Educación e Cultura

Programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña do 2025 - Teatro, Terapias Alternativas a cargo de T.E.N Teatro Escola de Narón - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro, Terapias Alternativas a cargo de T.E.N Teatro Escola de Narón

Programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña do 2025

Teatro, Terapias Alternativas a cargo de T.E.N Teatro Escola de Narón.

  • DÍA: sábado 14 de marzo
  • HORA: 20:30
  • LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio
  • PÚBLICO RECOMENDADO: todos os públicos
  • ENTRADA: de balde ata completar capacidade. Recollida de convites dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa)

Organizado polo Concello de Rianxo ao abeiro da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Terapias Alternativas é unha obra musical que trata sobre as facetas máis crueis do ser humano.Fiada entre a sátira e o humor negro, este espectáculo fala da busca e a reafirmación do lado máis escuro do poder de quen o exerce, a través dun evento de coaching persoal¿ ao que son invitadas, por un anfitrión moi profesional, persoas das grandes elites mundiais.