Educación e Cultura

TEATRO: As desterradas por Excéntricas. Dirixido por Quico Cadaval e escrita por Carmen Varela - TEATRO: As desterradas, por Excéntricas Produccións - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

TEATRO: As desterradas, por Excéntricas Produccións

TEATRO: As desterradas por Excéntricas. Dirixido por Quico Cadaval e escrita por Carmen Varela

TEATRO: As desterradas por Excéntricas. Dirixido por Quico Cadaval e escrita por Carmen Varela, cun elenco de luxo con Belén Constenla, Melania Cruz e Rocío González.

  • Cando: Sábado 08 marzo, 20:30 h.
  • Onde: Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes
  • Entradas á venda en Woutick. Venda anticipada a 5€ + gastos de xestión. Venda en billeteira o día da función dende 90 minutos antes do comezo da obra: 10€ (prezo xeral), 5€ (prezo reducido para menores de 18 anos e maiores de 65 anos).

As desterradas

No século XVI unha pequena comunidade de monxas á beira do Miño vese ameazada pola cobiza da hierarquia eclesiástica. Os señores da Igrexa, para rematar coa resistencia das freiras non dúbida en difamalas e ameazadas por todos os medios, desde o tribunal da inquisición á violencia das mesnadas señoriais. Carme Varela reconstrúe nun thriller conventual aqueles tempos de resistencia das comunidades de mulleres autosuficientes e poderosas. A vida parece continuar coas suas rotinas de rezos, bordados e melindres, mais a negra sombra da ameaza exterior abátese sobre o convento de Albeos. A heroica resistencia daquelas freiras chega agora encarnada nun elenco luxoso (Belén Constenla, Melania Cruz, Rocío González, Rebeca Montero, Patricia Vázquez e Víctor Mosqueira) dirixidas por Quico Cadaval.