Educación e Cultura

- TEATRO: Ismael e a balea branca a cargo da Escola de Teatro de Narón - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

TEATRO: Ismael e a balea branca a cargo da Escola de Teatro de Narón

A Escola de Teatro de Narón achégase ao Auditorio de Rianxo o vindeiro sábado 12 de decembro, ás 20.30 horas. A obra que van representar titúlase Ismael e a Balea Branca.

"En determinado momento da súa vida, Ismael, toma a determinación de se embarcar tres anos nun buque baleeiro comandado polo temíbel capitán, Acab, que tempo atrás perdera a súa perna entre os dentes dun enorme cachalote branco. 

Aínda que a empresa dos armadores sexa a de cazar baleas para se enriquecer cos produtos desa actividade, a única caza que lle interesará ao capitán Acab é a de Moby Dick, obsesionado en se vingar da balea branca que lle devorou a perna, mesmo aínda que esa obsesión lle custe a súa vida e a da súa tripulación."

Recomendada para todos os públicos.

As entradas son de balde ata completar aforo. Poden retirarse as invitacións unha hora antes do comezo (máximo 2 por persoa)