Educación e Cultura

- Ugia Pedreira e Fred Martins presentan Acróbata - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Ugia Pedreira e Fred Martins presentan Acróbata

Comeza o programa REDE DE MÚSICAS SOLTAS co concerto de Fred Martins e Ugia Pedreira onde presentarán o seu novo traballo Acróbata.

O concerto será o próximo venres 22 de marzo, ás 20.30 h., no Auditorio de Rianxo.

Acróbata é música sabrosa con cheiro ao mar do Atlántico da banda máis tropical na beira occidental e da catárquica da mariña lucense a cargo do dúo entre Fred Martins e Ugia Pedreira.

LIGAZÓNS:

A Rede de Músicas Soltas é un ciclo de concertos promovido polo Concello de Rianxo e organizado por aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, de músicas en pequeno formato e por músicos galegos ou residentes en Galicia ao redor da música popular e os seus universos.

Non todo o que cae na rede é peixe, e nesta rede só cae música de autora, de autor, de raíz, música popular traballada, de todos os POPs, de todos os pobos, música viva, que respire, que se mova, que nos faga vivir e movernos… A Rede de Músicas Soltas trae peixe fresco de tempada de primavera e outono, aires cálidos en tempadas de mudanza estacional.

A Rede de Música Soltas de Rianxo son concertos de presentación dos proxectos en activo da música feita en Galicia por músicos locais ou foráneos que moran no país. Así temos os novos discos de Sérgio Tannus Trio e Davide Salvado, as inminentes estreas de Jazzología ou os novos temas de Xan Campos Trio, Dúo Fdez & Quintá ou as cancións inéditas en Acrobata o disco de Fred Martins e Ugia Pedreira. Pequenos formatos para o acolledor espazo do Auditorio da vila.

Os concertos son sempre os venres ás 20.30 h no Auditorio de Rianxo.
O prezo das entradas é a 5 € e disporase dun bono a 20 €.
 

Programa

Cartaz anunciador

Folleto informativo