Educación e Cultura

O festival celebrarase do 12 ao 17 de agosto. - Titiriberia Rianxo 2025 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Titiriberia Rianxo 2025

O festival celebrarase do 12 ao 17 de agosto.

O Titiriberia 2025 - Festival de Monicreques Tradicionais, organizado pola asociación Morreu o Demo en colaboración co Concello de Rianxo, celebrarase en Rianxo do 12 ao 17 de agosto, con máis de 30 funcións a cargo de 19 compañías de Galicia, Navarra, Euskadi, Aragón, Valencia e Portugal, conmemorando os 10 anos do festival.

Este ano, o programa incluirá sete estreas absolutas, das cales cinco son novas propostas escénicas de catro compañías galegas. As outras dúas son montaxes colectivas producidas polo propio festival nos que participan diversas formación e artistas que actúan este ano no Titiriberia.  

O festival aposta pola descentralización, con funcións en todas as parroquias e espazos emblemáticos como Tanxil, pero os principais centros son o Auditorio Municipal  e o Campo de Arriba, que tamén acolle a Feira Vella e parte das exposicións.

Consulta toda a programación no seguinte enlace:

  • Páxina web do Festival Titiriberia 2025

 

More Blog Entries