Educación e Cultura - concelloderianxo
EDUCACIÓN E CULTURA
INFORMACIÓN XERAL
Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo
981 100 688
cultura@concelloderianxo.gal
Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística
horario de inverno:
luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00
horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
sábados: 10.00 - 14.00
Educación e Cultura
O II Ciclo de Novos Intérpretes continúa e nesta ocasión o concerto correrá a cargo do rianxeiro Pablo Sobradelo Rivas coa trompa e estará acompañado por Pablo Rodríguez Fernández ao piano. O concerto será o vindeiro venres 16 de novembro, ás 20.30 h, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. 30 de novembro, 20.30 h: Félix Rodríguez Ramos (bombardino) con Jorge Briones Martínez (piano),...
A compañía de danza Fran Sieira o 9 de novembro, ás 21.00 horas, estará na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo co seu espectáculo Entre soños. Está recomendado para tódolos públicos. Duración 65 minutos. A entrada é de balde ata completar capacidade. Máximo 2 por persoa, e poden retirarse na billeteira do auditorio unha hora antes do comezo. Proposta enmarcada no programa Rede...
A Irmandade da música galega xunto co Concello de Rianxo organizan a I Semana da Música Irmandiña coa colaboración da Escola de Música de Rianxo e a Uned Senior (aula de Rianxo). As propostas que se van desenvolver son as seguintes: Sábado 10 de novembro: 1ª xornada: Intérpretes de Rianxo 18.00 h: Conferencia: vida e obra de F. Paz Carbajal. Relatores: Sebastián Paz e Fernando...
O sábado 3 de novembro, Xoán Curiel e a Banda do Verán achéganse a sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo co seu espectáculo musical A Casa do Terror. A proposta comezará ás 19.00 horas. Destinatarios: público infantil, nenos e nenas a partir de 4 anos. Entrada de balde ata completar capacidade. Poderán retirarse dende unha hora antes do comezo do espectáculo (máximo 2 por persoa). ...
A compañía Elefante Elegante representa o vindeiro sábado 27 de outubro, ás 19.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a obra A danza da choiva. Recomendada para público infantil, nenos e nenas de 3 a 8 anos aproximadamente. Duración 50 minutos. A entrada é de balde ata completar capacidade. Retirada na billeteira dende unha hora antes do comezo da función e cun máximo de...
Fillos do Sol, peza teatral escrita e dirixida por Cándido Pazó, achégase á Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o vindeiro venres 26 de outubro ás 21.00 horas. Recomendada para todos os públicos. Duración 75 minutos. A entrada ten un custe de 6 €. Pode adquirirse o mesmo día da función dende as 20.00 horas na billeteira do auditorio ou facer a reserva no correo electrónico...
O vernes 19 de outubro, ás 20.30 horas, no antigo campo de concentración de Rianxo realizarase un acto de homenaxe ás mulleres solidarias cos prisioneiros do campo de concentración de Rianxo e a todas as mulleres represaliadas e solidarias. O acto contará coa presenza de: - Dolores Rodríguez Sende (solidaria cos prisioneiros) - Antón Vilariño (Coordinador Uned-Senior Rianxo) - Carlos...
APRAZADO ATA NOVA DATA Continuamos co II Ciclo de Novos Intérpretes, nesta ocasión o concerto correrá a cargo de Félix Rodríguez (bombardino) e Aitana Ares (fagot). Félix estará acompañado ao piano por Jorge Briones e Aitana por Luís Blanco. Desenvolverase o vindeiro venres 19 de outubro, ás 20.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. O Ciclo de Novos Intérpretes está...
Do 15 ao 22 de outubro o IES Féliz Muriel contará coa exposición Reixas, mulleres baixo o terror franquista organizada polo propio centro de ensino coa colaboración da Deputación de Pontevedra e do Concello de Rianxo. Está aberta para a visita de todos os públicos no horario de apertura do instituto.
Nova Escola Galega organiza o IX SEMINARIO SOBRE A MEMORIA: "omesomonte", que se desenvolverá os 19, 20 e 21 de outubro de 2018 en Rianxo, Quilmas, O Pindo e Carnota. En Rianxo a actividades desenvolveranse no IES Félix Muriel o venres 19 de outubro. Está destinado principalmente a persoal docente do ensino público e concertado, e en paro. Pero tamén aquelas...
O sábado 20 de outubro, ás 20.30 h, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o grupo de teatro Talía achégase coa súa obra teatral Pelos na lingua. Está recomendada para un público adulto e xuvenil (maiores de 13 anos) A entrada é de balde ata completar capacidade e poderá recollerse na billeteira do auditorio dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa) A proposta...
O Programa Universitario de Maiores do IV CICLO da USC promove o proxecto de democratización do coñecemento, CAMIÑOS DE COÑECEMENTO xunto coa colaboración do Concello de Rianxo. O programa conta cun total de 6 clases que se impartirán nunha Aula do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo. Está destinado para maiores de 50 anos. Máis información e inscricións no correo electrónico...
