Educación e Cultura

O mércores 5 de xaneiro, a comitiva das SSMM os Reis Magos percorrerá todas as parroquias do Concello. - Volta a Rianxo das SSMM os Reis Magos - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de  Cultura, Museos e Mocidade; Festas e Centros socioculturais​​​​​​​

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 15.00
 

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Educación e Cultura

Volta a Rianxo das SSMM os Reis Magos

O mércores 5 de xaneiro, a comitiva das SSMM os Reis Magos percorrerá todas as parroquias do Concello.

O mércores 5 de xaneiro, a comitiva das SSMM os Reis Magos percorrerá todas as parroquias do Concello, como nos explican Duarte e Amantia neste vídeo:

Vídeo promocional da Volta das SSMM os Reis Magos a Rianxo.

As SSMM os Reis Magos sairán de Isorna, visitando Isorna e Leiro, pasando por Rianxo (A Martela) e remantando no Atalaia. O horario previsto é entre as 11.30 e as 14.30 h.

Pola tarde visitarán Asados, Araño e Taragoña, rematando cun roteiro pola vila de Rianxo. O horario estimado é entre as 16.30 e as 19.30 h.

A volta rematará coa recepción das SSMM os Reis Magos por parte das autoridades municipais. Esta recepción será sen público.

Tanto o percorrido como a recepción serán retransmitidos en directo na canle de Youtube do Concello de Rianxo.

Canle Youtube do Concello de Rianxo

Atentos ás redes sociais e á web do Concello, ante posibles cambios por mor da climatoloxía e/ou outros condicionantes.

Prégase extremar as medidas preventivas fronte ao COVID (uso de máscara, distancia social evitando aglomeracións). Recoméndase seguir os Reis Magos desde as propias casas ou, de non ser posible, achegarse a un lugar onde se poidan cumprir as medidas de seguridade.

Itinerarios previsto (polas estradas principais)

POLA MAÑÁ: Isorna – Leiro - A Fincheira – Urb. A Martela – Arcos Moldes - Estrada de Rianxiño – O Pazo – Asados   

POLA TARDE: Asados - Burés - O Araño - Taragoña (volta en Pte. Beluso) – Taragoña - Fachán – O Pazo – Rinlo - Rosalía de Castro - Arcos Moldes – Estrada de Tanxil - Paseo da Ribeira – Praza Castelao – Paseo da Ribeira - Auditorio