Educación e Cultura - Concello de Rianxo
EDUCACIÓN E CULTURA
INFORMACIÓN XERAL
Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo
981 100 688
cultura@concelloderianxo.gal
Concellería de Educación e Cultura
Horario de inverno:
luns - venres: 08.00 - 15.00
Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural
EDUCACIÓN E CULTURA
A Escola do grupo de teatro Airiños de Asados, dirixida por Amantia Coello, organiza o 22 e o 28 de xullo unha Mostra de Teatro con diferentes representacións na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo O sábado 22 de xuño as pezas que representarán son: 18.00 horas: Xogamos a ...? Interpretada por Teatrinclis de Airiños. 20.30 horas: Unha de contos descontados. Interpretada polo Grupo das...
A Escola do grupo de teatro Airiños de Asados, dirixida por Amantia Coello, organiza o 22 e o 28 de xullo unha Mostra de Teatro con diferentes representacións na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo O sábado 22 de xuño as pezas que representarán son: 18.00 horas: Xogamos a ...? Interpretada por Teatrinclis de Airiños. 20.30 horas: Unha de contos descontados. Interpretada polo Grupo das...
A Escola do grupo de teatro Airiños de Asados, dirixida por Amantia Coello, organiza o 22 e o 28 de xullo unha Mostra de Teatro con diferentes representacións na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo O sábado 22 de xuño as pezas que representarán son: 18.00 horas: Xogamos a ...? Interpretada por Teatrinclis de Airiños. 20.30 horas: Unha de contos descontados. Interpretada polo Grupo das...
Este sábado 15 de xuño, ás 12.30 horas, no salón de actos do Auditorio de Rianxo, terá lugar a presentación do libro de Ana Valín "El vals de las hormigas". Que pasaría se o noso corazón fose un músculo brando e feble, incapaz de resistir grandes emocións? E se a nosa grande incapacidade para non meternos en problemas nos impedise ver o amor da nosa vida a tan só uns escasos metros? Poderiamos...
Do 11 de xuño ao 17 de xullo, o Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo acollerá a exposición promovida polo Consello da Cultura Galega Alba de Gloria de Castelao. Unha experiencia. A inauguración da exposición realizarase o martes 11 de xuño, ás 20.30 horas. Os horarios de apertura serán os seguintes: Do 12 ao 14 de xuño: de 11:00 a 13:45 e de 18:00 a 21:45 horas. Do 15 de xuño ao 17 de...
A nova produción do Centro Dramático Galego, Neorretranca e posmorriña, representarase na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o vindeiro venres 14 de xuño ás 21.00 horas. Recomendada para un público maior de 14 anos. Duración 2 horas e 40 minutos. A entrada ten un custo de 5 € e pode adquirirse na billeteira do auditorio dende unha hora antes do comezo da función. Neorretranca e...
O grupo de Lisboa, Coral Viva Voz achégase ao auditorio de Rianxo para ofrecernos un concerto de música coral no que estarán acompañados por Barahúnda e Xico de Cariño. O espectáculo terá lugar o domingo 9 de xuño, ás 19.00 horas. Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites desde unha hora antes do comezo do concerto (máximo 2 por persoa)
O venres 7 de xuño, ás 21.00 horas, terá lugar no salón de actos do Auditorio de Rianxo a presentación do libro de Miguel Anxo Seixas, Castelao. Construtor da nación. Tomo I 1886-1930. No acto, ademais do autor, estarán presentes Francisco Castro (director Editorial Galaxia), Carlos Mella (presidente da Fundación Castelao) e Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo)
Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo acolle, o sábado 8 de xuño, a Andaravía Teatro o grupo da Asociación Cultural Papaventos coa nova produción Moito barullo e poucas carolas. A función comezará ás 21.00 horas e está destinada para tódolos públicos. A entrada é de balde ata completar capacidade. Retirada dende unha hora antes do comezo (máximo 2 por persoa) A proposta está organizada...
