Educación e Cultura - Concello de Rianxo
EDUCACIÓN E CULTURA
INFORMACIÓN XERAL
Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo
981 100 688
cultura@concelloderianxo.gal
Concellería de Educación e Cultura
Horario de inverno:
luns - venres: 08.00 - 15.00
Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural
EDUCACIÓN E CULTURA
Concerto de Proxecto NIT (cuarteto de jazz), último concerto do VII Ciclo de Novos Intérpretes, organizado pola Escola de Música de Rianxo, en colaboración co Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña. Proxecto NIT (cuarteto de jazz) está formado por Javi Regos (baixo eléctrico), Israel Figueirido (piano), David Galbán (batería) e Bernal Muíños (saxofón). Onde: Sala Arcos Moldes - Centro...
Teatro infantil: O rapto da Befana, da compañía Olivas Negras, unha proposta de comedia de máscaras con personaxes que veñen de Italia, unha pequena aventura, varios enredos, moita música, alegría e comedia Cando? sábado 30 novembro, ás 19.00 h Onde? Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo - Sala Arcos Moldes Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites na billeteira...
Danza contemporánea: Tabú, de Colectivo Globo, quinteto de danza contemporánea. En co-produción co Centro Coreográfico Galego. Cando? venres 29 novembro, ás 21.00 h Onde? Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo - Sala Arcos Moldes Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites na billeteira do Auditorio dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa)....
Teatro amador Unha Rosa é... unha Rosa, basada no texto de Suso de Toro e dirixida por Eugenia Sanmartin, representado polo grupo amador A Tenencia Teatro, e organizado polo grupo de teatro rianxeiro Airiños. Cando: sábado 23 novembro, ás 20.00 h Onde: Sala Arcos Moldes do Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo. Sinopse (Luz sobre o vaso de caña) A vella tía Rosa, quedou solteira e...
Monólogo: Soa, de Rogelia Dos Outeiros, dirixido por Fran Rei. Cando? venres 22 novembro, ás 20.30 h Onde? Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo - Sala Arcos Moldes Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites na billeteira do Auditorio dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa). Duración: 55 min. Público recomendo: + 12 anos. Proposta ao...
Teatro Amador: Comedia Bífída, de Manuel Núñez Singala, representada polo Grupo de Teatro Amador Terra de Outes. Cando: domingo 17 novembro, ás 19.00 h. Onde: Centro Sociocultural A Capela - Araño Entrada de balde ata completar a capacidade. Proposta ao abeiro da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Sinopse: Comedia disparatada, baseada na obra de Manuel Núñez Singala, que xulga os...
Continúa o VII Ciclo de Novos Intérpretes, organizado pola Escola de Música de Rianxo, evento musical que achega ao público as novas xeracións de artistas. En colaboración co Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña. O vindeiro concerto será o Trío Sira, grupo formado por Alejandro Sanjiao Sexto (Clarinete), Miriam Pardal Figueiro (Trompa) e Aitana Alcalde Ares (Fagot). Onde: Sala...
A exposición Fauna Esencial, que chega a Rianxo no mes de novembro, recolle un percorrido pola beleza e fraxilidade das especies máis representativas da nosa contorna natural a través dunhas impresionantes fotografías, acompañadas de información detallada. Esta exposición realizase no marco do proxecto Cultura por alimentos, da Fundación Obra Social Abanca. Cando: do 08 de...
Continúa o VII Ciclo de Novos Intérpretes, organizado pola Escola de Música de Rianxo. evento musical que achega ao público as novas xeracións de artistas. En colaboración co Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña. O vindeiro concerto será o cuarteto de trombóns Four For The Slide., composto por Emma Giménez Maneiro, Brais Fernández Vila, Brais Fontán Lorenzo e Martín Bahamonde...
Obradoiro de Banda Deseñada con Inés Vázquez, dirixido a mocidade de 08 a 13 anos. Proposta do programa de dinamización lingüística Falaredes. Cando: Venres 08 novembro, ás 19.00 h. Onde: Centro Sociocultural- Auditorio de Rianxo Precisase inscrición previa, no correo cultura@concelloderianxo.gal ou no teléfono 981 100 688. Inscricións ata o venres 08 ás 14.00 h ou ata esgotar...
Concerto de presentación do disco Basal de A Pedreira, liderados pola artista galega Ugía Pedreira. O disco Basal é unha fusión de estilos diversos pintando a música galega desde o magma da composición. Cando: sábado 16 de novembro, ás 20.30 h Onde: Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo Proposta ao abeiro do programa Outono das Artes da Deputación da Coruña. Entrada de balde ata...
