Educación e Cultura - concelloderianxo
EDUCACIÓN E CULTURA
INFORMACIÓN XERAL
Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo
981 100 688
cultura@concelloderianxo.gal
Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística
horario de inverno:
luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00
horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
sábados: 10.00 - 14.00
Educación e Cultura
Gravados de Rosana Calvo e Nacho C. Beiro inspirados no mundo do jazz forman parte da exposición "Trazos Sonoros" que pode visitarse dende o 30 de xullo ao 11 de agosto na sala de exposicións do auditorio de Rianxo. A exposición forma parte do programa Noites de Jazz Festival en colaboración co Museo do Arte e do Gravado e da Estampa de Ribeira.
O vindeiro venres 27 de xullo é o día adicado á Música e Lingua co repaso da nosa música contemporánea e o papel da muller nela. Desenolveranse dúas propostas: CHARLA COLOQUIO - 20.00 horas - Salón de actos do Auditorio de Rianxo Con Xosé Antonio Bocixa, Paco Cerdeira e Laura Romero CONCERTO - 00:15 horas - Curral do Marqués en Taragoña Zénzar en concerto dentro do Festival...
O xoves 19 de xullo, o Mago Antón está na Praza de Castelao en Rianxo co espectáculo A volta a Galicia en 313 concellos. Realizaranse varios pases nos seguintes horarios: 13.30 h, 19.00 h, 20.00 h, 21.00 h. e 22.00 horas. A proposta está enmarcada na Feira do Libro de Rianxo e conta forma parte da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Os asistentes terán a oportunidade de...
O grupo Batuko Tabanka ofrece un concerto o vindeiro domingo 22 de xullo, ás 19.00 horas, en Campo de Pazos (Taragoña) grazas a colaboración do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A proposta enmarcase dentro do Verán Cultural nas Festas de Taragoña. Doce mulleres de Cabo Verde, afincadas en Burela, baten con furia e alegría sobre un pano pregado que colocan entre as pernas: o batuko....
Todos os xoves do mes de xullo, ás 22.30 horas, desenvolverase o programa NOITES DE CINE nos xardíns da Martela, enmarcado no Verán Cultural 2018. As películas que se proxectarán son as seguintes: Xoves 5 de xullo: Gisaku Xoves 12 de xullo: Cen anos de perdón Xoves 19 de xullo: La la land: a cidade das estrelas Xoves 26 de xullo: Os Fenómenos No caso de condicións meteoróloxicas...
Todos os xoves do mes de xullo, ás 22.30 horas, desenvolverase o programa NOITES DE CINE nos xardíns da Martela, enmarcado no Verán Cultural 2018. As películas que se proxectarán son as seguintes: Xoves 5 de xullo: Gisaku Xoves 12 de xullo: Cen anos de perdón Xoves 19 de xullo: La la land: a cidade das estrelas Xoves 26 de xullo: Os Fenómenos No caso de condicións meteoróloxicas...
O grupo de danza "Dominic Graham School" de Irlanda actúa en Rianxo, na Praza de Castelao, o vindeiro domingo 22 de xullo ás 22.30 horas. Nesta proposta estarán acompañados musicalmente por: Harry.c (director musical e violinista), Beatriz Martínez (arpa), Diego Langarika (guitarra acústica e bouzouki) e Daniel Riveiro (percusión) e cunha colaboración especial da Asociación de música e baile...
O grupo de danza "Dominic Graham School" de Irlanda actúa en Rianxo, na Praza de Castelao, o vindeiro domingo 22 de xullo ás 22.30 horas. Nesta proposta estarán acompañados musicalmente por: Harry.c (director musical e violinista), Beatriz Martínez (arpa), Diego Langarika (guitarra acústica e bouzouki) e Daniel Riveiro (percusión) e cunha colaboración especial da Asociación de música e baile...
O venres 20 de xullo, ás 12.00 horas, a compañía Xarope Tulú chega ao Campo de Arriba co espectáculo O cardume. A proposta está enmarcada na Feira do Libro 2018 e forma parte do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña. O cardume é un espectáculo para tódolos públicos que combina a narración oral coa música en vivo. Onde o público participa da narración, convertíndose en ocasións en...