A compañía de teatro Xarope Tulú achégase a Rianxo coa proposta Nómades. A actuación realizarase o vindeiro venres 7 de xuño, ás 20.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Público recomendado: familiar con nenos e nenas a partir de 5 anos. Duración: 60 minutos A entrada é de balde ata completar capacidade, retirada dende unha hora antes na billeteira do Auditorio...
O grupo de teatro inclusivo da Asociación ASPAS achégase ao Auditorio de Rianxo coa peza Peter! Voamos! dentro do seu proxecto "Abrindo os ollos ó mundo". A función terá lugar o sábado 1 de xuño, ás 21.00 horas. A entrada é de balde ata completar capacidade, retirada dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa).
O IES Félix Muriel de Rianxo organiza un acto en lembranza de Xesús Costa Rodil, DonXe, o vindeiro venres 7 de xuño no instituto. A estes actos están convidadas todas as persoas que desexen participar na homenaxe (alumnado, familias, profesorado, excompañeiro/as, exalumno/as, equipo non docente e ANPA) Agradecen que, para unha mellor organización dos actos, comuniquen previamente a súa...
A primeira edición de LIX Rianxo: A Semana do Libro Infantil e Xuvenil de Rianxo que se celebrará entre o 13 e o 19 de maio no Auditorio e na Biblioteca da vila e contará con figuras tan destacadas da literatura infantil e xuvenil galega coma o Premio Nacional Antonio García Teijeiro, María Solar, Víctor Rivas, Eli Ríos, María lado e Lucía Aldao, entre outras e outros convidados. Máis...
Do 25 ao 28 de xuño desenvolverase en Rianxo o Curso de verán GALEGO, PORTA ABERTA PARA O MUNDO 2: LINGUA, PENSAMENTO E CULTURA NA GALIZA E PORTUGAL. Este curso está organizado pola Universidade de Santiago de Compostela e conta con co-financiamento da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, da Academia Galega da Língua Portuguesa, da Associaçom Galega da Língua, da...
O vindeiro 4 de maio, ás 20.30 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a representación teatral Despois das ondas a cargo de Butaca Zero. Un filme feito en directo. Unha viaxe teatral pola vida de María Casares. Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada 1 antes da función (2 por persoa). A peza recibiu o XVIII Premio "Rafael Dieste" de Textos Teatrais 2017 da...
O sábado 11 de maio, ás 21.00 horas, terá lugar na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, o concerto-presentación do novo disco de Barahúnda "onde vai o mar". A formación actuará en cuarteto e estará como artista convidada Tero Rodríguez. A entrada ten un custe de 5.00 € e pode adquirirse de maneira anticipada na Libería Cándido de Rianxo. Unha hora antes do concerto tamén estarán...
O venres 3 de maio, ás 20.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo a presentación do libro Do Sar ao monte Louro. Memorial da represión 1936-1950 Xesús Costa Rodil (autor) e Xesús Santos Suárez (colaborador). No acto intervirán: Adolfo Muíños Sánchez, alcalde de Rianxo María Xosé Alfonso Torres, alcaldesa de Muros Lourenzo Fernández Prieto, profesor da USC Xesús Santos Suárez...
O vindeiro venres 10 de maio, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar a presentación do libro Conserveiras. De veleiro, Vicedo, Bares e Barqueiro (a xénese industrial) de Carlos Nuevo Cal e Vicente Míguez Salgueiro. No acto de presentación, ademáis da presenza dos autores, contarase con: Manuel Cartea, presidente da AC Barbantia José Manuel Vázquez Lijó, Museo do Mar de Porto do...
O vindeiro venres 26 de abril, ás 21:00 horas no Auditorio de Rianxo, terá lugar a presentación de "Liñas Compartidas", libro realizado polas persoas participantes no Obradoiro de Escrita Creativa de Rianxo. Tamén se presentará o suplemento A Voz de Barbantia, número 144. Na presentación intervirán Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo), Patricia Torrado (editorial...