Contando en feminino: Contos sobre a igualdade, a cargo de Asociación Lisitrata, coa contadora Ana Hermida. Cando: Venres 15 novembro, ás 19.00 h. Onde: Centro Sociocultural Faustino Rey Romero - Casa da República - Isorna Público familiar. Entrada de balde ata completar a capacidade. Proposta ao abeiro da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Contando en feminino Historias contadas...
VII Memorial Mireya Dieste: Presentación de A Mansión dos anxos. Música de Salao de compositores pontevedrinos do século XIX. Coa presenza do editor Javier Jurado e co concerto a cargo de Alejo Amoedo ao piano. Proposta organizada pola Irmandade da Música Galega, en colaboración co Concello de Rianxo e de Dos Acordes. Cando: sábado 09 de novembro, ás 21.00 h Onde: Sala Arcos Moldes do...
Regueifeando pola Coruña! un desafio oral entre os grandes regueifeiros da Comarcar de Bergantiños, con Antonio e Suso de Xornes. Cando: Venres 08 de novembro, ás 20.00 h Onde: Centro Cultural Vicente Vidal - Leiro. Entrada de balde ata completar a capacidade. Proposta ao abeiro da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
Logo da acollida que xa que xa tivo este pasado verán no marco da Feira do Libro de Rianxo, o Auditorio de Rianxo, acolle o vindeiro venres día 25 a presentación da novela A MIÑA VIDA NOUTRO LUGAR da autora rianxeira ROSA SUÁREZ REDONDO. Esta nova cita coa autora será ás 20:30 h e desta volta estará acompañada na presentación pola escritora Mª Carmen Carames Gorgal, o escritor e investigador...
O campo de Arriba de Rianxo volverá a vivir unha xornada chea de tradición e música coa celebración dunha nova edición do SERÁN organizado pola Asociación Vai de Roda. O evento terá lugar o vindeiro sábado 26 de outubro. Está previsto comezar ás 20.00 horas co seranciño para o goce das crianzas máis pequechas. Coa celebración dos seráns, unha tradición moi...
Publícanse as listaxes de admisión e a información para a matrícula nas distintas aulas socioculturais. Artesanía creativa Publícase a listaxe de admitidas e a listaxe de reservas. Listaxe de admitidas Artesanía Creativa A vindeira semana comunicarase por mail e por teléfono onde se recolleran os recibos de pagamento e o prazo. As persoas admitidas que finalmente non vaian facer...
Circo-teatro: Só de Xampatito Pato Cando? sábado 02 novembro, ás 19.00 h Onde? Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo - Sala Arcos Moldes Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites na billeteira do Auditorio dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa). Duración: 50 min. Público familiar Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural 2024 da...
MÚSICA: VII Ciclo de Novos Intérpretes A Escola de Música de Rianxo organiza o VII Ciclo de Novos Intérpretes, un evento musical que achega ao público as novas xeracións de artistas, ofrecendo unha serie de concertos que terán lugar no Centro Sociocultural-Auditorio - Sala Arcos Moldes. En colaboración co Concello de Rianxo. Quen? Alejandro Sanjiao (clarinete) Cando? Domingo 27, ás 18.30 h...
A compañía Talía Teatro traerá a Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a súa obra Unha inimiga do pobo. A obra, basada no texto de Henrik Ibsen, está dirixida por Tito Asorey e a dramaturxia foi realizada pro Vanesa Sotelo e Tito Asorey. O elenco está composto por: Marta Lado, Toño Casais, Dani Trillo, Rubén Prieto, Marta Ríos, María Ordóñez, Diego Rey, Artur Trillo, Xurxo Barcala. Cando?...
A compañía de teatro amador Martabelas Teatro representará a obra Segredos de Familia e licor café no Centro Sociocultural Atalaia (Asados). Cando? Venres 25 de outubro, ás 20.00 h Onde? Centro Sociocultural Atalaia - Asados Entrada de balde ata completar a capacidade. Proposta ao abeiro da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Máis información: Xénero: Comedia negra Duración: 90...
O próximo venres, 18 de outubro, ás 18:00 horas, o grupo Migallas Teatro traerá o seu espectáculo musical infantil Cantaxoga ao pavillón do CEP Brea Segade, en Taragoña. Trátase dunha actividade lúdica e educativa, dirixida especialmente ao público infantil, onde as cancións, os xogos e o teatro únense para facer gozar aos máis pequenos. Onde?: Pavillon do Cep Brea Segade de Taragoña ...
