festivais por varios lugares da península e mesmo en Bélxica, proxectando o seu bo facer en cada unha das pezas do seu amplo repertorio.

No 2002 dan por finalizada a traxectoria profesional como grupo, pero non a propia actividade musical, pois para eles resulta unha necesidade vital

Xosé V. Ferreirós enceta o traballo debullando as pinceladas máis xerais que dan paso a un prefacio sobre o propio deseño estrutural da obra; de aí o lector poderá mergullarse de cheo no relato de Fina Fernández.

Séguelle o estudo de Christian Castrelo, que nos axuda a entender o xenio técnico e creativo de Xosé, así como a análise de Gustavo Couto que degrae o perfil musical de Maruxa.

E como aditamento imprescindible, nunha obra destas características, expoñemos unha completa viaxe gráfica e explicativa pola vida familiar e profesional dos protagonistas. Mais non remata aí. Como calquera obra que se prece te que levar a súa rúbrica que sela a aventura, e esta é a magnífica reportaxe realizada polo fotógrafo cántabro Vicente Ansola, ben coñecido por todas as persoas que seguen a colección “Tradición oral-música” da Editorial Canela.

Información sobre Os Rosales. O son da festa