Educación e Cultura

- Rianxo, unha tradición de mar, o sábado 20 de xuño - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Rianxo, unha tradición de mar, o sábado 20 de xuño

Os Concellos que forman a Mancomunidade de Municipios Arousa Norte están a realizar distintas actividades previas ó XII ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA, Cabo da Cruz do 9 ao 12 de xullo.

No Concello de Rianxo desenvolveranse o sábado 20 de xuño, seguindo o seguinte programa:

  • De 11.00 a 14.00 h Obradoiros mariñeiros e bautismos de mar (con previa inscrición) no Náutico de Rianxo. Información e inscricións, do 11 ao 18 de xuño no Auditorio.

  • 18.30 h Charla- coloquio: “Patrimonio marítimo, usar é conservar”, a cargo de Lino Lema, Pablo Carrera, Xerardo Agrafoxo e Adolfo Muíños no Museo do Mar de Rianxo

  • 20.00 h Concerto “Para ser bo mariñeiro...”, a cargo da Aula de Música Tradicional da Uned-Senior de Rianxo, no patio do Museo do Mar