Educación e Cultura - Concello de Rianxo
EDUCACIÓN E CULTURA
INFORMACIÓN XERAL
Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo
981 100 688
cultura@concelloderianxo.gal
Concellería de Educación e Cultura
Horario de inverno:
luns - venres: 08.00 - 15.00
Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural
EDUCACIÓN E CULTURA
Gravados de Rosana Calvo e Nacho C. Beiro inspirados no mundo do jazz forman parte da exposición "Trazos Sonoros" que pode visitarse dende o 30 de xullo ao 11 de agosto na sala de exposicións do auditorio de Rianxo. A exposición forma parte do programa Noites de Jazz Festival en colaboración co Museo do Arte e do Gravado e da Estampa de Ribeira.
O venres 27 de xullo, ás 21.30 h, nos xardíns da Martela a Banda de Música de Cee continúa o XIV Ciclo de Bandas promovido pola Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo e outras entidades.
O vindeiro venres 27 de xullo é o día adicado á Música e Lingua co repaso da nosa música contemporánea e o papel da muller nela. Desenolveranse dúas propostas: CHARLA COLOQUIO - 20.00 horas - Salón de actos do Auditorio de Rianxo Con Xosé Antonio Bocixa, Paco Cerdeira e Laura Romero CONCERTO - 00:15 horas - Curral do Marqués en Taragoña Zénzar en concerto dentro do Festival...
Un ano máis, a Feira do Libro achégase á Praza de Castelao de Rianxo, que nesta edición de 2018 terá lugar do xoves 19 ao domingo 22 de xullo. Programa de actividades:
O xoves 19 de xullo, o Mago Antón está na Praza de Castelao en Rianxo co espectáculo A volta a Galicia en 313 concellos. Realizaranse varios pases nos seguintes horarios: 13.30 h, 19.00 h, 20.00 h, 21.00 h. e 22.00 horas. A proposta está enmarcada na Feira do Libro de Rianxo e conta forma parte da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Os asistentes terán a oportunidade de...
O vindeiro venres 20 de xullo, ás 22.30 horas, no Paseo da Ribeira (zona do busto de Castelao) terá lugar unha observación astronómica dentro do programa Todocosmos.
O grupo Batuko Tabanka ofrece un concerto o vindeiro domingo 22 de xullo, ás 19.00 horas, en Campo de Pazos (Taragoña) grazas a colaboración do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A proposta enmarcase dentro do Verán Cultural nas Festas de Taragoña. Doce mulleres de Cabo Verde, afincadas en Burela, baten con furia e alegría sobre un pano pregado que colocan entre as pernas: o batuko....
Todos os xoves do mes de xullo, ás 22.30 horas, desenvolverase o programa NOITES DE CINE nos xardíns da Martela, enmarcado no Verán Cultural 2018. As películas que se proxectarán son as seguintes: Xoves 5 de xullo: Gisaku Xoves 12 de xullo: Cen anos de perdón Xoves 19 de xullo: La la land: a cidade das estrelas Xoves 26 de xullo: Os Fenómenos No caso de condicións meteoróloxicas...
Todos os xoves do mes de xullo, ás 22.30 horas, desenvolverase o programa NOITES DE CINE nos xardíns da Martela, enmarcado no Verán Cultural 2018. As películas que se proxectarán son as seguintes: Xoves 5 de xullo: Gisaku Xoves 12 de xullo: Cen anos de perdón Xoves 19 de xullo: La la land: a cidade das estrelas Xoves 26 de xullo: Os Fenómenos No caso de condicións meteoróloxicas...
O grupo de danza "Dominic Graham School" de Irlanda actúa en Rianxo, na Praza de Castelao, o vindeiro domingo 22 de xullo ás 22.30 horas. Nesta proposta estarán acompañados musicalmente por: Harry.c (director musical e violinista), Beatriz Martínez (arpa), Diego Langarika (guitarra acústica e bouzouki) e Daniel Riveiro (percusión) e cunha colaboración especial da Asociación de música e baile...