O vindeiro sábado 05 de outubro, ás 11.00 h, realizarase o acto de apertura da exposición de pintura Reflejos del Alma, da artista Raquel Rey. A exposición poderá visitarse do 05 de outubro ao 02 de novembro, na Sala de exposicións do Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo, no horario habitual do auditorio. Quen é Raquel Rey? Son unha artista madrileña nacida no barrio de...
Presentación do libro IRIBARNE de Esther F. Carrodeguas, e posterior coloquio arredor da obra levada a escena pola compañía ButacaZero, coa presenza da autora e produtora, acompañada do director da compañía Xavier Castiñeira e do Concelleiro de Cultura Julio Alcalde. Cando? Sábado 05 outubro, 12.00 h Onde? Centro Sociocultural Auditorio de Rianxo
MÚSICA: VII Ciclo de Novos Intérpretes A Escola de Música de Rianxo organiza o VII Ciclo de Novos Intérpretes, un evento musical que achega ao público as novas xeracións de artistas, ofrecendo unha serie de concertos que terán lugar no Centro Sociocultural-Auditorio - Sala Arcos Moldes. Todos os concertos celebraranse ás 12:30 h. En colaboración co Concello de Rianxo e a Deputación de Coruña. ...
Sobes ao autobús do teatro? Programa de mobilidade do Centro Dramático Galego O Concello de Rianxo participa novamente no programa de mobilidade do Centro Dramático Galego, coa proposta para asistir á obra "Terceiro Acto", con dirección e dramaturxia a cargo de Andrea Jiménez e Noemí Rodríguez. Lugar: Salón Teatro de Santiago de Compostela. Data: Sábado, 19 de outubro Prezo: 5 euros Hora...
Teatro: Iribarne. Produción ButacaZero en coprodución co Centro Dramático Nacional e a MIT de Ribadavia. Texto de Esther F. Carrodeguas e dirixida por Xavier Castiñeira. En Escena: Mónica García, Xurxo Cortázar, Anxo Outumuro, Lidia Veiga, Jorge De Arcos, E Esther F. Carrodeguas. Cando? 04 outubro, ás 20.00 h Onde? Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo - Sala Arcos Moldes Entrada de...
GRAVADO (INTRODUCIÓN AO LINOGRAVADO E AUGAFORTE) Finalidade: Este curso, que se desenvolve en colaboración co Museo do Gravado á Estampa Dixital do Concello de Ribeira, pretende fomentar a arte gráfica introducindo as técnicas básicas do gravado (preparación de matrices, transferencia de imaxes, limpeza e entintado e impresión) en linogravado e augaforte. Destinatarios: Maiores de 16 anos. ...
CANTO: Finalidade: Fomentar o convivio musical e contribuír ao benestar e a un envellecemento activo. Aprender diversos aspectos básicos técnicos da voz, que permitirán un mellor autocoñecemento e disfrute do propio instrumento. Traballar aspectos como a música en conxunto para desenvolver o traballo en equipo. Destinatarios: Maiores de 50 anos. Docente: Esperanza Mara Filgueira Rama. ...
ARTESANÍAS CREATIVAS: Finalidade: Fomentar a creatividade que, ademais de permitirnos facer da nada, con materiais sinxelos, algo que sae do noso maxín, nos axuda a resolver os problemas aos que nos enfrontamos día a día. Destinatarios: Maiores de 14 anos. Docente: Electra Menéndez. Calendario: Os xoves 17, 24 e 31 de outubro; 7, 14, 21 e 28 de novembro; 5, 12 e 19 de decembro e 9, 16, 23 e...
ESCRITA CREATIVA (INTRODUCIÓN): PÁXINA E PERSPECTIVA Finalidade: Antonio Piñeiro guiará un laboratorio de escrita no que explorarmos as claves e os secretos da dicción eficaz, da creatividade de estilo, da arte e da expresión que, combinando a iniciación co ensaio continuo, nos meta na emocionante aventura da creación da nosa obra literaria. Este curso desenvólvese en colaboración coa...
VENRES 27 E SÁBADO 28 DE SETEMBRO - No entorno da Carballeira e do Hórreo - O Araño. Organizado pola Asociación Cultural Carballeira de Baia e a Asociación de Veciños do Araño. Patrocinado pola Deputación da Coruña e coa colaboración do Concello de Rianxo. Amplo e variado programa de actividades dirixido a todas as idades que comezará na tarde do venres 27 e terá continuidade ao longo...
