Educación e Cultura

A nova produción do CDG vai de xira e un dos espazos que a acolle é Rianxo - Teatro, A serie Clopen do Centro Dramático Galego - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro, A serie Clopen do Centro Dramático Galego

A nova produción do CDG vai de xira e un dos espazos que a acolle é Rianxo

Teatro, A serie Clopen do Centro Dramático Galego.

  • DÍA: xoves 06 de novembro
  • HORA: 20.30 h
  • LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo
  • DURACIÓN: 90 minutos
  • PÚBLICO DESTINATARIO: todos os públicos
  • ENTRADA: 5 € . Á venda en ataquilla.com  O día da función na billeteira do auditorio dende ás 18.30 ata as 20.30 horas.

Acrobacias imposibles, aéreos impactantes comedia hilarante, danza, clown e unha historia cautivadora. Serie Clopen é un espectáculo multidisciplinar que reflexiona, en tono de humor, sobre os retos que ten que afrontar a xuventude nestes tempos de incerteza.

Alicia é unha rapaza que está nese momento vital onde comeza a construír a súa identidade e investiga o mundo que a arrodea. O seu cuarto segue cheo de bonecas e xoguetes, pero as preguntas invaden a súa mente. Ela, no seu afán de darlles resposta, abre unha canle onde explica curiosidades acerca dunha das súas paixóns: as Matemáticas.

Pero todo o que descobre, xera mais preguntas...

Poderán as Mates explicar o momento político actual: o auxe dos absolutismos, dos fascismos, o aumento da desigualdade, ou o novo contexto bélico?

Poderá a nosa mocidade superar os retos que lles impón a súa xeración?

E, sobre todo, poderá o Circo, a arte do momento presente, do físico, do risco, da cooperación, ofrecer alternativas nun mundo absolutamente dixitalizado?