O vindeiro sábado 13 de abril, ás 19.00 horas, a nova produción teatral, CARTOÓNS, de Excéntricas e Teatro do Adro estréase na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. O espectáculo CARTOÓNS é unha creación en parceria de Víctor Mosqueira e Josito Porto, mais botaron man de algúns colaboradores, como Quico Cadaval, Kukas e Ana Triñanes. Forma parte da celebración do 15º Aniversario de...
O vindeiro sábado 13 de abril, ás 20.00 horas, terá lugar no salón de actos do Auditorio de Rianxo a presentación do libro Versos noctámbulos de Ricardo Seixo Fernández. No acto, ademais da presenza do autor, estarán Xosé Luís Axeitos (escritor e académico) e Adolfo Muíños Sánchez. Haberá intervencións poéticas e musicais a cargo do colectivo Gosto de vivir a poesía da Asociación Veciña Agra...
Por mor das condicións meteorolóxicas adversas TRASLÁDASE para nova data que se anunciará o máis axiña posible. Faladoiro a bordo dun bateeiro "O chapapote na ría. Activismo mariñeiro, cultural, social" a cargo de Unha Gran Burla Negra, o sábado 6 de abril, ás 11.30 horas. Coa participación de Nito Dios (mariñeiro e membro da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa), Felipe Louzán (capitán de...
A aula de Rianxo da Uned Senior organiza a proxección do documental San Finx 1960 de Irene Pin, no acto contarase coa presenza da autora e tamén dun representante da Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins. Acompañarase dunha intervención musical a cargo de Barahunda e Orjais (BSO). A proxección realizarase o xoves 11 de abril ás 20.00 horas no salón de actos do Auditorio de Rianxo.
Na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo desenvolverase, dentro do programa de concertos itinerantes da Sinfónica de Galicia, as actuacións do Coro Xove e do Coro Infantil. O concerto será o vindeiro domingo 7 de abril ás 12.00 horas. A entrada é de balde ata completar capacidade e poden recollerse dende unha hora antes, máximo 2 por persoa, na billeteira do auditorio.
Continúa o III Ciclo de Novos Intérpretes co concerto de Pedro Torres Diz ao trombón acompañado ao piano de Ricardo Blanco Rodríguez. O concerto terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o venres 12 de abril ás 20.30 horas.
O vindeiro sábado 6 de abril, ás 19.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo realizarase a proxección do documental Idénticas de Luís Avilés Baquero, premio “Mestre Mateo” ao mellor documental do ano 2018. Idénticas ten unha duración de 65 minutos e recolle a realidade da familia de Cayetana e Celia, dúas irmás xemelgas que sofren unha enfermidade rara como é a heteroplasia ósea...
O rianxeiro Anxo Muíños presenta o venres 5 de abril, ás 19.30 horas, no salón de actos do Auditorio de Rianxo a súa obra O alén dos barqueiros publicada na Editorial Fanes. Ficha editorial O alén dos barqueiros O sueco Ingemar sostén que a mitoloxía é a forma de psicoloxía máis antiga. Desvelar os misterios da vida a través das lendas é a paixón do estudante, algo que desexa plasmar nunha...
O cuarteto de trompas Catrocores abre o III Ciclo de Novos Intérpretes cun concerto na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o vindeiro venres 29 de marzo ás 20.30 horas. Neste terceiro ano de realización do Ciclo de Novos Intérpretes está promovido pola Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo e subvencionado pola Deputación da Coruña.
O domingo 31 de marzo, ás 18.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o concerto de primavera da Escola de Música de Rianxo a cargo da Banda Unión Musical de Meaño.
O vindeiro domingo 24 de marzo, ás 19.00 horas, a Escola de Música de Rianxo organiza un Serán de Jazz coa participación do combo da Escola de Música de Rianxo e do combo Estudio de Santiago de Compostela. Máis información no facebook da Escola de Música de Rianxo
Entroido en Taragoña, o sábado 9 de marzo, organizado pola veciñanza queda aprazado para o sábado 16 de marzo.
