Educación e Cultura

A nova produción do Centro Dramático Galego - Sobes ao autobús do Teatro? Hamlet - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Sobes ao autobús do Teatro? Hamlet

A nova produción do Centro Dramático Galego

Teatro, Hamlet do Centro Dramático Galego dentro do programa Sobes ao autobús do Teatro? 

SOBES AO AUTOBÚS DO TEATRO? PROGRAMA DE MOBILIDADE DO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO

  • DATA: domingo 12 de abril de 2026
  • HORA DE SAÍDA : 15: 45 h (prégase puntualidade)
  • LUGAR DE SAÍDA : Auditorio de Rianxo
  • HORA DA FUNCIÓN: 18:00h
  • LUGAR DA FUNCIÓN: Salón Teatro (Santiago de Compostela)
  • HORA DE SAÍDA TRAS A FUNCIÓN: 20:15h
  • PREZO: 5€
  • INSCRICIÓNS: cultura@concelloderianxo.gal (preferible) / Teléfono: 981100688 
  • PRAZAS LIMITADAS. Reserva por orde de inscrición. Pídese responsabilidade á hora de reservar unha praza: evite inscribirse e despois darse de baixa.

Hamlet é sen lugar a dúbidas a peza teatral máis famosa da historia, escrita arredor do 1600 por un home que pretendeu, como Atlas, coller a esfera da Terra nas súas mans, e con ela todos os asuntos humanos, e plantalos no seu pequeno teatro do sur de Londres, The Globe. Desde ese lugar o teatro pasaría a ser un espello no que a humanidade puido observarse dun xeito critico a través de pezas que son obras mestras inesgotables de pura paixón e acción escénica.

Ficha artística

Texto original: William Shakespeare

Dramaturxia: Vanesa Sotelo e Tito Asorey

Dirección: Tito Asorey

Elenco:

Sergio Abelaira, Cristina Andrade, Belén Constenla, Raquel Espada, Isabel Garrido, César Goldi, Alejandro Jato, Marita Martínez, Iolanda Muíños, Anxo Outumuro, Pedro Placer, Adrián Ríos, Machi Salgado, Toni Salgado, Inés Salvado Gontad, Sergio Zearreta.

Escenografía Carlos Alonso. Iluminación Laura Iturralde. Vestiario Saturna. Música Xavier Bértolo. Maquillaxe e caracterización Lorena Calvo. Coreografía Rut Balbís. Loita escénica Xosé Piñeiro. Asistencia de texto Melania Cruz. Asesoramento lingüístico Rosa Moledo. Axudante de dirección Sara Rey