Representación das pezas FRACTURAS e ERGE O CU creadas ao abeiro do Proxecto ENTRE PALAV·BRAS coproducida polo CDG e ButacaZero SÁBADO 28 DE SETEMBRO - 20:30 h. Sala Arcos Moldes do Auditorio (Rianxo). ENTRADAS: de balde ata completar capacidade, retirada de convites dende unha hora antes do comezo da función na billeteira do Auditorio + información Entre Palav·bras son...
Preestrea da obra "CORTELLO DE AMOR" a cargo da compañía AMORODIO TEATRO, creada en residencia escénica no Auditorio de Rianxo. VENRES 27 DE SETEMBRO - 21:00 h. Sala Arcos Moldes do Auditorio (Rianxo). PÚBLICO: maiores de 12 anos. ENTRADAS: de balde ata completar capacidade, retirada de convites dende unha hora antes do comezo da función na billeteira do Auditorio. + Información: ...
1. FINALIDADE O programa de Aulas Socioculturais e Ocio Educativo articúlase como unha proposta de animación sociocultural, difusión da cultura popular e educación de adultos, coa finalidade de promover e potenciar o desenvolvemento individual e colectivo da veciñanza adulta rianxeira a través da acción cultural socioeducativa. Xunto coas aprendizaxes e técnicas específicas de cada...
SÁBADO 14 DE SETEMBRO 20:00 h. Auditorio de Rianxo - CERTAME DE CORAIS no marco das Festas da Guadalupe. Coa participación de CORAL SAN BLAS DE BUDIÑO (O PORRIÑO), CORAL SANTA MARÍA DE CAMBRE, CORAL AIRIÑOS DE NÓS (OLEIROS) e CORAL ABRAIRA (ASADOS). Organiza: Centro Cultural Simón Varela de Asados
O vindeiro sábado 14 de setembro, no marco das Festas de Guadalupe celebraráse a VERBENA SINFÓNICA coa BANDA DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO, baixo a batuta de Rafael Collazo e con arranxos de Alfredo Susavila. Esta nova edición consiste nun 1 único pase de cun amplo e variado repertorio de verbena, pop e rock sinfónico coas voces de Pedro Regueira e Silvia Ferre. Na Praza...
Do 12 ao 17 de agosto poderá visitarse no Auditorio de Rianxo a exposición "Títeres históricos checos da colección de Marie e Pavel Jiráskovi", no marco do Festival Titiriberia 2024. O acto inaugural, con visita guiada a exposición, será o vindeiro luns 12 ás 19.30 h. Os horarios de visita serán de luns a sábado de 11.00 a 14.00 h e de 19.00 a 21.00 h (pechado o domingo a tarde). Contará...
Xornada de Obradoiros de cultura urbana: de rap, estampado de camisetas e breaking. LUGAR: Campo de Arriba e Praza de Castelao (Rianxo) DÍA: xoves 08 de agosto HORA: de 19.00 a 21.00 h Espectáculo “Ópera Break’s”. LUGAR: Praza de Castelao (Rianxo) DÍA: xoves 08 de agosto HORA: 21.30 h Ópera Break´s é un espectáculo que mestura Ópera, Breakdance, Beatbox e Dj...
Rock and Magic, espectáculo de maxia e rock and roll do Mago Teto. LUGAR: Campo de Arriba (Rianxo) DÍA: venres 09 de agosto HORA: 21.00 h Proposta incluída na programación de Cultura no Camiño da Xunta de Galicia. Máis información do espectáculo. Rock ‘n’ Magic, dirixido por Fran Rei, é mais que un espectáculo de maxia; é un concerto de rock and roll. O Mago Teto, un dos...
III Festa Gastronómica na Veliña de Leiro. LUGAR: Praza da Veliña (Leiro) DÍA: sábado 10 de agosto HORA: a partir das 13.00 h Organizada pola Asociación Virxe do Carme de Leiro coa colaboración do Concello de Rianxo, Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Rianxo e Asociación de Armadores da Solla do Ulla
O Titiriberia: Festival de títeres tradicionais, organizado pola asociación Morreu o Demo co apoio do Concello de Rianxo, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña, celebrarase entre o 12 e 18 de agosto cun cartel que inclúe 30 funcións da man de 20 compañías, ademais de obradoiros, mesas redondas e proxeccións. Un dos pratos fortes deste Titiriberia será a chamada Feira Vella, unha...
