Educación e Cultura

Educación e Cultura - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

CONVOCATORIA ABERTA PARA BAILAR O VALSE “RIANXO”. Viaxa con nós á ”Belle Epoque” Rianxeira Trátase dunha partitura de principios do século XX atopada entre os documentos do depósito de José Ramón Nine Piñeiro no Fondo Local de Música do Concello de Rianxo. A Aula de Cultura Musical da Uned-Senior adaptou e gravou esta peza e, para dala a coñecer ao mundo, vaise gravar un vídeo en Rianxo no...

Celtas sen Filtro, unha obra de Méndez Ferrín e Artello Teatro e representada por Teatro Airiños baixo a dirección de Esther F. Carrodeguas a representación será no Auditorio de Rianxo, o sábado 7 de febreiro, ás 20.30 horas. A obra está recomendada para maiores de 12 anos. Sinopse As entradas teñen un custe de 2 € e poden adquirirse en venta anticipada en: Perruquería Pelos (Asados) ...

A representación de Cousas de Castelao a cargo de Títeres Cachirulo terá lugar no Auditorio de Rianxo o vindeiro sábado 31 de xaneiro ás 19.00 horas. A obra está recomendada para nenos e nenas a partir de 5 anos. As entradas son de balde e poden retirarse (máximo 2 por persoa) unha hora antes do comezo da representación. Títeres Cachirulo - Cousas de Castelao

O venres 30 de xaneiro ás 20.30 horas no Auditorio de Rianxo terá lugar, dentro da programación dos Actos Castelao organizados pola Área de Educación Cultura e Normalización Lingüística o seguinte acto no que se inclúen estas propostas: Presentación do Suplemento cultural A Voz de Barbantia - xaneiro 2015 Mesa Redonda " A prensa do humor: o pouso de Castelao nos humoristas gráficos de hoxe...

A partir de mañá xa podedes inscribirmos nas materias que se van impartir en Rianxo na Uned Senior neste segundo cuadrimestre. As materias que sen van impartir son: Iniciación á Informática Informática II Cultura Musical da Galiza Prácticas labregas na horta Fotografía dixital. Iniciación

Programación dos Actos Castelao 2015 organizados pola Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo coa colaboración de diferentes entidades. Os actos comezarán o vindeiro sábado 17 e durarán ata o 31 de decembro, con propostas teatrais, mesas redondas, presentacións de libros,...  

A Agrupación Teatral Criaturas volve a representar no Auditorio de Rianxo a obra Colón debe morrer, será o vindeiro sábado 17 de xaneiro ás 20.00 horas. As entradas (máximo 2 por persoa) poden adquirirse unha hora antes da función.

O luns 5 de xaneiro as Súas Maxestades os Reis Magos viaxan ata Rianxo. Dende as 17.30 horas na Praza Castelao haberá un Belén Vivinte e ás 18.00 horas está previsto que os Reis desembarquen no Porto de Rianxo. Desfilarán polo Paseo da Ribeira acompañados dunha comitiva con cabalos, animación musical,.... ata chegar á Praza Castelao onde os recibirá a Corporación Municipal. Despois repartirán...

O vindeiro sábado 10 de xaneiro, ás 20.30 horas, o grupo A Roda estará no Auditorio de Rianxo presentando o seu novo traballo Outra volta de Roda. As entradas teñen un custe de 5 € e poden adquirirse de maneira anticipada na Cafetería Castelao de Rianxo ou no mesmo Auditorio 2 horas antes do comezo do concerto. Sitio web A Roda

O vindeiro venres 26 de decembro, ás 19.00 horas, o  mago andaluz Charly Braun ofrecerá un espectáculo no Auditorio de Rianxo. As entradas teñen un custe de 5 € o mesmo día no Auditorio. En venta anticipada custan 4 € e poden adquirirse na Cafetería Castelao de Rianxo e na Cervecería Regional en Boiro.