O grupo de danza "Dominic Graham School" de Irlanda actúa en Rianxo, na Praza de Castelao, o vindeiro domingo 22 de xullo ás 22.30 horas. Nesta proposta estarán acompañados musicalmente por: Harry.c (director musical e violinista), Beatriz Martínez (arpa), Diego Langarika (guitarra acústica e bouzouki) e Daniel Riveiro (percusión) e cunha colaboración especial da Asociación de música e baile...
O sábado 21 de xullo, ás 21.00 h, na Praza de Rafael Dieste terá lugar o espectáculo musical Magín Blanco e a banda das apertas. Esta proposta enmarcase no programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.
O venres 20 de xullo, ás 12.00 horas, a compañía Xarope Tulú chega ao Campo de Arriba co espectáculo O cardume. A proposta está enmarcada na Feira do Libro 2018 e forma parte do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña. O cardume é un espectáculo para tódolos públicos que combina a narración oral coa música en vivo. Onde o público participa da narración, convertíndose en ocasións en...
Noites de Jazz, organiza accións formativas en colaboración coa Escola de Música de Rianxo: OBRADOIRO DE INICIACIÓN MUSICAL Do 30 de xullo ao 3 de agosto, de 11:00 a 13:00 h. Destinado a nenos e nenas de 8 a 12 anos. Máximo 20 prazas. Inscrición do 17 ao 24 de xullo, de 09:00 a 13:30 h, no auditorio de Rianxo (ou, no mesmo horario e días, no telf. 881 862 879). CURSOS (Sala Arcos...
Adianto do Festival Noites de Jazz de Rianxo.
A Coral de Saint Luc de Banabakintú, de Costa de Marfil, ofrecerá un concerto en Rianxo, o vindeiro domingo 22 de xullo ás 13.00 horas, na praza de Rafael Dieste. A proposta está enmarcada no Verán Cultural 2018 que organiza o Concello de Rianxo, e nesta ocasión cóntase coa colaboración da ONG Égueire.
O II Festival INTERRITMOS: Baile e música tradicional, terá lugar o día 28 de xullo (de 21:00 a 00:00 h) na praza de Castelao en Rianxo (A Coruña). Este certame está dirixido a solistas e grupos (legalmente constituídos) de música e baile tradicional, que sexan maiores de idade, e residan no estado español. PREMIOS De entre todos os participantes seleccionaranse cinco (5) finalistas, que...
O venres 20 de xullo, a partir das 23.00 horas, terá lugar na Praza de Castelao o Festival Internacional de Baile Tradicional, coas agrupacións Rkud Jedinstvo de Serbia e os Pauliteiros de Miranda de Portugal. A proposta está organizada polo Concello de Rianxo e a Asociación Meiramar-Axóuxere de Moaña. Rkud Jedinstvo de Serbia Pauliteiros de Miranda de Portugal
A orquestra de folk de Galicia, Sondeseu, presenta en Rianxo o seu novo traballo Beiralúa. O concerto terá lugar o vindeiro sábado 21 de xullo ás 23.00 horas na Praza Castelao. A proposta está organizada polo Concello de Rianxo co patrocinio de Aluminios Cortizo e enmárcase no programa Verán Cultural 2018, coincidindo coa celebración da Festa da Xouba e da Feira do Libro. Beiralúa é un...
Cartel do #VeránCultural2018 #Xullo organizado pola Área de Cultura do Concello de Rianxo. Máis propostas no mes de xullo organizadas polas entidades e coa colaboración do Concello: - Noite moucha da Zona Comercial A Martela, 12 de xullo - Virxe Do Carme de Rianxo, do 13 ao 16 de xullo - Festas do verán en Taragoña, do 19 ao 22 de xullo - XXVI FESTA DA XOUBA da ARE Rianxo, o 21 e 22 de xullo...
O XIV Ciclo de Bandas dará comezo este vindeiro sábado 7 de xullo, nos Xardíns da Martela, ás 21:30 horas, co concerto da Banda de Música Santiago de Arteixo. Este ciclo ven promovido pola Escola de Música de Rianxo en colaboración co Concello de Rianxo, a Deputación da Coruña e a Zona Comercial A Martela. Os seguintes concertos do ciclo serán: Banda de Música de Cee: 27 de xullo ...