Noites de Jazz, organiza accións formativas en colaboración coa Escola de Música de Rianxo: OBRADOIRO DE INICIACIÓN MUSICAL Do 30 de xullo ao 3 de agosto, de 11:00 a 13:00 h. Destinado a nenos e nenas de 8 a 12 anos. Máximo 20 prazas. Inscrición do 17 ao 24 de xullo, de 09:00 a 13:30 h, no auditorio de Rianxo (ou, no mesmo horario e días, no telf. 881 862 879). CURSOS (Sala Arcos...
A Coral de Saint Luc de Banabakintú, de Costa de Marfil, ofrecerá un concerto en Rianxo, o vindeiro domingo 22 de xullo ás 13.00 horas, na praza de Rafael Dieste. A proposta está enmarcada no Verán Cultural 2018 que organiza o Concello de Rianxo, e nesta ocasión cóntase coa colaboración da ONG Égueire.
O II Festival INTERRITMOS: Baile e música tradicional, terá lugar o día 28 de xullo (de 21:00 a 00:00 h) na praza de Castelao en Rianxo (A Coruña). Este certame está dirixido a solistas e grupos (legalmente constituídos) de música e baile tradicional, que sexan maiores de idade, e residan no estado español. PREMIOS De entre todos os participantes seleccionaranse cinco (5) finalistas, que...
O venres 20 de xullo, a partir das 23.00 horas, terá lugar na Praza de Castelao o Festival Internacional de Baile Tradicional, coas agrupacións Rkud Jedinstvo de Serbia e os Pauliteiros de Miranda de Portugal. A proposta está organizada polo Concello de Rianxo e a Asociación Meiramar-Axóuxere de Moaña. Rkud Jedinstvo de Serbia Pauliteiros de Miranda de Portugal
A orquestra de folk de Galicia, Sondeseu, presenta en Rianxo o seu novo traballo Beiralúa. O concerto terá lugar o vindeiro sábado 21 de xullo ás 23.00 horas na Praza Castelao. A proposta está organizada polo Concello de Rianxo co patrocinio de Aluminios Cortizo e enmárcase no programa Verán Cultural 2018, coincidindo coa celebración da Festa da Xouba e da Feira do Libro. Beiralúa é un...
Cartel do #VeránCultural2018 #Xullo organizado pola Área de Cultura do Concello de Rianxo. Máis propostas no mes de xullo organizadas polas entidades e coa colaboración do Concello: - Noite moucha da Zona Comercial A Martela, 12 de xullo - Virxe Do Carme de Rianxo, do 13 ao 16 de xullo - Festas do verán en Taragoña, do 19 ao 22 de xullo - XXVI FESTA DA XOUBA da ARE Rianxo, o 21 e 22 de xullo...
O XIV Ciclo de Bandas dará comezo este vindeiro sábado 7 de xullo, nos Xardíns da Martela, ás 21:30 horas, co concerto da Banda de Música Santiago de Arteixo. Este ciclo ven promovido pola Escola de Música de Rianxo en colaboración co Concello de Rianxo, a Deputación da Coruña e a Zona Comercial A Martela. Os seguintes concertos do ciclo serán: Banda de Música de Cee: 27 de xullo ...
A Asociación Ambar das persoas con diversidade funcional presenta no Auditorio de Rianxo a súa exposición "35 anos de vida e emoción". Poderase visitar de luns a venres de 09:00 a 13:30 e os sábados de 10:30 a 13:30. A inauguración será o vindeiro 3 de xullo ás 12:00 h e poderase visitar ata o 21 de xullo.
A Escola de Música de Rianxo pecha o curso 2017-2018 cun festival, que malia inicialmente estar prevista a súa realización no Campo de Arriba, tamén se traslada ao auditorio, por mor da inestabilidade atmosférica prevista. Neste festival, que se desenvolverá en 2 sesións, poderemos desfrutar das colaboracións e intervencións musicais do alumnado da Escola de Música de Rianxo que ao longo...
O grupo de Teatro Úrsula de Catoira vai representar en Rianxo a peza teatral: O Viquingo Converso, autoría do rianxeiro Xesús Santos, baixo a dirección de Fátima Rey. As representacións teatrais, inicialmente previstas para desenvolver ao aire libre, na praza de Rafael Dieste, trasládanse ao Auditorio - Sala Arcos Moldes, por mor da inestabilidade atmosférica prevista para estes...