Bituin The Tris, organizado pola asociación Antrospinos, o sábado 9 de marzo queda aprazado para o sábado 16 de marzo.
O grupo tradicional Ximiela achégase ao Auditorio de Rianxo co seu novo espectáculo Raigame, que terá lugar ás 20.30 h do sábado 23 de marzo. A entrada é de balde ata completar capacidade. Poden retirarse na billeteira do auditorio dende unha hora antes do comezo (máximo 2 por persoa) Está destinado a todos os públicos.
O vindeiro sábado 16 de marzo, ás 20.30 horas, o grupo de Teatro do Imprevisto presenta na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a peza teatral A memoria das rosas. A entrada ten un custo de 2 € e pode retirarse dende unha hora antes na billeteira do Auditorio. A proposta está organizada pola Agrupación Teatral Criaturas.
Do 9 de marzo ao 6 de abril, terá lugar no Centro Sociocultural- Auditorio de Rianxo a exposición Guerrilla Gráfica, producida pola Asociación Unha Gran Burla Negra. O sábado 9 de marzo, ás 12.30 horas, inaugurarase a exposición xunto coa proxección da curtametraxe documental Unha Gran Burla Negra (Caneca Filmes). Unha Gran Burla Negra
Cantos de loita e maldicer na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. VENRES 15 DE MARZO - 21.00 horas OS NOVOS Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada unha hora antes do comezo do concerto. Organiza Concello de Rianxo. VENRES 22 DE MARZO - 21.00 HORAS ROBERTO SOBRADO Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada unha hora antes do comezo do concerto. Organiza...
Cantos de loita e maldicer na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. VENRES 15 DE MARZO - 21.00 horas OS NOVOS Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada unha hora antes do comezo do concerto. Organiza Concello de Rianxo. VENRES 22 DE MARZO - 21.00 HORAS ROBERTO SOBRADO GRUPO Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada unha hora antes do comezo do concerto. Organiza...
Cantos de loita e maldicer na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. VENRES 15 DE MARZO - 21.00 horas OS NOVOS Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada unha hora antes do comezo do concerto. Organiza Concello de Rianxo. VENRES 22 DE MARZO - 21.00 HORAS ROBERTO SOBRADO Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada unha hora antes do comezo do concerto. Organiza Concello...
Do 1 ao 9 de marzo ven a gozar do Entroido Rianxeiro 2019.
Debido ás condicións meteorolóxicas adversas previstas para o día de mañá, MARTES DE ENTROIDO, as actividades previstas trasládanse para o Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo. - De 17.00 a 20.00 horas OBRADOIROS E XOGOS ESPECTÁCULO DE ANIMACIÓN: Abordaxe pirata por Barafunda Animación
Dende a Área de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización do Concello de Rianxo vémonos na obriga de aprazar as actividades programadas no Entroido Rianxeiro: as previstas para o domingo de entroido e para o mércores de entroido, mudando a data para o domingo 10 de marzo. Esta decisión tómase tendo en conta as predicións meteorolóxicas adversas previstas, consultadas en diferentes fontes,...
Xa se poden consultar as bases completas do Certame de Carrozas que se vai celebrar o vindeiro domingo 03 de marzo, dentro da programación do Entroido Rianxeiro 2019. O prazo de inscrición remata ás 14.00 h do venres 01 de marzo. Bases completas do Certame de carrozas 2019 Obrigas e recomendacións Anexos inscricións
Exposición de artesanía, ganchillo e costura nas Escolas Vellas da Atalaia Asados, do venres 8 ao domingo 10 de marzo.
Venres de entroido en Rianxo organizado pola asociación Rock in Rian.
PASAPARROQUIAS, entroido 2019 a cargo de Ondiñas Mainas.
O sábado 9 de marzo, ás 19.00 horas, na sala Arcos Moldes de Rianxo o Ensemble de músicas da Escola de Música de Rianxo organiza un concerto baixo o título de Música en Feminino.
