Educación e Cultura - Concello de Rianxo
EDUCACIÓN E CULTURA
INFORMACIÓN XERAL
Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo
981 100 688
cultura@concelloderianxo.gal
Concellería de Educación e Cultura
Horario de inverno:
luns - venres: 08.00 - 15.00
Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural
EDUCACIÓN E CULTURA
O vindeiro domingo 15 de abril, ás 20.30 horas, a Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo acollerá un concerto aberto ao público que pecha o V curso de clarinete organizado pola Escola de Música de Rianxo.
O grupo de teatro afeccionado TEATRANDO ALECRÍN de Lousame achégase o vindeiro sábado 7 de abril, ás 19.00 horas, ao Auditorio de Rianxo para representar Feliz 1990. A proposta está organizada pola Agrupación teatral Criaturas coa colaboración do Concello de Rianxo. Levamos un ano preparando unha gala moi especial na que recordar aquel fin de ano de 1990. E vós, que fixestes nesa noite? Non...
A Deputación da Coruña acaba de abrir o prazo para a solicitude de axudas da área de cultura para entidades sen ánimo de lucro. O prazo, para as diferentes convocatorias, remata o venres 27 de abril ás 14.00 horas. Todo o proceso de tramitación da subvención realízase de xeito telemático na plataforma subtel da Deputación da Coruña polo que se precisan uns requirimentos técnicos (certificados...
Do 28 de marzo ao 18 de abril poden visitarse, na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo, as pezas do XI Certame de Artesanía Antonio Fraguas Fraguas da Deputación da Coruña. Máis información arredor do Certame no sitio web da Deputación da Coruña
A Asociación Fogo Fatuo organiza o Patrocinio 2018, coa colaboración do Concello de Rianxo e a veciñanza de Rianxiño. Máis información na páxina de facebook de Fogo Fatuo
O vindeiro sábado 31 de marzo, ás 20:30 horas, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, celebrarase a preestrea da obra teatral "A Leituga", de César Sierra. A obra, dirixida por Vítor Dupla, está protagonizada por Antonio Durán "Morris", Federico Pérez, María Vázquez, Mercedes Castro e Xosé Barato. A retirada de entradas poderá facerse dende unha hora antes, máximo 2 por persoa, ata...
A asociación Ondiñas Mainas organiza un obradoiro infantil de exiptoloxía, PEQUEÓLOGOS, para nenos e nenas de 4 a 10 anos. Páxina de facebook da Asociación Ondiñas Mainas
Juana de Ibarbourou_DOCENCIA é un proxecto artístico-educativo aberto á participación de calquera persoa interesada na experimentación con poesía, danza, música e creación escénica, fundamentado na escritora uruguaia de ascendencia galega Juana de Ibarborou (1892-1979) Este proxecto vén de ser galardoado co I Premio “Luísa Villalta” de Proxectos Culturais pola Igualdade das áreas de Cultura e...
O luns 19 de marzo, ás 12.30 horas, o profesor universitario José Manuel Malheiro Gutiérrez achegarase ao salón de actos do IES Félix Muriel, dentro do Ciclo sobre memoria histórica organizado pola Uned Senior en Rianxo. O título da conferencia é: Misións pedagóxicas, bibliotecas escolares e represión do maxisterio durante a guerra civil e o primeiro franquismo. A conferencia está aberta a...
Xosé Luís Axeitos é o encargado de impartir, neste mes de marzo, a conferencia do ciclo sobre memoria histórica organizado pola Uned Senior en Rianxo. Será o sábado 24 de marzo, ás 20.00 horas, no salón de actos do Auditorio de Rianxo, e nesta ocasión o título é As cicatrices do exilio en Rianxo.
A sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo acollerá, o venres 23 de marzo, ás 20.30 h, a presentación do libro: Manuel Antonio. Vida e misterio dun poeta galego, de X. Ricardo Losada. No acto, ademais da presenza do autor, estarán presentes: Antón Riveiro Coello (escritor), Xosé Luís Franco Grande (escritor), Francisco Castro (director xeral de Galaxia) e Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo). ...
