Educación e Cultura - concelloderianxo
EDUCACIÓN E CULTURA
INFORMACIÓN XERAL
Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo
981 100 688
cultura@concelloderianxo.gal
Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística
horario de inverno:
luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00
horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
sábados: 10.00 - 14.00
Educación e Cultura
Do 23 de outubro ao 10 de novembro poderá visitarse no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo a exposición do pintor Deli Sánchez titulada alén da paisaxe pinturas da terra. A inauguración terá lugar o próximo martes 23 de outubro ás 20.00 h. Pode consultar máis información sobre o artista na súa páxina web http://delisanchez.com/
Está aberto o prazo de inscrición no Obradoiro Poético DIVORCIANDO A POESÍA, que desenvolverá o poeta Elías Portela. Organizado pola Editorial Axóuxere en colaboración coa Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo, desenvolverase os vindeiros venres 19, de 20:00 a 21:30, e sábado 20, de 12:00 a 13:30, na sala de...
A Casa Museo de Manuel Antonio ten o seguinte horario de apertura: VENRES: de 16.00 a 20.00 horas SÁBADOS: de 10.00 a 14.00 horas As visitas guiadas para grupos organizados deben solicitarse e concertarse previamente no seguinte teléfono 981 100 688 ou nos correos electrónicos cultura@concelloderianxo.es ou animacioncultural@concelloderianxo.
O slam é un tipo de torneo entre poetas que xa se fai por todo o mundo adiante e que agora se fará tamén na nosa terra. slam.arousa será o primeiro torneo slam que se celebre en galicia, e o gañador absoluto das 6 xornadas poderá competir na final estatal española. O PRIMEIRO "TORNEO" TERÁ LUGAR O DÍA 5 DE OUTUBRO NO CURRAL DO MARQUÉS, (TARAGOÑA, RIANXO). DE AÍ SUCEDERANSE CADA MES POR...
A Asociación Escola de Música de Rianxo abre o prazo de matrícula para o curso 2012-2013, e rematará o 28 de setembro. Información e entrega de matrículas nas oficinas do Auditorio: *Os días 25, 26, 27 e 28 de setembro de 11.30 h a 13.30 h e de 19.00 h a 21.00 h *Tfno. 671 058 555 *E-mail: escolademusicaderianxo@gmail.com
O Concello de Rianxo e a plataforma Vitaminas para o galego están a levar a cabo unha campaña denominada "Móllate polo galego", destinada a aumentar a sensibilidade dos mozos e mozas polo idioma galego. A actividade consiste nun concurso fotográfico onde os participantes deberán, cunha camisola facilitada de xeito gratuito polo Concello o próximo sábado 22 de setembro na Praia de...
Desde o día 18 deste mes estará aberto o período de inscrición para o Programa de Educación de Adultos da Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo. Aquelas persoas que estén interesadas poderán inscribirse no centro de Servizos Socias todos os días de 10 as 13 horas e os martes e xoves de 19:30 as 21 horas ata o vindeiro 5 de outubro. Requisitos: Ter 18...
O venres 3 e o sábado 4 de agosto, de 10:00 a 14:00 horas, no Auditorio, desenvolverase un OBRADOIRO DE CREACIÓN POÉTICA E SLAM A CARGO DA POETA MALLORQUINA IRENE LA SEN. Para participar no obradoiro, aberto a toda persoa interesada, haberá que inscribirse no email cultura@concelloderianxo.es ata as 12:00 horas do xoves 2 de agosto. Asemade, Irene La Sen desenvolverá un recital o vindeiro...
O sábado 28 terá lugar no Auditorio de Rianxo, ás 22:00 horas, a estrea da obra A FUNCIÓN DO TEQUILA, do dramaturgo e director teatral Manuel Guede, a cargo da Compañía TEATRO DO MORCEGO. Esta obra foi gañadora do Premio Rafael Dieste 2011 de Teatro, da Deputación Provincial da Coruña. As entradas dispoñibles para o público xeral, que serán gratuítas, poderán retirarse a partires das...
O sábado 28 de xullo, ás 17:00 h., na Praza de Manuel Antonio (Asados), iniciarase a acción poética POESÍA NA PESQUEIRA DE ASADOS, TODOS CON MANUEL ANTONIO, consistinte nunha andaina poética e musical organizado pola PLATAFORMA CULTURAL GALEGA coa colaboración do Concello de Rianxo e o Grupo de Teatro Airiños de Asados.
O venres 27 de xullo, ás 12:00 horas, no Auditorio de Rianxo, inaugúrase a exposición “ACUARELAS do pintor madrileño JOSÉ ANTONIO JIMÉNEZ GOSÁLVEZ. A mostra, que inclúe numerosas paisaxes rianxeiras, permanecerá aberta ata o vindeiro 18 de agosto e poderá visitarse de luns a sábado de 08:00 h. a 13:45 h.
A Agrupación Teatral Criaturas representa "Non hai ladrón que por ben non veña" polas parroquias. Mércores 11 de xullo – 21.30 h // Taragoña – Campo de Pazos Xoves 12 de xullo– 21.30 h // Araño – Pista Polideportiva de A Capela Venres 13 de xullo – 21.30 h // Asados – Praza Manuel Antonio Mércores 18 de xullo– 21.30 h // Isorna - Quintáns (xunto á escola) Xoves 19 de...
O videiro venres 29 de xuño, ás 20.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo o acto de presentación do núm. 76 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así coma a presentación do primeiro volume da Obra Completa de Manuel Antonio, editada conxuntamente pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié. No acto estarán presentes, amais de Xosé Luís Axeitos, editor literario; Diego...
O 30 de xuño terá lugar, dentro do programa de dinamización lingüística FalaRedes, unha proxección de curtas en galego e un obradoiro de dinamización, toda unhna experiencia audiovisual no cinema máis pequeno do mundo. Dirixido a rapaces de 6 a 12 anos, que poderán inscribirse no Auditorio de Rianxo ata o 29 de xuño, ata 20 participantes. O evento terá lugar na Praza Castelao entre as 17...
Os 1, 2 e 3 de xuño celébrase en Brión o VII Encontro coa Arte: Lembrando a Castelao, unhas xornadas que reúnen en Brión unha trintena de artistas pintores, músicos e poetas. Como en edicións precedentes, unha figura das nosas letras vai ser homenaxeada durante o encontro. Este ano os organizadores escolleron ao escritor, artista e político Alfonso Daniel R. Castelao, un persoeiro de enorme...
O luns 28 de maio ás 12.30 inaugúrase a exposición de pintura e escultura "Lembranzas mariñas", de Nolo Suárez e "Xeomaquias" de Nando Pereiro, no Auditorio de Rianxo. A exposición permañecerá aberta o propio luns da inauguración e ata o sábado 23 de xuño nos horarios: martes a venres de 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 sábados de 10.30 a 13.00 e de 16.30 a 20.00 Descarga do dítico...
Dentro do programa de Dinamización Lingüística falaRedes chega a Rianxo o sábado 19 de maio pola tarde, na Praza Castelao, a proposta Galego de Cine que desenvolverá dúas actividades: PROXECCIÓN DE CURTAS EN GALEGO Na Praza Castelao, dende as 18.00 h, aproximadamente, ata as 20.00 h, os nenos e nenas poderán visionar curtas de animación en galego nunha caravana. OBRADOIRO DE...