Educación e Cultura

Educación e Cultura - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

O domingo 17 de agosto na Praza Virxe de Guadalupe ás 21.00 a Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas ofreceranos un concerto enmarcado dentro X Ciclo de Bandas organizado pola Escola de Música e o Concello de Rianxo.

O sábado 16 de agosto, na Praza Rafael Dieste ás 21.30 horas terá lugar o XII Festival de Baile e Música Tradicional Aleivosía organizado pola Asociación Fogo Fatuo de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo.

No primeiro andar do Cuartel Vello terá lugar a EXPOSICIÓN titulada HOMENAXE NOUTRORA ARESTORA HOMENAXE a cargo de AGRELO. Poderá visitarse, dende o 14 de agosto ao 11 de setembro, no horario de luns a sábados de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas e estará atendida polo autor. Diptico

O 9 e o 10 de agosto, achégate a FESTA DO MEXILLÓN DE RIANXO

O vindeiro sábado 9 de agosto, ás 22.30 horas no Campo de Arriba, terá lugar un concerto de música folc a cargo do grupo das Pontes NO CÓMBARO, ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña. PIncha na páxina do grupo Video Rumba do Porto O concerto está enmarcado dentro da programación da V Festa do Mexillón que terá lugar en Rianxo o 9 e 10 de agosto organizada pola asociación...

Ata o 30 de agosto no Auditorio de Rianxo. Horario de visita: de martes a sábado de 11:00 a 13:30 horas.

Por razóns alleas á organización, o concerto da Big Band da Escola de Música de Rianxo adiantase para as 22.00 horas. Desculpas polas molestias ocasionadas

Do 30 de xullo ao 2 de agosto, ás 22.30 horas, na Praza Rafael Dieste NOITES DE JAZZ 30 de xullo: Big Banda da Escola de Música de Rianxo 31 de xullo: Nine Cuarteto 1 de agosto: Wilson & Friends 2 de agosto: Kin García Trio PROGRAMA NOTA: No caso de condicións meteorolóxicas adversas os concertos trasládanse ó Auditorio

Continuando co X Ciclo de Bandas organizado polo Concello de Rianxo e a Escola de Música de Rianxo, o vindeiro domingo 3 de agosto, terá lugar na Praza Virxe de Guadalupe un concerto a cargo da Banda Artística de Merza.

Ábrese o prazo de inscrición nas materias do Primeiro Cuadrimestre da UNED SÉNIOR Rianxo. As materias ofertadas para o Segundo Cuadrimestre, e que se impartirán de acadarse un mínimo número de preinscricións, son as seguintes:  Introdución á internet Informática Básica Cultura Musical de Galiza I Cultura Musical de Galiza II Economía Doméstica Saberes labregos e ecoagroloxía ...

As actuación e obradoiros programados dentro da Feira do Libro. NOTA: O Concerto da Banda de Música de Fuerteventura vai realizase na Praza Virxe de Guadalupe

Xa podes consultar as presentacións de publicacións que van desenvolverse na Feira do Libro. NOTA: A presentación do álbum ilustrado ... 3,2,1,... de Pepablo Patiño non vai realizarse

Do 24 ao 27 de xullo terá lugar na Praza Castelao a FEIRA DO LIBRO. PROGRAMA A Feira do Libro está organizada pola Federación de Libreiros de Galicia en colaboración coa Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Rianxo.

En breve poderase consultar o programa de actividades  

O vindeiro mércores 16 de xullo, ás 22.00 horas, na Praza Castelao terá lugar un Festival Internacional de danza no que participarán a agrupación Muzsla Néptancegyüttes de Hungría e o Ballet Folclórico Municipal de Rancagua de Chile. No caso de choiva o espectáculo trasladarase ó Auditorio de Rianxo. Información arredor das agrupacións

O venres 11 de xullo no Auditorio de Rianxo, ás 21.30 horas, a Agrupación Teatral Criaturas interpretará a obra A miña muller é o fontaneiro.

Do 28 ao 31 de xullo desenvolverase no Auditorio de Rianxo o curso Ó REDOR DE CASTELAO, pertencente á Universidade de Verán 2014 da Universidade de Santiago de Compostela. O prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro venres 18 de xullo. Pode obter máis información na seguinte ligazón Folleto informativo

Do 4 ao 26 de xullo pode visitarse no Auditorio de Rianxo a exposición a cargo do pintor Sánchez Gallego. A apertura da exposición terá lugar o venres 4 de xullo ás 20.00 horas.

Festas do Carme 2014

Feira galega

Festa das Juadalupeñas

Festival Antrospinos 2014

O vindeiro domingo 6 de xullo, ás 21.00 horas, comeza na Praza Virxe de Guadalupe o X Ciclo de Bandas organizado pola Asociación Escola de Música de Rianxo e o Concello de Rianxo;  primeiro dos concertos correrá a cargo da Banda Unión Musical de Meaño.

VENRES 4 DE XULLO - 21.00 horas - Auditorio de Rianxo Alumnado de frauta, fagot, violonchelo, tuba, trompeta, contrabaixo, trompa, bombardino, trompeta, aula de adultos/as e nenos/as de música e movemento. SÁBADO 5 DE XULLO - 21.00 HORAS - PRAZA VIRXE DE GUADALUPE Alumnado de clarinete, saxofón, trompeta, óboe, percusión, piano e conxunto instrumental. En caso de condicións...

A CASA MUSEO DE MANUEL ANTONIO PERMANECERÁ PECHADA DO 14 AO 28 DE XUÑO (AMBOS INCLUÍDOS) DESCULPAS POLAS MOLESTIAS OCASIONADAS

A exposición é o resultado dunha viaxe por Cabo Verde de Roberto Amado en outubro de 2013, como premio por gañar o concurso Imaxes con fondo, organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedad.Rober Amado emprendeu unha viaxe dun mes por 6 das 10 illas que compoñen o arquipélago caboverdiano, visitando os principais proxectos apoiados polo Fondo Galego durante os 11 anos de...

O vindeiro sábado 14 de xuño no Auditorio de Rianxo: 18.00 horas - os benxamíns - a guerra de nunca acabar 21.00 horas - os alevíns -  un macabro fin de curso

Un ano máis a Asociación Cultural Vai de Roda coa colaboración do Concello de Rianxo organiza o IX SERÁN Mar de Rianxo; será o vindeiro sábado 31 de maio a partir das 20.00 horas no Campo de Arriba de Rianxo.

O Cadro Artístico Airiños achégase de novo ás parroquias rianxeiras cun novo espectáculo de TEATRO EXPRESS, nesta ocasión o título é TAXI ! (a pequena gran historia de Lestrove, taxista de Rianxo).

A observación prevista en Asados, no CEIP Ana Mª Diéguez, trasládase para o vindeiro venres 16 de maio, á mesma hora e no mesmo lugar. Desculpas polas molestias ocasionadas

A observación astronómica prevista para o 9 de maio trasládase ó venres 16 de maio. Desculpas polas molestias ocasionadas.

O vindeiro venres 9 de maio, ás 20.30 horas, terá lugar no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo unha conferencia-coloquio a cargo de Xosé Luís Axeitos arredor do poeta Xosé Díaz Castro o cal este ano se lle adican as Letras Galegas.