Esta semana celebrase o Festival Noites de Jazz Rianxo 2024, dende o martes 30 de xullo ao venres 02 de agosto. Os concertos serán ás 22.00 h no Campo de Arriba: Martes, 30/07 EMR Big Band Mércores, 31/07 Simón García Quartet Xoves, 01/08 Marcel Pascual Quinteto Venres, 02/08 The Sar Swing Quintet O festival conta ademais con actividades paralelas relacionadas co mundo do Jazz:...
Obradoiro de Swing. A nova era do baile social no Festival Noites de Jazz organizado polo Concello de Rianxo. LUGAR: Salón de actos do Cuartel Vello (Rianxo) DATAS: do 26 ao 30 de xullo do 2024 HORA: de 20.30 a 22.30 h DOCENTE: Francisco Muñiz (A. C. Alecrín) PARTICIPANTES: mínimo 10 e máximo 20 persoas INSCRICIÓNS: do 15 ao 24 de xullo, de 10.00 a 14.00 h., no teléfono 698 150 432 ...
RianClown, VI festival cómico de rúa en Rianxo, organizado pola Asociación Virxe do Carme de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo, Deputación da Coruña e Charlatana. Do 12 ao 16 celébrase o VI Festival Cómico de Rúa de Rianxo, na Praciña. venres, 12 de xullo | 20:30h | Peter Punk Pallaso sábado, 13 de xullo | 12:00h | Cris Collazo domingo, 14 de xullo | 12:00h | Os Jalochos ...
Concerto da Banda de Música Municipal da Estrada. LUGAR: Campo de Arriba DÍA: sábado 13 de xullo HORA: 13.00 h Concerto da Banda de Música Xuvenil de Barro. LUGAR: Campo de Arriba DÍA: sábado 20 de xullo HORA: 21.30 h Concerto da Banda da Escola de Música de Rianxo e Brincadeira. LUGAR: Praza de Castelao DÍA: venres 26 de xullo HORA: 21.30 h
Noite Focl: SilvaRedonda e Ailá. LUGAR: Praza de Castelao (Rianxo) DÍA: martes 16 de xullo HORA: 22.00 h A Noite Folc enmarcase no Verán Cultural organizado polo Concello de Rianxo e ten lugar na celebración das Festas do Carme de Rianxo. A actuación de Ailá presentando o seu novo traballo Sansolimón forma parte da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña Ailá é unha...
Educación de Adultos, Graduado en Educación Secundaria. REQUISITOS: Ter 18 anos cumpridos a día 31 de decembro Posuír o título de Graduado Escolar ou ter superado 1º e 2º da ESO INSCRICIÓN Do 24 de xuño ao 16 de agosto En horario de 10.00 a 13.00 h Centro Social Liceo de Rianxo - Rúa Rinlo, 23 liceo@concelloderianxo.gal 881 86 22 25 // 881 98 74 71
SESIÓN 1. Aulas de: frauta, óboe, saxofón, trompeta, percusión e banda infantil. LUGAR: Campo de Arriba de Rianxo DÍA: sábado 29 de xuño HORA: 11.30 h SESIÓN 2. Aulas de: fagot, clarinete, bombardino, trombón, tuba e iniciación musical. LUGAR: Campo de Arriba de Rianxo DÍA: sábado 29 de xuño HORA: 19.00 h SESIÓN 3. Aulas de: canto, guitarra, violonchelo, violín, contrabaixo, baixo...
Exposición As Mulleres e o Mar, pinturas e gravados de Antonio Pérez LUGAR: sala de exposicións do Auditorio de Rianxo DATAS: do venres 21 de xuño ao 28 de xullo APERTURA DA EXPOSICIÓN: venres 21 de xullo, ás 21.00 horas, coa presentación a cargo de Xoán Pastor Rodríguez; Director do Museo do Gravado de Artes e membro de Barbantia
Teatro, Fraktal a cargo do grupo Ska-rnio Escénico da Escola de Teatro Airiños. LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo DÍA: venres 21 de xuño HORA: 20.00 h ENTRADA: de balde ata completar capacidade. Teatro, Ali, sía e o país das marabillas a cargo do grupo Teatrinclis da Escola de Teatro Airiños. LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo DÍA: sábado 22 de xuño HORA:...
Teatro, O meu mundo non é deste reino a cargo de Armadanzas Teatro da Asociación Ondiñas Mainas. LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo DÍA: domingo 16 de xuño HORA: 19.00 h ENTRADA: de balde ata completar capacidade. Recollida de convites dende unha hora antes do comezo do espectáculo na billeteira do auditorio (máximo 2 por persoa)