A Asociación Ambar das persoas con diversidade funcional presenta no Auditorio de Rianxo a súa exposición "35 anos de vida e emoción". Poderase visitar de luns a venres de 09:00 a 13:30 e os sábados de 10:30 a 13:30. A inauguración será o vindeiro 3 de xullo ás 12:00 h e poderase visitar ata o 21 de xullo.
A Escola de Música de Rianxo pecha o curso 2017-2018 cun festival, que malia inicialmente estar prevista a súa realización no Campo de Arriba, tamén se traslada ao auditorio, por mor da inestabilidade atmosférica prevista. Neste festival, que se desenvolverá en 2 sesións, poderemos desfrutar das colaboracións e intervencións musicais do alumnado da Escola de Música de Rianxo que ao longo...
O grupo de Teatro Úrsula de Catoira vai representar en Rianxo a peza teatral: O Viquingo Converso, autoría do rianxeiro Xesús Santos, baixo a dirección de Fátima Rey. As representacións teatrais, inicialmente previstas para desenvolver ao aire libre, na praza de Rafael Dieste, trasládanse ao Auditorio - Sala Arcos Moldes, por mor da inestabilidade atmosférica prevista para estes...
Todos os xoves do mes de xullo, ás 22.30 horas, desenvolverase o programa NOITES DE CINE nos xardíns da Martela, enmarcado no Verán Cultural 2018. As películas que se proxectarán son as seguintes: Xoves 5 de xullo: Gisaku Xoves 12 de xullo: Cen anos de perdón Xoves 19 de xullo: La la land: a cidade das estrelas Xoves 26 de xullo: Os Fenómenos No caso de condicións meteoróloxicas...
Zona da Zanfona, o único festival temático sobre este instrumento na Península Ibérica, celebra máis unha vez o seu encontro anual na ría de Arousa. Organizado polo conservatorio de música tradicional e folque, aCentral Folque, chega a súa XIV edición co apoio do Concello de Rianxo. Mantéñense as datas de verán, desta volta do 6 ao 8 de xullo, e desenvolverá un programa para todos os...
O domingo 24 de xuño, a partir 19.00 horas, no antigo Liceo marítimo de Rianxo, celebrarase unha Aula Aberta a cargo do alumnado de teoría e canto tradicional e de práctica instrumental da Uned Senior de Rianxo.
O venres 29 de xuño, ás 19.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo terá lugar o concerto do grupo Pres de Cambrai titulado O segredo do pergamiño Vindel: 100 anos de música para as cantigas. Antes de que o grupo comece co concerto haberá unha presentación dos traballos de recupación e posta en valor do Castelo da Lúa, onde intervirán Gonzalo Buceta Bruneti, restaurador-director;...
O 23 de xuño, noite de San Xoán, celebrarase no Centro Cultural de Leiro unha festa con comida, fogueira, música e queimada.
O grupo de Teatro Úrsula de Catoira vai representar en Rianxo a súa peza teatral: O Viquingo Converso, do rianxeiro Xesús Santos. As funcións terán lugar o venres 29 e o sábado 30 de xuño, ás 22.00 horas, na Praza Rafael Dieste.
O grupo de Teatro Úrsula de Catoira vai representar en Rianxo a súa peza teatral: O Viquingo Converso, do rianxeiro Xesús Santos. As funcións terán lugar o venres 29 e o sábado 30 de xuño, ás 22.00 horas, na Praza Rafael Dieste.
Continua o II CICLO DE NOVOS INTÉRPRETES, o venres 22 de xuño, ás 20.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo; nesta ocasión o rianxeiro Martín Castro Tubío ofrecerá un concerto xunto coa agrupación Psaiko Quartet. MARTÍN CASTRO TUBÍO (saxofón) con PSAIKO QUARTET Martín Castro Tubío nace en Rianxo en 1997. Empeza aos 8 anos na Escola de Música de Rianxo estudando...
