Educación e Cultura - concelloderianxo
EDUCACIÓN E CULTURA
INFORMACIÓN XERAL
Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo
981 100 688
cultura@concelloderianxo.gal
Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística
horario de inverno:
luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00
horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
sábados: 10.00 - 14.00
Educación e Cultura
Dende o 11 ao 26 de abril no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo pódese visitar a exposición PICASSO VISTO POR CATELO, na que se poden ver tallas de madeira realizadas por Vicente Iglesias Sobradelo nas interpreta as principais obras do pintor Pablo Picasso. O acto de inauguración será o vindeiro venres 11 de abril ás 20.30 horas. Folleto da exposción en Rianxo
Do 4 ao 6 de abril terá lugar en Rianxo o 10 Encontro Internacional Zona da Zanfona. Na súa programación inclúense ofertas variadas e complementarias que van desde o público de veciñas e veciños de Rianxo e a comarca de Arousa principalmente as crianzas, até o público xeneralista ou especializado no instrumento. Para consultar o programa e máis información pode consultar a seguinte...
Mulleres que rompen Moldes, o novo Teatro-Express do Cadro Artístico Airiños, invade as parroquias rianxeiras esta fin de semana. Con motivo do mes da muller traballadora, a Concellería de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo encárgalle ao Cadro Artístico Airiños a realización de un novo TEATRO-EXPRES, que fale aos pequenos da vila, e aos que se queiran...
O próximo sábado 8 de marzo na Casa de República en Isorna terá lugar unha Observación Astronómica. Ás 19.30 horas, no interior unha introdución audiovisual e despois, ata as 22.00 horas no exterior observación con telescopios A actividade está enmarcada dentro do Programa TODOCOSMOS que o Concello de Rianxo participa xunto con outros seis concellos de Galicia e o Observatorio...
O vindeiro sábado 8 de marzo, ás 21.00 horas, o grupo aCadaCanto presentará no Auditorio de Rianxo o seu disco A rosa d'Adina. A entrada ten un custe de 10 € e pode adquirise anticipadamente na Cafetería Castelao e no Bar Toffe. Ademais tamén se pode reservar no enderezo electrónico acadacanto@musicasdesalitre.com O propio día do concerto poderán adquirirse as entradas a partir das 19.00...
Xa está aberto o prazo para a inscrición no Obradoiro de Poesía Erótica impartido por María Lado que se desenvolverá en Rianxo os sábados 15, 22 e 29 de marzo. Máis información Se estás interesado/a en participar, tes ata o 14 de marzo ás 14.00 horas para inscribirte, cubrindo a ficha de inscrición que estará dispoñible en breve.
Dentro da programación do FERVE A LINGUA, organizado pola Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística vai desenvolverse outra proposta: OBRADOIRO DE POESÍA ERÓTICA con maría lado O obradoiro será impartido por María Lado e realizarase no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo. Terá lugar os sábados 15, 22 e 29 de marzo dende ás 10.30 a 13.30 horas. No obradoiro...
Sorteo de agasallos no Martes de Entroido Pola tarde o martes 4 de marzo, acude disfrazado ó Entroido Rianxeiro. Colle un número e participa no sorteo de diferentes agasallos. As categorías son as seguintes: INFANTIL: dende 0 a 11 anos incluídos. 7 patrocinados polo Concello e 2 por CEPSA XUVENIL: de 12 ata 16 anos incluídos. 3 patrocinados polo Concello e 2...
Dende a organización do Certame de Carrozas de Taragoña comunican que o CERTAME DE CARROZAS previsto para o 1 de marzo APRÁZASE para o sábado 8 debido ás condicións meteorolóxicas adversas previstas para ese día. O Baile de de Disfraces no Centro Cultural e Deportivo de Taragoña mantense para o sábado de entroido, 1 de marzo.
Podedes consultar a programación do Entroido Rianxeiro. MARTES DE ENTROIDO - PAVILLÓN DEPORTIVO DE RIANXO Debido ás previsións metereolóxicas adversas para o día de mañá a programación prevista para o Entroido trasládase ao Pavillón Municipal de Rianxo. CERTAME DE CARROZAS - 1 DE MARZO - TARAGOÑA A organización do CERTAME DE CARROZAS previsto para TARAGOÑA o próximo sábado 1 de marzo...
O próximo sábado 22 de febreiro, ás 12.00 horas, na Biblioteca Pública Municipal terá lugar o contacontos GUÁ ! a cargo de Tero Rodríguez xunto con Helena de Alfonso e José Lara Gruñeiro. A proposta forma parte do programa Ferve a Lingua organizado pola Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística ven de abrir o prazo para a solicitude de cursos preparatorios para as probas CELGA 2014, que se realizarán nos meses de abril e maio nos concellos que o soliciten, sendo a Secretaría Xeral en función da demanda de formación e dos recursos dispoñibles, quen planificará a programación dos cursos así como tamén os niveis que se van impartir,...
SES presenta o seu novo disco "Co Xenio Destrozado" no Auditorio de Rianxo Entradas á venda na Cafetería Castelao Rianxo e na Cervexeria Gallaecia Tamén podedes reservar e recoller en taquilla o día do concerto enviando un mail a info@dezetapro.com Prezo 10€ Se algo podemos destacar de SÉS é o seu enorme carisma e forza persoal, xa de sobra amosada en centos de concertos e...
Un ano máis, o Concello de Rianxo organiza os Actos Castelao no que se programan unha serie de actividades para conmemorar o nacemento do ilustre rianxeiro. O comezo da programación será o venres 10 de xaneiro, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo coa proxección A fazaña da liberdade, un filme sobre a vida de Alexandre Bóveda dirixido por Senén Outeiro.
O vindeiro domingo achegaranse a Rianxo as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, chegarán arredor das 6 da tarde ao Porto de Rianxo e despois de percorrer o Paseo da Ribeira serán recibidos polas autoridades na Casa do Concello e alí repartiran caramelos a todos os nenos e nenas. Ambientarán e acompañarán ós Reis o grupo Carapaus, a Charanga Nasa e a Fanfarria Culturactiva pola mañá...