Educación e Cultura

Programación ao abeiro da Rede Cultural da Deputación da Coruña - Teatro, Melón Pelado por Butaca Zero - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro, Melón Pelado por Butaca Zero

Programación ao abeiro da Rede Cultural da Deputación da Coruña

Teatro, Melón Pelado por Butaca Zero

  • DÍA: venres 07 de novembro
  • HORA: 20.30 h e 21.30 h (dous pases)
  • LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo
  • PÚBLICO DESTINATARIO: adultos
  • DURACIÓN: 30 minutos
  • ENTRADA: de balde ata completar capacidade do espazo. Retirada de convites, para cada un dos pases, na billeteira do auditorio dende as 19.30 horas (máximo 2 por persoa)

Ao abeiro do Programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Dúas titiriteiras abren unha caixa de bonecas que en realidade é un baúl dos recordos. Arranca o conto. España, mil novecentos trinta e tantos. Ameniza o espectáculo a Banda de Música do Pobo (de calquera pobo). Entre o posto de churros e a caseta de anís comparece a procesión, o desfile, a comparsa. Pero trátase dun desfile dantesco de bonecas rapadas. A obra, sen dúbida parece un esperpento. Pero de Valle-Inclán non é. Melón Pelado propón unha viaxe iniciática cara lugares da historia non escrita nin contada, nin moito menos fotografada, para reflexionar sobre o propio feito da memoria do atopado.