A Asociación Ondiñas Mainas organiza o vindeiro sábado 9 de xuño, a partir das 19.00 horas, na praza de Padrón, SACA O TEU LABOR Á RÚA. No caso de choiva trasladarase aos baixos do Liceo marítimo de Rianxo.
Nova data para o III Festival de Poesía mariñeira Mar de Galiza, o domingo 17 de xuño en Isorna.
Pereira de Lobos, do CEIP Rosalía de Castro de Carril, presenta Berenguela, aventuras e desventuras dunha espiña de toxo. A representación teatral terá lugar o vindeiro domingo 10 de xuño, ás 12.30 horas, no Centro Social da Atalaia en Asados. A proposta está organizada polo grupo de Teatro Airiños de Asados coa colaboración do Concello de Rianxo.
Os Fantásticos da Escola de Teatro Airiños presentan Evolución, o próximo sábado 9 de xuño ás 20.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.
O domingo 10 de xuño, ás 12.00 da mañá, varias formacións da Sinfónica de Galicia ofrecen un concerto na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. As formacións son a Orquestra de nenos, o Coro xove e os Nenos cantores.
O vindeiro xoves 31 de maio, de 9.30 a 14.00 horas, no Auditorio de Rianxo realizaranse as sinaturas de convenios entre as entidades asociativas e a Deputación da Coruña das actuacións concedidas ao abeiro do programa Rede Cultural 2018. Rede Cultural da Deputación da Coruña
A nova produción do Centro Dramático Galego, Divinas Palabras Revolution, vén á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o sábado 16 de xuño ás 21.00 horas. Divinas Palabras Revolution é unha traxicomedia de aldea global a partir da obra de Ramón María del Valle-Inclán e baixo a direción de Xron. Está recomendada para persoas maiores de 16 anos, e ten unha duración de 2 horas. As entradas...
O venres 8 de xuño, ás 20.30 horas, comeza o II Ciclo de Novos Intérpretes no que Olalla Rodríguez Gómez ofrecerá un concerto de violoncello, acompañada de Brais González Pérez ao piano, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. A proposta está enmarcada no II Ciclo de Novos Intérpretes promovido polo Concello de Rianxo coa colaboración da Escola de Música de Rianxo e a Deputación da...
O próximo venres 1 de xuño, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, o grupo teatral Martabelas presenta a obra A cousa de Bernarda Alba. A función terá lugar as 21.00 horas. A entrada ten un custo de 2 € e pode adquirirse unha hora antes na billeteira do auditorio. Esta proposta está organizada polo Grupo de teatro Airiños coa colaboración do Concello de Rianxo.
O sábado 2 de xuño, ás 20.00 horas, a compañía Malasombra trae ao escenario da sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo Os fabulosos cleaners, un sorprendente espectáculo visual con pompas de xabón. Está recomendada para público familiar, con nenos e nenas a partir de 3 anos. A entrada é de balde ata completar capacidade. A retirada deberá facerse unha hora antes do comezo do...
Na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, o vindeiro venres 25 de maio, ás 20.30 horas, terá lugar a saída do suplemento cultural A Voz de Barbantia (número 135) e a presentación da obra: Poesía mínima / Minimal Poetry, de Helena Villar Janeiro. Intervirán no acto, amais da autora: - María Xesús Blanco, vicepresidenta de Barbantia - Henrique Alvarellos, director de...
O próximo domingo 3 de xuño realizarase o III Festival de poesía mariñeira Mar de Galiza, organizado por Xosé Agrelo Romero coa colaboración do Concello de Rianxo.
O vindeiro sábado 19 de maio, ás 20.00 horas, no Campo de Arriba de Rianxo terá lugar un concerto para conmemorar o XV Aniversario da Banda da Escola de Música de Rianxo. No caso de choiva realizarase no Auditorio de Rianxo. Para anunciar o concerto, a Escola de Música de Rianxo organizou un concurso entre o alumnado dos centros educativos. Este ano as persoas gañadoras son as seguintes: 1º...
