Educación e Cultura - Concello de Rianxo
INFORMACIÓN XERAL
Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo
981 100 688
cultura@concelloderianxo.gal
Concellería de Cultura, Museos e Mocidade; Festas e Centros socioculturais
horario de inverno:
luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 15.00
horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
Educación e Cultura
O vindeiro 4 de agosto, ás 20.30 h, no Centro Sociocultural Auditorio de Rianxo, celebrarase a presentación dos traballos realizados polas participantes no obradoiro En Rede Ando - Danza, Artes, Muller Rianxeira. O acto contará co recital poético de Pepa Martínez, Susana Comojo, Esther Carrodeguas, Maite Mosconi e Maruxa dos Rosales, así como a visualización do vídeo realizado no obradoiro e a...
O sábado 13 de agosto, ás 21.00 horas, terá lugar no teatro do auditorio de Rianxo un concerto a cargo do pianista profesional Adrien Gey Galera, no que interpretará pezas de Chopin, Beethoven, Medtner, Rachmaninov e Brahms. Adrien GEY-GALERA comezou a estudar piano en 2004 aos seis anos no Conservatorio de Música Joué-Gallery. Lès-Tours (Francia) na clase de Satomi AKIMOTO e Renaud ARBION....
O vindeiro venres 29 de xullo, ás 20.00 horas, terá lugar no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo a presentación do libro de Roberto Mera, Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos. Roberto Mera narra neste libro a extraordinaria odisea iniciada o 18 de xullo de 1936 polo seu tío bisavó, recuperando para a historia a proeza dun home íntegro e entregado aos...
O venres 29 e o sábado 30 de xullo, a partir das 22.00 horas, realizarase nas rúas de Rianxo o Festival da lúa 2022. O festival iluminará varios espazos e edificios da vila. Esta proposta está patrocinada polo Concello de Rianxo coa colaboración da Escola de Música de Rianxo, SnellvanRoyen e Somos Rianxo.
O Titiriberia. Olladas sobre os cristovos, festival de Títeres tradicionais celebraráse en Rianxo entre os días 24 e 31 de xullo. Organizado pola asociación Morreu o Demo coa colaboración do Concello de Rianxo, da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia, conta cunha programación que inclúe unha trintena de formacións artísticas. Podes consultar a programación na web Titiriberia.com ou...
Do venres 22 ao luns 25 de xullo terá lugar en Rianxo, no Campo de Arriba, a Feira do libro organizada pola Federación de Librerías de Galicia coa colaboración do Concello de Rianxo e outras entidades. Pode descargar o programa de actividades premendo aquí. Tamén pode descargar o cartaz coa presentacións dos libros rianxeiros que se realizarán no Salón de Plenos do Concello. Máis...
Nos vindeiros 2, 3 e 8, 9, 10 de xullo 2022 aCentral Folque organiza a Zona da Zanfona. Encontro Internacional en Rianxo. Un evento que cumpre as dezaoito edicións ininterrompidas organizado por aCentral Folque e promovido desde o Concello de Rianxo onde teñen pasado os nomes máis senlleiros da escena europea nas últimas dúas décadas. Zona da Zanfona é o festival da manivela musical, da...
O vindeiro sábado 9 de xullo, ás 12.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Concello de Rianxo terá lugar a presentación do libro Rianxo, terra de músicos de Xosé Comoxo e Xesús Santos. No acto amais dos autores estarán presentes José Luís do Pico Orjais e Adolfo Muíños. Intervención musical a cargo da Escola de Música de Rianxo. Non é preciso realizar reserva previa. A acomodación é...
O venres 17 de xuño, ás 19.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo realizarase o concerto para voz e piano, a soprano Susana de Lorenzo e o pianista Alejo de Lorenzo ofrecerán a súa versión de obras de obras de Marcial del Adalid Gurrea, Eugenia Osterberger Luard, Andrés Gaos Berea, García-Picos e Juan Durán Alonso. As entradas poden retirarse na billeteira do...
ENTRADAS ESGOTADAS !!!!! O formulario de reserva aínda está aberto pero as reservas que se recollan xa formarán parte dunha listaxe de agarda que se cubrirán no caso de que se produza algunha baixa. Por causas alleas ao Concello de Rianxo, a función Nais prevista para este sábado ADIASE para o venres 3 de xuño. As reservas xa feitas e confirmadas anúlanse, se desexa asistir nesta nova data...
O grupo de teatro Airiños organiza unha función de teatro na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Nesta ocasión convidan ao grupo Andaravía teatro a representar a obra Xacovedra o sábado 4 de xuño ás 21.00 horas. A proposta forma parte da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Xacovedra foi escrita e dirixida por Manuel Cortés. É un espectáculo de variedades onde hai...