A sala de exposicións do Auditorio de Rianxo acollerá a exposición da obra plástica do rianxeiro Luís Noya. Dende o 5 de outubro ata o 3 de novembro pode visitarse nos horarios habituais de apertura do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo. A exposición abrirase ao público o venres 5 de outubro ás 21.00 horas e contará coa asistencia do pintor rianxeiro.
Do 28 de setembro ao 7 de outubro, desenvolverase a III Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego organizada pola Agrupación Teatral Criaturas coa colaboración do Concello de Rianxo. Programa de man da III Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego Máis información no Facebook da Agrupación Teatral Criaturas.
O grupo de teatro Airiños de Asados celebra o seu 85 aniversario coa gala "Esta noite, velada" no Auditorio de Rianxo. A gala, que conta con 3 funcións, terá lugar nos seguintes días: Venres 21 de setembro, ás 21.00 horas. Sábado 22 de setembro, ás 21.00 horas. Domingo 23 de setembro, ás 19.00 horas. Contarán coas colaboracións de Barahúnda, José Luís Do Pico Orjais e Río de Anxo. A...
O grupo de teatro Airiños de Asados celebra os seus 85 aniversario cunha gala "Esta noite, velada" no Auditorio de Rianxo. A gala, que conta con 3 funcións, terá lugar nos seguintes días: Venres 21 de setembro, ás 21.00 horas. Sábado 22 de setembro, ás 21.00 horas. Domingo 23 de setembro, ás 19.00 horas. Contarán coas colaboracións de Barahúnda, José Luís Do Pico Orjais e Río de Anxo. ...
O grupo de teatro Airiños de Asados celebra os seus 85 aniversario cunha gala "Esta noite, velada" no Auditorio de Rianxo. A gala, que conta con 3 funcións, terá lugar nos seguintes días: Venres 21 de setembro, ás 21.00 horas. Sábado 22 de setembro, ás 21.00 horas. Domingo 23 de setembro, ás 19.00 horas. Contarán coas colaboracións de Barahúnda, José Luís Do Pico Orjais e Río de Anxo. ...
O vindeiro sábado 1 de setembro, ás 11.00 horas, terá lugar na Casa do Concello de Rianxo unha charla coloquio arredor do traslado do busto de Castelao a Rianxo, o papel do Patronato da Cultura Galega de Montevideo e a proxección do documental Yolanda sempre en Galiza. No acto contarase coa presenza de: - Yolanda Díaz Gallego (cofundadora do Patronato da Cultura Galega no Uruguai) - Raquel...
Ás 21.00 horas, na Praza de Rafael Dieste, o grupo de percusión ODAIKO presentará o seu espectáculo Invención. Destinado para un público infantil e familiar. En “Invención”, a imaxinación e a creatividade son pezas fundamentais para a creación de novos obxectos e para buscar solucións ás que o ser humano se ten que enfrontar no día a día. Pasando por moitas invencións, dende as máis sinxelas...
Ata o 20 de setembro pode visitarse, na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo, a exposición: Galicia-Cabo Verde: unha irmandade, pertencente ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A exposición está formada por 20 paneis a toda cor, con algunhas das fotografías máis significativas de Rober Amado, gañador da primeira edición do concurso fotográfico ‘Imaxes con Fondo’, na súa viaxe...
O venres 17 de agosto, ás 22.00 horas, terá lugar no Paseo Marítimo Rianxeiro (na baixada dende a Carballeira), a inauguración do grupo escultórico Santa Compaña, de Nuco Losada Romero. No acto de inauguración, ademais do autor das esculturas, intervirán Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo; e Xesús Santos, escritor e actor.
Se gustas de converter en materia estética a realidade cotiá... Se queres inventar coa palabra outros mundos máis interesantes…. Se aspiras a que na túa imaxinación as persoas volvan nacer, tal vez mellores e máis fermosas do que en realidade foron... Se desexas que a literatura faga vida en ti e, por que non, nas lectoras e lectores… Agardamos por ti. As historias no espello Impartido por...
Gravados de Rosana Calvo e Nacho C. Beiro inspirados no mundo do jazz forman parte da exposición "Trazos Sonoros" que pode visitarse dende o 30 de xullo ao 11 de agosto na sala de exposicións do auditorio de Rianxo. A exposición forma parte do programa Noites de Jazz Festival en colaboración co Museo do Arte e do Gravado e da Estampa de Ribeira.
O vindeiro venres 27 de xullo é o día adicado á Música e Lingua co repaso da nosa música contemporánea e o papel da muller nela. Desenolveranse dúas propostas: CHARLA COLOQUIO - 20.00 horas - Salón de actos do Auditorio de Rianxo Con Xosé Antonio Bocixa, Paco Cerdeira e Laura Romero CONCERTO - 00:15 horas - Curral do Marqués en Taragoña Zénzar en concerto dentro do Festival...