Educación e Cultura

- TODAS AS INSCRICIÓNS ADMITIDAS, Aula Socioculturais e ocio educativo 2022 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de  Cultura, Museos e Mocidade; Festas e Centros socioculturais​​​​​​​

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 15.00
 

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

EDUCACIÓN E CULTURA

TODAS AS INSCRICIÓNS ADMITIDAS, Aula Socioculturais e ocio educativo 2022

Rematado o prazo de inscrición nos obradoiros informamos de que todas as inscricións están ADMITIDAS.

Hai obradoiros nos que aínda non se chegou ao máximo de participantes ou nos que están completos pero poden darse baixas; polo que o proceso de inscrición segue aberto ata o día anterior ao comezo do obradoiro. Pincha aquí para ir ao formulario de inscrición

​​​​​​​Pode consultar o alumnado inscrito e admitido en cada obradoiro descargando o seguinte documento.

____________________________________________________________________________________________________________________

O prazo de inscrición remata o xoves 06 de outubro ás 14.00 horas. Se estás interesado nalgún obradoiro podes facer a inscrición no seguinte formulario

O obradoiro de Música tradicional e canto coral xa ten todas as prazas cubertas, así que as persoas que se inscriban dende o día de hoxe (29 de setembro) formarán parte dunha listaxe de reserva.

As persoas que realizaron a inscrición e están admitidas no obradoiro de Música tradicional e canto coral son as seguintes:

  1. ANGELA SILVA MARTÍNEZ
  2. CARMEN ÓRDOÑEZ ALCALDE
  3. CONSTANTINO CASTAÑO CALVO
  4. EVA LESENDE REY
  5. FLORA RODRÍGUEZ VILASÓ
  6. ISABEL TUBÍO CASTRO
  7. JOSÉ PARDAVILA FRAGA
  8. LEONOR LESENDE REY
  9. MARÍA CARRODEGUAS COBELO
  10. MARIA CONSUELO VAZQUEZ CARRIL
  11. MARÍA DEL CARMEN GONZÁLEZ RODRÍGUEZ
  12. NIEVES BLANCO BUJÁN
  13. RAMÓN REY GONZÁLEZ

O resto de obradoiros ofertados aínda non teñen as prazas cubertas.

______________________________________________________________________________________________________________________

O programa de Aulas Socioculturais e Ocio Educativo articúlase como unha proposta de animación sociocultural, difusión da cultura popular e educación de adultos, enmarcada nas competencias que lle atribúe os artigos 25.1. e 25.2.m da Lei 7/1985 de 2 de abril reguladora das Bases do Réximen Local, e os artigos 80.1 e 80.2.n da lei de Galicia 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia.

A finalidade é Promover e potenciar o desenvolvemento individual e colectivo da veciñanza adulta rianxeira a través da acción cultural socioeducativa, co fin de mellorar a súa calidade de vida, incrementar o seu acervo cultural persoal e comunitario, ofrecer espazos de ocio creativo e mellorar as competencias e habilidades persoais e sociais.

O prazo de inscrición comeza o luns 26 de setembro e remata o 06 de outubro ás 14.00. As admisións serán por rigorosa orde de inscrición.

Os obradoiros que se van desenvolver son os seguintes:

  • MÚSICA TRADICIONAL E CANTO CORAL

    Finalidade.- Enfocada como unha actividade que promove a interacción entre persoas adultas e maiores a través da música vocal, fomentando o ocio creativo e o envellecemento activo en tanto contribución a unha mellor calidade de vida, pretende introducir diversos contidos básicos en canto linguaxe e cultura musical, técnicas de voz, escoita activa, traballo en equipo e interpretación musical en grupo.

    Docente.- Esperanza Mara Filgueira Rama

    Destinatarios.- Maiores de 55 anos

    Carga horaria: 32 horas

    Localización: Liceo (baixo)

    Horario: De 17:00 a 19:00

    Calendario: Venres 14, 21 e 23 de outubro;4, 11, 18 e 25 de novembro; 2, 9, 16, 23 e 30 de decembro; 13, 20 e 27 de xaneiro e 3 e 10 de febreiro.

    Nº Participantes: máximo 10

  • DESCUBRINDO A ARTE DRAMÁTICA: O TEATRO

    Finalidade.- Introducir o teatro en tanto xénero literario e feito escénico, contribuíndo ao desenvolvemento integral da persoa a través da expresión física, a linguaxe creativa, o exercicio da memoria e o desenvolvemento de interacción persoal

    Docente: Amantia Coello Rodríguez

    Destinatarios.- Maiores de idade. Terán preferencia as persoas maiores de 55 anos.

    Carga horaria: 34 horas

    Localización: Liceo (baixo)

    Horario: De 18:30 a 20:30

    Calendario: Luns 17, 24 e 31 de outubro; 7, 14, 21 e 28 de novembro; 5, 12, 19 e 26 de decembro; 2, 9, 16, 23 e 30 de xaneiro e 6 de febreiro.

    Nº Participantes: máximo 20.

  • INICIACIÓN AO GRAVADO: LINOGRAVADO E PUNTA SECA

    Finalidade.- Introducir as técnicas básicas de gravado (preparación de matriz, transferencia, entintado, etc.) en linogravado e punta seca.

    Docente: José Fernández Míguez

    Destinatarios.- Maiores de 16 anos.

    Carga horaria: 24 horas

    Localización: Liceo (baixo)

    Horario: De 10:00 a 13:00

    Calendario: Sábados 15, 22 e 29 de outubro; 5, 12, 19 e 26 de novembro e 3 de decembro

    Nº Participantes: máximo 15.

    Actividade organizada en colaboración co Museo do Gravado e a Estampa Dixital de Artes (Ribeira)

  • INICIACIÓN Á ESCRITA CREATIVA: A CONSTRUCIÓN DAS SOMBRAS

    Finalidade.- Introducir as técnicas de narración literaria escrita e creación dun conto ou narración individual e colectivo.

    Docente: Antón Riveiro Coello. Escritora invitada: Berta Dávila

    Destinatarios.- Maiores de 15 anos

    Carga horaria: 20 horas

    Localización: Centro Sociocultural-Auditorio (aulas do primeiro andar)

    Horario: De 11:00 a 13:00

    Calendario: Sábados 15, 22 e 29 de outubro; 5, 12, 19 e 26 de novembro e 3, 10 e 17 de decembro

    Nº Participantes: máximo 15.

    Actividade organizada en colaboración coa Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua galega (AELG)

  • INICIACIÓN Á ESCULTURA EN CARTÓN PEDRA

    Finalidade.- Introducir as técnicas básicas de traballo co cartón-pedra (materiais, ferramentas, manipulación, etc.), realizando unha peza conxunta entre todos os participantes e unha peza individual cada un deles.

    Destinatarios.- Maiores de 16 anos (menores de 12 anos: só acompañados dun adulto e traballando na mesma peza individual).

    Carga horaria: 24:30 horas

    Localización: Pazo de Rianxiño.

    Horario: De 16:30 a 20:00

    Calendario: Sábados 15 e 22 de outubro, 5, 12, 19 e 26 de novembro e 10 de decembro.

    Nº Participantes: máximo 15.

    • ​​​​​​​

Constancia de participación: Os participantes recibirán un diploma acreditativo expedido polo Concello.

Custo: No presente cuadrimestre a matrícula será gratuíta

Máis información no correo-e cultura@concelloderianxo.gal ​​​​​​​ou no 981 100 688