O grupo PatakaMacabra da escola de teatro Airiños presenta Reset. Historia dun futuro roubado, a función terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o sábado 11 de xuño, ás 20.30 horas. A obra é unha creación colectiva dirixida por Amantia Coello. O elenco artístico está formado por Sara Rial, Irene Ordóñez, Mateo Figueiro, María Alcalde, Celia Blanco, Estefanía Moares, Álvaro...
O Concello de Rianxo organiza un obradoiro de iniciación ao teatro pata adultos impartido por Amantia Coello. Desenvolverase os luns de 19.00 a 21.00 horas dos meses de xuño a setembro. O lugar de impartición será no Centro Social Liceo de Rianxo. A matrícula ten un custe de 40 € que abrangue todos os meses de duración do obradoiro. Máis información e inscricións no correo-e...
Dentro do Festival Noites de Jazz 2022, unha das accións formativas é un curso de Big Band a cargo de Alfredo Susavila. Mestre: Alfredo Susavila Lugar: Auditorio de Rianxo Calendario: Martes e xoves do mes de xullo de 2022 (máis información do documento adxunto) Horario: 10:00 a 14:00 Clases teórico - prácticas Concerto de Clausura: mércores 3 de agosto. Matrícula gratuíta, cunha...
Na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, o sábado 14 de maio, ás 21.00 horas, terá lugar o espectáculo Máis Alálá con Xelís de Toro e Alejandro Vargas. A proposta forma parte das actividades que a Deputación da Coruña desenvolveu este ano co gallo da celebración do Día dos Museos 2022, pretendendo achegar aos concellos da provincia a representación do espectáculo Máis Alálá de Xelís de...
O próximo xoves 5 de maio, ás 21.00h, no salón de actos do Auditorio de Rianxo presentarase o libro A MARELA OU AMARELA de Manu Sobral. Na presentación ademais do autor da publicación estarán presentes; Manu Martínez (ilustrador), Clodio González (coordinador editorial Toxosoutos) e Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo)
Co gallo do nacemento do compositor Carlos García López-Picos (Betanzos, 1922–Oleiros, 2009), o departamento de Cultura da Deputación da Coruña programa un ciclo de concertos que arrancará o 29 de abril no Pazo de Mariñán e que se completará durante o mes de maio noutros tres escenarios: o salón de actos da Casa Dopeso das Pontes, os días 7 e 14; o Auditorio Municipal de Rianxo, o 20 e 21; e a...
O sábado 7 de maio, ás 20.30 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo un Concerto Homenaxe a Brea Segade con Manuel Tubío (composicións, guitarra e voz) e Carme Tubío (violonchelo). O concerto consiste na estrea de 10 poemas musicados por Manuel Tubío e presentados nun pequeno formato de guitarra e voz con acompañamento de violonchelo para contribuír á recuperación e...
O vindeiro venres 13 de maio, ás 21.00 horas, realizarase na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo un pase aberto da nova produción teatral Continente María, unha coprodución de Ainé Producións con A Quinta do Cuadrante, o Concello da Coruña e o Centro Dramático Galego. Esta compañía forma parte do programa de residencias do Concello de Rianxo, no que levan xa varias semanas facendo uso da...
O sábado 7 de maio, ás 12.00 horas, no salón de actos do Auditorio de Rianxo a presentación dos poemarios de Ricardo Seixo Fernández Sinais, Coa Luz Negada e Na República da Intimidade. Na presentación ademais da presenza do autor contarase con Xosé Luís Axeitos (escritor e académico), Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo) e coas intervecións musicais e poéticas a cargo do colectivo Gosto...
O Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo, achégase ao Concello de Rianxo co seu proxecto de democratización do coñecemento Camiños de coñecemento e experiencia. Trátase de 6 seminarios de formación universitaria para as persoas maiores de 50 anos que se impartirán no Centro Sociocultural Auditorio de Rianxo. LUNS 09/05/2022 16.30-18.00 Seminario: Simboloxía das cores. Dna....
ADIADA PARA O 27 DE MAIO O venres 27 de maio, ás 21.00 h, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, terá lugar a obra de teatro Gloria Nacional da compañía de Teatro do Noroeste, patrocinada pola Deputación da Coruña co gallo da celebración do Día do Teatro 2022. A entrada é de balde, pode facerse a reserva en www.concelloderianxo.gal/reservas A reserva será efectiva cando se...
A estrea en Galicia do filme de Eloy Domínguez Serén, Rompente, proxectarase na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o vindeiro venres 6 de maio ás 21.00 horas e a continuación terá lugar un encontro co director, produtor e protagonistas do mesmo. O rianxeiro Sergio Baleirón é o protagonista xunto con Soraya Luaces e Vicente Mohedano, ao longo do desenvolvemento da película tamén podemos...