Educación e Cultura - concelloderianxo
EDUCACIÓN E CULTURA
INFORMACIÓN XERAL
Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo
981 100 688
cultura@concelloderianxo.gal
Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística
horario de inverno:
luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00
horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
sábados: 10.00 - 14.00
Educación e Cultura
O Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo ten unha MODIFICACIÓN DE HORARIOS nesta segunda quincena do mes de xuño (uso libre de instalacións, exposicións e atención ao público), que é o seguinte: MAÑÁS: De luns a venres, de 8:00 a 15:00 (atención ao público e sala de estudo de 9:00 a 14:00 horas) TARDES: Luns 17, Mércores 19, Venres 21, Luns 24, Venres 28: PECHADO Martes 18,...
Valentina Formoso Gosende presenta o seu novo libro Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico, o próximo sábado 22 de xuño, ás 12.00 horas, no Salón de actos do Auditorio de Rianxo. No acto contarase ademais da presenza da autora con Manolo Bragado, director de Xerais e Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo. Valentina Formoso Gosende
O vindeiro venres 21 de xuño, ás 20.30 horas, terá lugar no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo a presentación do libro coa edición de X. Ricardo Losada Faustino Rey Romero: obra poética e teolóxica. A publicación está promovida polos concellos de Catoira, Tomiño e Rianxo xunto coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. No acto contarase coa participación de: Xesús Santos, membro de...
No próximo mes de xuño, vai desenvolverse no Auditorio de Rianxo e organizada pola Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello a Mostra de Teatro Amador. As representacións, comezarán as 21.30 horas e son as seguintes: venres 21 de xuño República de Gundián a cargo de Andaravía Teatro sabado 22 de xuño Proxecto 45 a cargo de Pinchacarneiro Teatro ...
A Asociación de Desarrollo Local Deloa, organizadora do Certame de Música Tradicional Interritmos, suspende a audición prevista para o próximo 15 de xuño no Auditorio de Rianxo. No seguinte documento, pódense consultar as modificación das bases do Certame Interritmos. Modificación das bases do Certame Interritmos Para máis información nas seguintes ligazóns: Asociación de Desarrollo...
O próximo venres 14 de xuño, ás 20.30 horas, volve a Rianxo o programa Rede de Músicas Soltas organizado pola aCentral Folque co cofinanciamento do Concello de Rianxo. Nesta ocasión o concerto será a cargo de JazZología, un trío de jazz dende Cuba Made in Galiza. As entradas teñen un custe de 5€ e poden retirarse unha hora antes do comezo do concerto. JazZoología é a...
Ata o 7 de xuño podes incribirte no Certame Musical INTERITMOS, que está destinado a músicos e/ou grupos noveles, sen obra comercial editada, que interpreten obras musicais tradicionais. Está organizado pola Asociación de Desarrollo Local DELOA coa colaboración de diferentes entidades como o Concello de Rianxo. O día do festival-audición será o sábado 15 de xuño, ás 19.00 horas, no...
O próximo sábado 25 de maio, no Campo de Arriba de Rianxo terá lugar o VIII SERÁN MAR DE RIANXO. A partir das 8.00 da tarde comezará co SERANCIÑO, para que os máis novos/as, toquen, canten, bailen e monten festa da boa, como eles/as saben. E ás dez empezarán a subir ao escenario os máis grandes, para que a festa non pare. Está organizado pola Asociación Vai de Roda en colaboración co...
O próximo sábado 1 de xuño, ás 21.00 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo a representación teatral Días sen Gloria a cargo do Centro Dramático Galego. O Centro Dramático Galego dedícalle ao autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas a súa segunda produción propia para esta temporada 2012-2013 coa posta en escena de Días sen gloria. A peza, galardoada en 1992 co Premio Rafael...
O próximo venres 24 de maio, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar un concerto pertencente ao programa de Rede de Músicas Soltas que organiza aCentral Folque co cofinanciamento do Concello de Rianxo. Nesta ocasión, Sérgio Tannus presentaranos o seu novo traballo Son Brasilego e estará acompañado dos tamén brasileiros Serginho Sales (teclado, Minas Gerais) e Paulo...
O próximo venres 24 de maio, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar un concerto pertencente ao programa de Rede de Músicas Soltas que organiza aCentral Folque co cofinanciamento do Concello de Rianxo. Nesta ocasión, Sérgio Tannus presentaranos o seu novo traballo Son Brasilego e estará acompañado dos tamén brasileiros Serginho Sales (teclado, Minas Gerais) e Paulo Silva...
O próximo sábado 18 de maio, ás 21.00 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar o II MACRO-RECITAL "ao son das letras vivas", 50 rapsodas - 50 escritor@s (galeg@s e viv@s). O Cadro Artístico Airiños en colaboración con slam.arousa e a Concellería de Cultura de Rianxo, con motivo da celebración do día das letras galegas organizan este II macrorecital para o cal se pretende xuntar a 50...
Advertido erro na programación do Maio Cultural 2013, que son os seguintes: O club de lectura infantil organizado pola Anpa do Cra de Rianxo previsto para o mércores 8 de maio, ás 16.30 horas, será na ESCOLA DE RAÑÓ-LEIRO. Despois da xuntanza realizarase unha excursión polos arredores da escola visitando os lugares singulares do lugar. O club de lectura de adultos "Flores do meu...
