Educación e Cultura - concelloderianxo
EDUCACIÓN E CULTURA
INFORMACIÓN XERAL
Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo
981 100 688
cultura@concelloderianxo.gal
Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística
horario de inverno:
luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00
horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
sábados: 10.00 - 14.00
Educación e Cultura
O venres 22 de xullo, desenvolveranse os seguintes actos literarios: 13.00 horas, Salón de Plenos do Concello de Rianxo Presentación do libro O perveso goberno de Feijoo. Sete anos en negro, de Manuel Monge, publicado por Laiovento 19.30 horas, BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL Presentación do libro Dos arquivos xeométricos, de Xosé Díaz, e do documental Porta para o exterior de Sabela Fernández...
O vindeiro xoves 21 de xullo, arranca en Rianxo a Feira do Libro, organizada pola Federación de Librarías de Galicia coa colaboración da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Aluminos Cortizo e o Concello de Rianxo. 13.00 horas, INAUGURACIÓN Actuación musical Historias por escribir con Pepe Sendón e Sabela Galbán. Pregón a cargo de María do Cebreiro 18.30 horas, actuación Maxía de aquí e...
O domingo 24 de xullo, terán lugar as seguintes propostas: 11.00 horas, Salón de Plenos do Concello de Rianxo Obradoiro escrita creativa para rapaces e rapazas a cargo de Andrea Barreira Freije (escritora e docente de escrita creativa) de Urco Edicións, con presenza de Xosé Ducan 12.00 horas, Salón de Plenos do Concello de Rianxo Obradoiro-campionato do xogo de cartas Ophiusa: a terra dos...
Debido a un erro no cartaz xeral anunciador do programa Noites de Cine 2016, no que se poñía o cine para Isorna o mércores 20. A data correcta é o MARTES 19 DE XULLO ás 23.00 horas, na que se proxectará na Escola de Quintáns en Isorna a comedia "La gran seducción" Os habitantes de Tickel Head, un pobo costeiro de Canadá, antano de orgullosos pescadores, hoxe vense obrigados a vivir de...
A Escola de Música de Rianxo e o alumnado de primaria do Coro do CEIP Ana María Diéguez de Asados desprázanse a Outeiro de Rei, terra de Manuel María para homenaxealo co concerto Os Soños na Gaiola participando na III Convivio da Cultura Galega. O concerto está organizado polo Concello de Rianxo coa colaboración da Escola de Música de Rianxo, o CEIP Ana María Diéguez, Fundación Manuel María e...
Dende o mes de xuño o Auditorio de Rianxo é o lugar onde se está preparando a obra teatral Voaxa e Carmín a través dunha residencia de colaboración entre o Concello de Rianxo e ButacaZero + eme2. Voaxa e Carmín unha obra escrita por Esther F. Carrodeguas e baixo a dirección de Xavier Castiñeira no que as actrices Belén Constenla e Mabel Rivera dánlle vida a Coralia e Maruxa Fandiño...
Dende o mes de xuño o Auditorio de Rianxo é o lugar onde se está preparando a obra teatral Voaxa e Carmín a través dunha residencia de colaboración entre o Concello de Rianxo e ButacaZero + eme2. Voaxa e Carmín unha obra escrita por Esther F. Carrodeguas e baixo a dirección de Xavier Castiñeira no que as actrices Belén Constenla e Mabel Rivera dánlle vida a Coralia e Maruxa Fandiño...
O vindeiro martes 12 de xullo, ás 23.00 horas, terá lugar no Patio do CEIP Ana Mª Diéguez a proxección da película Viva la libertad dentro do programa Noites de Cine. Enrico Oliveri, secretario do principal partido da oposición, é un político en plena crisis que decide un día abandoar os seus compromisos e refuxiarse nunha casa en Francia. O seu secretario, desesperado por calar os rumores...
O vindeiro xoves 14 de xullo, ás 21.00 horas, terá lugar no Bar A Lareira (no Pazo en Rianxo), a presentación do libro biográfico DONATO. No acto estará presente o autor da publicación Hector Pose, así como tamén o protagonista Donato Gama da Silva e o Concelleiro de Deportes e Patrimonio Histónico Xusto Ordóñez.
Por mor das malas condicións atmosféricas (nubosidade), a observación astronómica prevista para esta noite aprázase. En breve informarase da nova data. Dentro do Programa Todocosmos, o vindeiro sábado 11 de xuño, ás 23.00 horas, terá lugar no Paseo da Ribeira (xunto o Busto de Castelao) unha observación astronómica no que entre outros elementos poderase observar Saturno, Xúpiter, A Lúa,...
No BOP núm. 108, do 8 de xuño do 2016, a Deputación de Coruña ven de abrir o prazo de solicitude para diferentes convocatorias de axudas a entidades sen ánimo de lucro. O prazo de solicitude remata ás 14.00 h do venres 15 de xullo. As convocatorias son as seguintes: PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A CORAIS POLIFÓNICAS, BANDAS DE MÚSICA POPULARES E ENTIDADES DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL GALEGO DA...
A Asemblea de Socias/os da AELG aprobou por unanimidade outorgar a Letra E de 2016 a Helena Villar Janeiro. Entregaráselle en Rianxo o 25 de xuño, na que será a vixésimo segunda edición. Escribir, tirar do fío para dispoñelo en urdas, para pasar a trama, para facer a tea: tecer. Tecer a vida cara adiante como as hedras da clepsidra poboan o tempo que flúe. Tecer a vida cara atrás como...
A Sala de exposicións do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo, acollerá entre o 3 e o 25 de xuño, a exposición ADEVAL, pintando entre amigos. Na exposición poderase ver obras dos seguintes pintores e pintoras: Ángeles Garrido, Antía Cajaraville, Pepe Potel, José Garrido, Sonia Valiño e Suso Moure. A inauguración terá lugar o vindeiro venres 3 de xuño ás 20.00 horas.
"Pavillón Lino" é a nova proposta escénica de Caramuxo teatro para toda a familia. Un espectáculo que nace para homenaxear o desaparecido “Pavillón Lino” da Coruña, espazo cultural de estética modernista adicado a todo tipo de actividades artísticas: teatro, cine, baile, monicreques, cómicos, autómatas... Unha trepidante comedia de variedades cunha coidada posta en escena,na que desfilarán unha...
O vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas no que este ano se lle adican ao poeta Manuel María, ás 12.00 horas no Campo de Arriba de Rianxo terá lugar un concerto titulado Os Soños na Gaiola. No concerto ademais de participar a Banda da Escola de Música de Rianxo tamén conta co alumnado da Escola de Música de Rianxo e do CEIP Ana María Diéguez, de Asados (Rianxo), quen articulou un coro de...
Dentro do programa Todocosmos, de divulgación ofertado polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) ten coma obxectivo levar a Ciencia Astronómica a toda a sociedade mediante diferentes actividades para todos os segmentos de idade: cursiños, obradoiros, observacións astronómicas, presentacións, etc. No Concello de Rianxo o vindeiros...