Todos os xoves do mes de xullo, ás 22.30 horas, desenvolverase o programa NOITES DE CINE nos xardíns da Martela, enmarcado no Verán Cultural 2018. As películas que se proxectarán son as seguintes: Xoves 5 de xullo: Gisaku Xoves 12 de xullo: Cen anos de perdón Xoves 19 de xullo: La la land: a cidade das estrelas Xoves 26 de xullo: Os Fenómenos No caso de condicións meteoróloxicas...
Zona da Zanfona, o único festival temático sobre este instrumento na Península Ibérica, celebra máis unha vez o seu encontro anual na ría de Arousa. Organizado polo conservatorio de música tradicional e folque, aCentral Folque, chega a súa XIV edición co apoio do Concello de Rianxo. Mantéñense as datas de verán, desta volta do 6 ao 8 de xullo, e desenvolverá un programa para todos os...
O venres 29 de xuño, ás 19.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo terá lugar o concerto do grupo Pres de Cambrai titulado O segredo do pergamiño Vindel: 100 anos de música para as cantigas. Antes de que o grupo comece co concerto haberá unha presentación dos traballos de recupación e posta en valor do Castelo da Lúa, onde intervirán Gonzalo Buceta Bruneti, restaurador-director;...
Continua o II CICLO DE NOVOS INTÉRPRETES, o venres 22 de xuño, ás 20.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo; nesta ocasión o rianxeiro Martín Castro Tubío ofrecerá un concerto xunto coa agrupación Psaiko Quartet. MARTÍN CASTRO TUBÍO (saxofón) con PSAIKO QUARTET Martín Castro Tubío nace en Rianxo en 1997. Empeza aos 8 anos na Escola de Música de Rianxo estudando...
Pereira de Lobos, do CEIP Rosalía de Castro de Carril, presenta Berenguela, aventuras e desventuras dunha espiña de toxo. A representación teatral terá lugar o vindeiro domingo 10 de xuño, ás 12.30 horas, no Centro Social da Atalaia en Asados. A proposta está organizada polo grupo de Teatro Airiños de Asados coa colaboración do Concello de Rianxo.
A nova produción do Centro Dramático Galego, Divinas Palabras Revolution, vén á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o sábado 16 de xuño ás 21.00 horas. Divinas Palabras Revolution é unha traxicomedia de aldea global a partir da obra de Ramón María del Valle-Inclán e baixo a direción de Xron. Está recomendada para persoas maiores de 16 anos, e ten unha duración de 2 horas. As entradas...
O venres 8 de xuño, ás 20.30 horas, comeza o II Ciclo de Novos Intérpretes no que Olalla Rodríguez Gómez ofrecerá un concerto de violoncello, acompañada de Brais González Pérez ao piano, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. A proposta está enmarcada no II Ciclo de Novos Intérpretes promovido polo Concello de Rianxo coa colaboración da Escola de Música de Rianxo e a Deputación da...
O próximo venres 1 de xuño, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, o grupo teatral Martabelas presenta a obra A cousa de Bernarda Alba. A función terá lugar as 21.00 horas. A entrada ten un custo de 2 € e pode adquirirse unha hora antes na billeteira do auditorio. Esta proposta está organizada polo Grupo de teatro Airiños coa colaboración do Concello de Rianxo.
O sábado 2 de xuño, ás 20.00 horas, a compañía Malasombra trae ao escenario da sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo Os fabulosos cleaners, un sorprendente espectáculo visual con pompas de xabón. Está recomendada para público familiar, con nenos e nenas a partir de 3 anos. A entrada é de balde ata completar capacidade. A retirada deberá facerse unha hora antes do comezo do...
Na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, o vindeiro venres 25 de maio, ás 20.30 horas, terá lugar a saída do suplemento cultural A Voz de Barbantia (número 135) e a presentación da obra: Poesía mínima / Minimal Poetry, de Helena Villar Janeiro. Intervirán no acto, amais da autora: - María Xesús Blanco, vicepresidenta de Barbantia - Henrique Alvarellos, director de...