Educación e Cultura

O vindeiro sábado 15 de maio, a soprano Loli Crespo e o pianista Alejo Amoedo presentarán Saudades d'alborada en concerto: Baladas e zarzuelas galegas. - Saudades d'alborada en concerto: Baladas e zarzuelas galegas, por Loli Crespo e Alejo Amoedo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Saudades d'alborada en concerto: Baladas e zarzuelas galegas, por Loli Crespo e Alejo Amoedo

O vindeiro sábado 15 de maio, a soprano Loli Crespo e o pianista Alejo Amoedo presentarán Saudades d'alborada en concerto: Baladas e zarzuelas galegas.

O vindeiro sábado 15 de maio, ás 20.30 h, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, a soprano Loli Crespo e o pianista Alejo Amoedo presentan Saudades d'alborada en concerto: Baladas e zarzuelas galegas, dentro do Programa de Música de Cámara - IV Ciclo Novos Intérpretes da EMR e o Concello de Rianxo 2021.

Só con reserva de localidades  entre os días 6 e 14 de maio no enderezo web   https://concelloderianxo.gal/reservas (preferente), ou no telf  981 100 688.  É necesario indicar, de todas as persoas para quen se solicita: nome completo, telf e se son conviventes.  A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o auditorio.  ​​​​​​​

Enlace á inscrición

Saudades d’alborada - Baladas e zarzuelas galegas

A soprano Loli Crespo e o pianista Alejo Amoedo exploran neste disco os xéneros da balada galega e a zarzuela galega, nun percorrido histórico que, desde os románticos Juan Montes ou José Castro “Chané”, chega á produción contemporánea da compositora María Mendoza.