Maio cultural, as nosas letras.
O Concello de Rianxo, xunto coa colaboración da Escola de Música de Rianxo e a Deputación da Coruña, organiza o II Ciclo de Novos Intérpretes. O ciclo desenvolverase dende o mes de xuño ata o de decembro. Os concertos programados son os seguintes: 8 de xuño, 20.30 h: Olalla Rodríguez Gómez (violonchello) con Brais González Pérez (piano). 22 de xuño, 20.30 h: Martín Castro Tubío (saxofón)...
O Día das Letras Galegas, xoves 17 de maio, ás oito do serán, no Centro Social do Araño, o grupo de teatro Airiños de Asados interpretará a obra Romeo e Xulieta, unha adaptación de Esther F. Carrodeguas a partir do clásico de Shakespeare. A entrada é de balde ata completar capacidade. Recomendada para todos os públicos. Teatro Airiños atrévese este ano co clásico de Shakespeare, Romeo e...
O xoves 17 de maio, a partir das nove e media da mañá, o Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro organiza o Día das Letras Galegas. As actividades que se van desenvolver serán unha andaina para persoas adultas arredor das fontes e da historia de leiro, e outra infantil ata o curruncho dos porcos; xantar con paella e para rematar xogos para a rapazada.
O 26 de maio, a partir das doce da mañá, terá lugar no Campo de Arriba o XIII Serán Mar de Rianxo, organizado pola Asociación Vai de Roda.
O vindeiro xoves 17 de maio, a partir das 12 da mañá, a asociación Festival Antrospinos organiza en Campo de Pasos (Taragoña) a Feira de 1906.
Hoxe hai regueira, o espectáculo de Fogo Fatuo, volve ao Auditorio de Rianxo o domingo 20 de maio, ás 19.00 horas. As entradas teñen un custO de 2 € e poden adquirirse en Acuarela (Rianxo), no teléfono 663 322 149 e no correo electrónico fogofatuo@fogofatuo.es A A. C. Fogofatuo representará para todos vós un acontecemento insólito que tivo lugar nesta vila rianxeira en 1908. Referímonos á...
V CONCURSO CARTEL ANUNCIADOR DO XV ANIVERSARIO DA BANDA DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO O lugar de presentación dos traballos será no ático do Cuartel Vello, de martes a xoves, en horario de 16.00 a 20:00 h, ata o 9 de maio. Máis información no teléfono 671058555 ou no seguinte enderezo electrónico: escolademusicaderianxo@gmail.com ou no Facebook da escola
Xa se poden consultar as bases do III Certame Audiovisual Alberto Romero, organizado pola Asociación Cultural Alberto Romero e as ANPAs dos centros educativos de Arousa Norte, coa colaboración da Deputación da Coruña e da Mancomunidade de municipios Arousa Norte. O certame está dirixido a calquera estudante ou grupo de estudantes de todos os centros de primaria (cursos 5º e 6º), secundaria...
O venres 18 de maio, ás 19.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a compañía Educateatro representará Os tres porquiños, unha adaptación musical do conto clásico con bonecos a tamaño real. Está recomendada para público familiar a partir de 2 anos. A entrada é de balde ata completar capacidade, e pódense retirar dende unha hora antes do comezo do espectáculo (máximo 2 por...
O vindeiro sábado 12 de maio, a partir das 12 da mañá, terá lugar unha Romaría con xantar popular, inchables, mercado artesán e actuacións musicais, nos xardíns da Martela. Está organizada pola Asociación Rock in Rian coa colaboración da zona comercial A Martela e o Concello de Rianxo.
O vindeiro sábado 5 de maio, a partir das 12.00 h, na Santa Lucía en Asados terá lugar a III Romería dos Maios, organizada pola Comisión Festas de Asados e as Juadalupeñas de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo.