O 24 de febreiro celébrase o 182 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, o Concello de Rianxo organiza unha serie de propostas do venres 22 ao martes 26 de febreiro.
O vindeiro domingo 17 de febreiro, ás 18.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o concerto de clausura do curso de frauta que organiza a Escola de Música de Rianxo.
O próximo xoves 21 de febreiro, ás 20.30 horas, a sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo acollerá a preestrea de Carpe Diem, o novo espectáculo de Excéntricas. Recomendada para un público maior de 16 anos. Duración 90 minutos. Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites desde unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa) Esta función forma parte do...
O vindeiro venres 15 de febreiro, ás 21.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo terá lugar a proxección da webserie A Partida de Voufilms. A entrada é de balde ata completar capacidade. A partida conta a historia de catro homes e dúas mulleres que coinciden nunha partida clandestina de póker na busca dunha oportunidade para refacer as súas vidas. Utilizando o recurso dos...
A comisión pola recuperación da memoria histórica da Barbanza organiza o vindeiro venres 15 de febreiro, ás 20.30 horas, no salón de actos do Auditorio a presentación do caderniño número dous da colección Episodios Republicanos Barbanzáns dedicado ao rianxeiro Xesús Redondo Abuín.
A compañía Butaca Zero achégase á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o vindeiro sábado 9 de febreiro co seu espectáculo #camiños Carolina viaxa cara aos Estados Unidos. Daiana, a bisneta dunha emigrante galega, vén da Arxentina. Comparten asento no aeroporto. Entre elas, milleiros e milleiros de #camiños. Camiños que unen as aldeas coas cidades. Os poemas de Rosalía coa música...
Como novidade neste cuadrimestre impartirase unha nova materia: Historia e narración oral para internet impartida por Román Castaño e Miguel Silva.
O venres 25 de xaneiro, ás 19.00 horas, celebrarase no Auditorio de Rianxo a XX Conferencia Anual da Fundación Plácido Castro.
O Grupo Municipal de Teatro de Ribeira representa o vindeiro sábado 26 de xaneiro ás 20.30 horas na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a súa nova obra teatral Cousas de Castelao. Está destinado a un público familiar, para nenos e nenas a partir de 7 anos. A entrada é de balde ata completar capacidade. Retirada dende unha hora antes da función na billeteira do Auditorio, máximo 2 por...
A compañía de teatro Voadora atópase na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo preparando o seu novo espectáculo teatral "Hemos venido a darlo todo" . A preestrea da nova produción realizarase en Rianxo o xoves 24 de xaneiro, ás 20.30 horas. O espectáculo conta con efectos de iluminación estroboscópica. Atención persoas epilépticas. Está recomendada para un público maior de 14 anos. A...
O vindeiro sábao 19 de xaneiro, ás 12:30, terá lugar no salón de actos (1º andar) do Auditorio de Rianxo a presentación do libro de poemas "O Xiro", da rianxeira Noelia Gómez, libro gañador do Premio López Avente 2018. No acto participarán Raquel García Abuín (filóloga e concelleira de Cultura de Rianxo), Roberto Abuín (filósofo, editor e escritor) e a propia autora.
O vindeiro sábado 19 de xaneiro, ás 20:30 h, no salón de actos (1º andar) do Auditorio de Rianxo, terña lugar a charla coloquio "Mestras galegas na II República: contributos e represión posterior", a cargo da profesora e investigadora Aurora Marco. O acto estará presentado polo alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños.
O vindeiro venres 18 de xaneiro, ás 20:30 horas, no salón de actos (1º andar) do Auditorio de Rianxo, terá lugar a charla- coloquio: "A aposta pola nova educación pública: republicanismo, socialismo, galeguismo nos anos 30 do s. XX, a cargo do profesor e investigador Antón Costa Rico. O acto estará presentado polo alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños.
O Concello de Rianxo organiza os Actos Castelao 2019. Xa podes consultar a programación completa.