O sábado 20 de decembro, ás 19.00 horas, terá lugar un Festival Solidario a cargo da  Asociación de Música e Baile Tradicional Vai de Roda. A entrada ten un custe de 1 quilo de alimentos non perecedeiros ou produtos de aseo persoal. A retirada de entradas: de 17.00 a 19.00 horas no Auditorio de Rianxo. Se non podes acudir podes colaborar coa entrada para a fila cero traendo os alimentos...

O venres 19 de decembro, no Auditorio de Rianxo, ás 20.30 horas a Escola de Música de Rianxo fará unha Festa Musical de Nadal.

O sábado 27 de decembro, ás 20.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo o Concerto de Nadal da Banda da Escola de Música de Rianxo.

Baixo o título O pequeno é Grande. A Agricultura Familiar como alternativa o profesor Xoán Carlos Carreira Pérez realizará unha conferencia no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo o vindeiro venres 19 de decembro ás 19.30 horas.

O sábado 13 de decembro, ás 12.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo a entrega dos Premios Barbantia da Cultura 2014. Ademais tamén se fará a presentación da saída do número 100 do suplemento cultural A Voz de Barbantia e do Anuario de Estudos do Barbanza 2014. O acto contará coa asistencia de María Xosé Blanco, vogal da asociación; Manuel Cartea, coordinador do anuario; Xesús Laíño,...

A única defensa que permitiu a liberdade é o título da exposición dos óleos de Paola García Paz que poderá visitarse no Auditorio de Rianxo do 12 de decembro ao 17 de xaneiro. A apertura da exposición terá lugar o vindeiro venres 12 de decembro, ás 20.00 horas, contando coa presenza da pintora. Paola García Paz pintora

O vindeiro venres 12 de decembro, ás 20.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo unha homenaxe ó escritor Ramón de Valenzuela no centenario do seu nacemento. No acto intervirán: Adolfo Muíños, Daniel Pino, Xosé Luís Axeitos, Xosé Luís Méndez Ferrín e Luís Cochón. Ficha de Ramón de Valenzuela na Biblioteca Virtual Galega

O vindeiro sábado 13 de decembro, ás 20.00 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo o Festival de Nadal Aleivosía da Asociación Sociocultural Fogo Fatuo; ademais da participación da agrupación Aleivosía estarán a Asociación O Pedrón de Padrón. As entradas poderán retirarse media hora antes do comezo do festival

O vindeiro sábado 29 de novembro, terá lugar en Rianxo unha iniciativa de rianxeir@s para adornar as rúas e prazas, para o Nadal, con pezas feitas con materiais de reciclaxe. Máis información no seguinte enlace de facebook comunidade adorna rianxo

O vindeiro 29 de novembro, ás 19.00 horas, no Salón de actos do Auditorio de Rianxo terá lugar Rianxo en Galego: o galego na corporación local organizada pola Plataforma Cultural Galega.

A Agrupación Teatral Criaturas estrea no Auditorio de Rianxo a súa nova montaxe teatral Colón debe morrer, será o vindeiro sábado 29 de novembro ás 21.00 horas. A obra está recomendada para maiores de 12 anos. As entradas son de balde e poden retirarse unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa).

O vindeiro venres 28 de novembro, ás 21.00 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar o espectáculo teatral As do Peixe, no cal se honra a memoria das traballadoras da conserva. Unha obra escrita por Cándido Pazó e dirixida por Cristina Domínguez da Pena coa interpretación das actrices galegas Casilda Alfaro, Mónica Caamaño, Susana Dans e Rocío González. Dossier da obra Está recomendada para...

A compañía de teatro Elefante Elegante o sábado 22 de novembro, ás 19.00 horas, representa no Auditorio de Rianxo a obra Nuncabunga. Trátase dun espectáculo cómico e poético sen palabras destinado a un público familiar e infantil a partir de tres anos. Nuncabunga na páxina de Elefante Elegante. As entradas son de balde e poden retirarse (máximo 2 por persoa) unha hora antes do comezo da...