NOTAS: O concerto do Combo de Jazz da Escola de Música de Rianxo previsto para o vindeiro venres 27 de abril queda SUSPENDIDO. Abril Cultural 2018 en Rianxo Pode descargar o cartel pinchando aquí
Mofa e Befa presentan, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, a súa nova produción teatral: Cranios Privilexiados ou crítica da razón perralleira, dirixida por Carlos Santiago con Josito Porto e Victor Mosqueira. A función realizarase o vindeiro sábado 5 de maio ás 21.00 horas. A entrada ten un custo de 6 € en venda anticipada (reservas no correo-e: ruben.excentricas@gmail.com) e 8 € na...
O venres 4 de maio, a compañía de teatro Malasombra achégase ao Auditorio de Rianxo coa produción teatral D.E.P., unha comedia de morte. A función terá lugar na sala Arcos Moldes ás 21.00 horas. A entrada é de balde ata completar capacidade. Retirada unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa). Recomendada para un público maior de 14 anos. Unha nai con xa demasiados anos, unha...
Baixo o título "Gente del Mar", a holandesa afincada en Rianxo, Karin Kuijper, expón por segunda vez a súa obra pictórica. Dende o 4 de maio ao 2 de xuño, na sala de exposición do Auditorio de Rianxo, poderá visitarse a exposición cos seus cadros baixo a corrente artística da Arte Naive. O acto de inauguración, que contará coa presenza da pintora, será o venres 4 de maio ás 20.15 horas.
O Concello de Rianxo forma parte da campaña impulsada pola Deputación da Coruña, Libros para sermos libres, na que se realizará unha solta de libros o luns día 23 de abril, en que se celebra o Día Internacional do Libro, obsequiando ás persoas que se acheguen á Biblioteca Pública Municipal "Castelao" cun exemplar. A solta realízarase en dous momentos ao longo do día: - De 12.00 a 13.00...
O mércores 25 de abril, ás 17.30 h, o Auditorio de Rianxo acollerá a presentación da exposición "Os cartazes do 25 de abril", e contará coa intervención da historiadora Alba R. Silgo, e do alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños. A exposición poderá visitarse ata o 2 de maio nos horarios de apertura do auditorio. Esta proposta forma parte do programa que a Associaçom José Afonso organiza...
O sábado 21 de abril, ás 20.00 horas, a banda do conservatorio profesional de música Tomás Luis de Victoria de Ávila e a banda da Escola de música de Rianxo ofreceránnos un concerto de primavera na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.
Dinamo Producións presenta na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, a súa nova obra de teatro: Eu queriame casare, escrita por Jose Prieto e interpretada por Pedro Brandariz e Lucía Veiga. A representación será o vindeiro venres 20 de abril ás 21.00 horas. Eu queríame casare é a historia televisada de dous auténticos perdedores que buscan a súa última oportunidade no amor. Antón e Lola...
Dende o 9 ao 29 de abril pode visitarse, no Auditorio de Rianxo, a exposición Pioneiras, mulleres que abriron camiño realizada polos nenos e nenas do CRA de Rianxo.
Guillermo Rodríguez Alonso, abre o programa da residencia de pensadoras/es da primavera 2018, desenvolvido polo Concello de Rianxo e Axóuxere Editora, ofrecéndonos un seminario e unha conferencia. ...
O sábado 14 de abril, Xosé Agrelo Romero (Agrelo de Isorna) organiza e coordina, coa colaboración do Concello de Rianxo, un percorrido poético polo camiño, terra do Leoira: Isorna, un tesouro, Asados. A partir das 16.00 horas, unha xuntanza na praza de Faustino Rei Romero de Isorna para percorrer o camiño ata a carballeira do Crego de Asados, onde a partir das 19.30 h se realizará un RECITAL...
O vindeiro sábado 28 de abril, ás 18.00 horas, terá lugar na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o Festival benéfico rianxoconcaye&celia a favor da Asociación Galega Heteroplasia Ósea Progresiva (ASGPOH). O festival estará presentado polas televisivas Eva Iglesias e Lucía Regueiro, e contará coa participación de diferentes artistas e agrupacións: Barahúnda Sonia Lebedynski Fran...