Educación e Cultura

Enmarcado nos actos de conmemoración do Ano Castelao 2025 - Teatro, Cousas de Castelao de Quinquilláns - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro, Cousas de Castelao de Quinquilláns

Enmarcado nos actos de conmemoración do Ano Castelao 2025

Teatro, Cousas de Castelao de Quinquilláns.

  • DÍA: venres 05 de decembro
  • HORA: 21.00 h
  • LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo
  • PÚBLICO DESTINATARIO: + de 12 anos
  • DURACIÓN: 60 minutos
  • ENTRADA: entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites dende unha hora antes do comezo da función (máximo de 02 por persoa)

Os Quinquillans celebramos o Ano Castelao cunha divertida versión de Cousas na que están presentes os grandes temas do orixinal; ecoloxía, solidariedade, emigración, xustiza social…O retranqueiro burro dun dos contos, trasunto do propio Castelao, enlaza as escenas entre as que se encontran “O pai de Migueliño”, “A Marquesiña”, “O escuro caletre de Martiño” ou “Aínda eu non nascera”. Orjais, responsable do Fondo Local de Música de Rianxo, incorpora un tema de Aida Saco e pezas vinculadas a Castelao coma o “Alalá do mozo”, interpretado na estrea en Bos Aires de Os vellos non deben de namorarse ou unha Muiñeira cantada por Castelao a Jesús Bal y Gay e recollida no seu cancioneiro.