O sábado 15 de novembro, ás 21.00 horas, a compañía de teatro Malasombra volve ó Auditorio de Rianxo, agora coa representación de GO ON !, unha odisea cómica escrita por José Luis Prieto e dirixida por Marcos Orsi na que os actores Xoque Carbajal e Jouse García interpretarán a dous exploradores espaciais que entraron nas descoñecidas terras galaicas a través da ruta xacobea. Go on ! na páxina...

Celtas sen Filtro, unha obra de Méndez Ferrín e Artello Teatro e representada por Teatro Airiños baixo a dirección de Esther F. Carrodeguas, terá dúas representacións no Auditorio de Rianxo, nos venres 14 e 21 de novembro, ás 21.00 horas. A obra está recomendada para maiores de 12 anos. Sinopse As entradas teñen un custe de 2 € e poden adquirirse en venta anticipada en: Perruquería...

Celtas sen Filtro, unha obra de Méndez Ferrín e Artello Teatro e representada por Teatro Airiños baixo a dirección de Esther F. Carrodeguas, terá dúas representacións no Auditorio de Rianxo, nos venres 14 e 21 de novembro, ás 21.00 horas. A obra está recomendada para maiores de 12 anos. Sinopse As entradas teñen un custe de 2 € e poden adquirirse en venta anticipada en: Perruquería...

O venres 7 de outubro, ás 20.30 horas, terá lugar a apertura da exposición de pintura de Salvador Figueira Laíño SENDEIRO DE VOLTA. Currículo Salvador Figueira Laíño Do 7 ao 29 de novembro poderá visitarse no Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo.

O vindeiro venres 7 de novembro, ás 21.30 horas, no Auditorio de Rianxo a Banda Xuvenil da Escola Música de Rianxo interpretará diferentes pezas musicais nun Concerto para conmemorar a súa patroa Sta. Icía.

Aída Saco Beiroa ofrecerá un concerto de piano o vindeiro sábado 8 de novembro, ás 20.30 h, no Auditorio de Rianxo. A pianista rianxeira interpretará pezas de Liszt, Ginastera, Soler,...

No BOP núm 205 do luns, 27 de outubro a Deputación da Coruña publicou as bases da convocatoria ordinaria de subvencións da Deputación dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para toda a provincia da Coruña.   En concreto, trátase das axudas nas áreas de Promoción Económica, Cultura, Deportes e Servizos Sociais. Inclúen dende achegas para programas de igualdade, ata axudas para o...

O vindeiro venres 31 de outubro, ás 20.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo a presentación da GUÍA PERSOEIROS DA CULTURA AROUSA NORTE e á saída do número 98 do suplemento cultural A Voz de Barbantia. No acto, que contará coa actuación da Escola de Música de Rianxo, intervirán: O autor X.P.R.S O Presidente de Barbantía, Xesús Laíño O Alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños O Presidente da...

Durante os meses de outubro, novembro e decembro vai desenvolverse a programación do Outono Cultural 2014 organizado pola Área de Educación, Cultura e Normalización Lingǘística do Concello de Rianxo coa colaboración de diversas entidades. Descarga a programación do Outono Cultural

O vindeiro sábado 25 de novembro, ás 21.00 horas, no Auditorio de Rianxo a compañía de teatro O Aturuxo de Melpómene interpretará a obra de Ágatha Christie A Ratoeira, ao abeiro da  programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña. A obra está recomendada para todos os públicos. As entradas son de balde e poden retirarse (máximo 2 por persoa) unha hora antes do comezo da función. ...

O sábado 18 de outubro, ás 21.00 horas, a compañía NNC TEATRO achégase ó Auditorio de Rianxo para representar a obra Santa Perpetua. A obra está recomendada para maiores de 12 anos. As entradas son de balde e poden retirarse (máximo 2 por persoa) unha hora antes do comezo da función. A obra está dirixida por Beatriz Méndez, Carla Capeáns e Roi Méndez e conta con varios premios entre os que...

