Educación e Cultura

Tras varias semanas de ensaios e preparacións da nova produción de Mofa e Befa na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, chega a estrea a Rianxo - Teatro, estrea Mofa & Befa. Os dous de sempre  - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro, estrea Mofa & Befa. Os dous de sempre 

Tras varias semanas de ensaios e preparacións da nova produción de Mofa e Befa na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, chega a estrea a Rianxo

Teatro, estrea Mofa & Befa. Os dous de sempre.

  • DÍA: venres 17 de outubro
  • HORA: 21.00 h
  • LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo
  • DURACIÓN: 90 minutos
  • PÚBLICO DESTINATARIO: maiores de 13 anos
  • ENTRADA: de balde ata completar capacidade do espazo. Retirada de convite na billeteira do auditorio dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa)
  • Ao abeiro da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña

Producións Teatrais Excéntricas continúa adaptando grandes figuras da literatura galega ao teatro. Tras o éxito de obras como Porco de Pé de Risco e Auto do Castromil de Manuel María, chega agora a estrea de Mofa & Befa. Os dous de sempre​​​​​​​.

Mofa e Befa, o dúo cómico fundado por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira, encarnan nesta ocasión as personaxes de Pedriño e Rañolas, creación dun humorista gráfico. Contraditorios e antagónicos, mais inseparables, estes dous cómicos representan o encontro entre corpo e alma, estómago e corazón, un universo humorístico inspirado en Castelao e na tradición dos bufóns galegos.

A dirección é de Quico Cadaval, coa dramaturxia de Carme Varela, espazo escénico e iluminación de Baltasar Patiño, figurinos de Carlos Alonso e música de Bernardo Martínez. Fotografía e vídeo corren a cargo de Sonia García.

Elenco: Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira e Josito Porto.