O próximo sábado 4 de maio, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar a representación de BailadELAS a cargo de Teatro do Antroido de Roi Vidal sobre textos de Roberto Vidal Bolaño e dirixida por Xavier Estévez coa interpretación de Laura Ponte. A obra está destinada a un público maior de 12 anos e as entradas, que teñen un custe de 5 €, poden retirarse unha hora antes do comezo da...
O próximo sábado 4 de maio, ás 17.00 horas, na Pista Cuberta do colexio do CEIP Ana Mª Diéguez de Asados terá lugar o Primeiro Torneo de Fútbol de Asados (solteiras contra casadas e solteiros contra casados) O partido será retransmitido en directo e acompañado dun DJ Está organizado pola Comisión de festas do San Pedro de Vilas (Asados)
O próximo sábado 11 de maio a Banda da Escola de Música de Rianxo ofrecerá un concerto no que interpretarán a Sinfonía Nº 1 do Señor dos Aneis de Johan Meij. Realizarase ás 20.30 horas no Auditorio de Rianxo O concerto forma parte dos actos organizados pola Escola de Música de Rianxo para conmemorar o seu X Aniversario.
A Xunta de Galicia ven de abrir o prazo para a solicitude para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a fundacións, asociacións e institucións culturais, para a realización de programas culturais que se desenvolverán na Comunidade Autónoma e para os gastos de funcionamento derivados deles, e se procede a súa convocatoria para o ano 2013. O prazo remata o...
"Entre a páxina e cadro, entre palabra e imaxe" é o título do obradoiro creativo que impartirá Chiara Bertin. Desenvolverase o próximo luns 6 de Maio, entre as 18.15 e as 20.15 horas no IES Félix Muriel de Rianxo; está destinado a todas as persoas interesadas en participar. As cales terán que inscribirse, antes do 4 de maio, previamente cubrindo a ficha de inscrición ou enviala por...
Rianxo continúa coa Rede de Músicas Soltas co concerto do dúo Fdez&Quintá seu repertorio instrumental de muiñeiras, xotas, valses, mazurkas, polcas, foxtrots,... onde dous músicos semellan catro pola natureza dos seus instrumentos (acordeón diatónico e sanfona) Oscar Fernández e Carlos Quintá reúnen dous instrumentos que en dúo non se coñeceron entre si na música tradicional...
Sther F. Carrodeguas impartirá un obradoiro de creación poética POETIZANDO (DE MINIMIS) arredor da exposición fotográfica de Marga Piñeiro Díaz. Desenvolverase o próximo sábado 27 de abril de 10.00 a 14.00 horas no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo. Máis información e inscricións en cultura@concelloderianxo.es ou no teléfono 981 100 688 Ás 13.30 horas haberá un recitado final...
Rianxo e a Zona da Zanfona presentan este obradoiro de improvisación e desinibición para actores/actrices, poetas, rapsodas e zanfonistas para compartir experiencias ao redor da musicailidade e a voz sonora deste instrumento coa palabra. Está dirixido por Sther Carrodeguas, e aberto a todos os públicos. Desenvolverase o vindeiro xoves 18 de abril dende as 16:30 h ata as...
O próximo 4 de maio, Todos/as con Faustino Rei Romero; realizarase un percorrido poético pola ribeira do Ullán. programa 16.30 h.: Xuntanza no andén da estación de Catoira. 17.00 h.: Andaina poética ate o Souto de Isorna, con paradas naqueles lugares nos que o poeta deixou a súa pegada. A Cantina A Capela da Estación O Peirao da Estación A...
O vindeiro sábado 27 de abril, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo proxectarase a película "Hijos de las nubes, la última colonia" do director Álvaro Longoria con Javier Bardem e narrada por Elena Anaya. No documental examínase a axitación política actual do norte de África e a responsabilidade das potencias occidentais (especialmente Estados Unidos e Francia) polo medio do exercicio da...
O próximo sábado 20 de abril, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo desevolverase a proposta Baixo o mesmo ceo, un concerto solidario de Apoio ao Sahára no que participarán: María Manuela Helena de Alfonso e José Lara Gruñeiro (Barahúnda) Bea Porrúa e Alfredo Susavila e presentado por: Ernesto Chao (Miro Pereira en Pratos Combinados) As entradas poden retirarse unha...
O venres 12 de abril, na Biblioteca Pública Municipal, ás 21.00 horas, terá lugar a presentación do libro Miniaturas de Eugenio Granell: Música Revelada. No acto, conducido por José Luis Dopico, comparecerán Ramom Pinheiro, director artístico de aCentral Folque, Alejandro Vargas, director musical. Ademais contará cun mini concerto de Alejandro Vargas, ao piano, sobre melodías de Eugenio...
Un ano máis Rianxo acolle o 9 Encontro Internacional: Zona da Zanfona no que especialistas e afeizoados comparten espazos arredor deste instrumento co denominador común da contemporaneidade. Está organizado pola aCentral Folque co cofinanciamento do Concello de Rianxo e coa colaboración de Axóuxere Editora. O programa é o seguinte: xoves 18 abril Sesión didáctica para escolares co...