Comezan en Rianxo as xornadas dedicadas a Castelao que vai a organizar a Real Academia Galega coa colaboración do Concello de Rianxo e do Museo de Pontevedra; será o xoves 16 de outubro ás 20.00 horas no Auditorio de Rianxo. A ponencia tratará sobre o Perfil biográfico e político do polifacético rianxeiro e correrá a cargo de Xosé L. Barreiro Rivas, Xosé Luís Axeitos Agrelo e Carlos Mellar...

Na Biblioteca Pública Municipal "Castelao" o próximo sábado 4 de outubro, ás 12.00 horas, terá lugar un contacontos familiar O soño do Rato a cargo de Intres.

O vindeiro venres 3 de outubro, ás 21.00 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo a representación teatral Misión Sapiens a cargo da compañía Malasombra. Misión Sapiens é un espectáculo de autoaxuda que en menos de dúas horas transformará ao público nun ser humano culto, educado e capaz de manter unha conversa sobre calquera tema sen quedar como un burro. A obra está destinada a un público...

Do 3 ao 25 de outubro no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo poderase visitar a exposición fotográfica H2O ... botar auga no mar a cargo de Olláparo, asociación fotográfica.

A aula de Educación de Adultos do Concello de Rianxo abre o prazo de inscrición para todas aquelas persoas que queiran obter o Título de Graduado en Educación Secundaria. O prazo estará aberto ata o próximo dia 3 de outubro. LUGAR: oficiñas de Servizos Sociais,situado en Carretera de tanxil ,12. TELEFONO: 981860061 HORARIO: 10 a 12 horas todos os días e de 19:30 ata as 21.00 horas os martes...

O 10 de outubro pecha o prazo para a matriculación na UNED SENIOR, así que se estás interesado/a en realizar algunha das materias non esquezas a data. Na semana anterior poñerémonos en contacto contigo para informarche dos horarios así como tamén da entrega de documentación. Podes preinscribirte no seguinte enlace http://www.rianxo.com/unedsenior/preinscricion As materias ofertadas neste...

O sábado 30 de agosto, dende as 11.30 ás 13.30 horas, no Campo de Abaixo Xornada de portas abertas para conmemorar o X aniversario da Asociación Vai de Roda. Dani Pereiras imparte un obradoiro de baile- Carballesa do Incio aberto a todas as persoas interesadas en participar.

O vindeiro luns 1 de setembro no Auditorio de Rianxo terán lugar unhas propostas organizadas por Nosa Enerxía: Sociedade Cooperativa Galega coa colaboración do Concello de Rianxo. Máis información taller de formación cooperativa: xestión diaria da cooperativa Goiener De 17.00 a 19.00 horas Para socias da cooperativa NOSAENERXÍA charla/coloquio : cooperativas de consumo de enerxía verde:...

O sábado 30 de agosto, a partir das 10 da mañá SACHOS Á RÚA! no Campo de Arriba de Rianxo. Os foros ecolóxicos da Barbanza organizan unha Feira Labrega coa colaboración do Concello de Rianxo. Folleto informativo

O vindeiro sábado 30 de agosto, ás 22.00 horas, no Paseo da Ribeira (fronte ó busto de Castelao) terá lugar unha observación astronómica. Intentarase ver como a lúa vai medrando a cuarto, as nebulosas, estrelas dobres... En caso de condicións metereolóxicas adversas (chuvia, brétema ou nubes) a observación terá que suspenderse, A actividade está enmarcada dentro do Programa TODOCOSMOS que o...

A agrupación Cantigas e Agarimos achégase a Rianxo dentro do programa de difusión do baile e a música tradicionais Folclore na rúa promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través do AGADIC e coa colaboración do Concello de Rianxo. En escena a agrupación transmitirá a esencia e a riqueza das nosas danzas, así como das músicas que as acompañan e do...

O X Ciclo de Bandas chega o seu fin, o sábado 23 de agosto, ás 21.30 horas na Praza Virxe de Guadalupe terá lugar un concerto a cargo do Trío Vaamonde. Lamas & Romero e a Banda da Escola de Música de Rianxo.