De catro a catro, un galego culto, moderno e mariñeiro é o título da charla-coloquio que impartirán Xosé Luís Axeitos Agrelo e Anxo González Guerra, o vindeiro venres 16 de marzo, ás 20.30 horas, no salón de actos do Auditorio de Rianxo; esta proposta enmarcase dentro dos actos de conmemoración do 90 aniversario da primeira edición do poemario De catro a catro de Manuel Antonio.
O vindeiro sábado 17 de marzo, ás 19.00 horas, terá lugar na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a función teatral Quen anda aí, a cargo de Matacandís Teatro de Noia. A peza está escrita e dirixida por Rosa Baña Castro. Está recomendada para público familiar, infantil e xuvenil. A proposta está organizada pola Agrupación Teatral Criaturas coa colaboración do Concello de Rianxo.
O poemario de Manuel Antonio, De catro a catro, está de aniversario: hai noventa anos que se imprimiu a súa primeira edición. Para conmemorar esta efeméride, o Concello de Rianxo organiza unha serie de actividades: VENRES 16 DE MARZO Rúa de Abaixo, de 10:00 a 13:00 h Pintura na rúa, lecturas e animación musical. Auditorio (primeiro andar), 20:30 h Charla-coloquio: "De catro a catro: un...
O poemario de Manuel Antonio, De catro a catro, está de aniversario: hai noventa anos que se imprimiu a súa primeira edición. Para conmemorar esta efeméride, o Concello de Rianxo organiza unha serie de actividades: VENRES 16 DE MARZO Rúa de Abaixo, de 10:00 a 13:00 h Pintura na rúa, lecturas e animación musical. Auditorio (primeiro andar), 20:30 h Charla-coloquio: "De catro a catro: un...
O domingo 11 de marzo, ás 12.00 horas, o alumnado da aula de frauta da Escola de Música realizará unha Audición: música, sorrisos e alegría ! na Sala Arcos Moldes do auditorio de Rianxo. Máis información na páxina de facebook da Escola de Música de Rianxo.
O Grupo Teatro Airiños de Asados regresa á Sala Arcos Moldes coa produción Romeo e Xulieta, adaptación de Esther F. Carrodeguas do clásico de William Shakespeare. A función terá lugar o venres 9 de marzo ás 21.00 horas. Teatro Airiños atrévese este ano co clásico de Shakespeare, Romeo e Xulieta, pero por suposto, para darlle unha volta e levalo ao terreo que mellor dominan: a comedia. En todo...
Abaixo o aeroporto en Rianxo é o título da comedia teatral que o vindeiro sábado 10 de marzo o grupo portugués, Teatro de Balugas, representará na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. A proposta está organizada polo Grupo de Teatro Airiños de Asados coa colaboración do Concello de Rianxo. Nos confíns de Rianxo está radicada a máis pequena comunidade portuguesa de todo Galiza, da cal o...
A sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, acollerá o vindeiro sábado 3 de marzo, ás 20.30 horas, a produción teatral de Fantoches Baj Mensaxe do mar. Mensaxe do Mar é unha reivindicación de Maruxa Mallo, da súa obra pictórica e da súa importancia como intelectual dentro da xeración do 27. Como se dunha conferencia se tratase, Maruxa Mallo describe a súa vida desde o nacemento en Galicia ata...
Dende as 17:00 h. Praza Castelao • Certame de Carrozas, desfile dende a zona portuaria ata a praza (inicio do desfile ás 17:00 h). 3 primeiros premios de 700, 500 e 300 euros e ata 10 accésits de 150 euros. • Ambientación musical * Sorteo de agasallos entre as persoas disfrazadas (categorías: xoubas, sardiñas, xardas e adultos) 10 para xoubas – ata 6 anos 6 para Sardiñas – 7 a 12 anos ...
Este mércores de entroido, en Rianxo, mantéñense as propostas que van desenvolverse dentro da carpa na Praza de Castelao, a partir das 17:00 h: Obradoiro de caracterización choqueira. Espectáculo de títeres: O soño do rato, de Olga Abad. Por mor das condicións meteoróxicas adversas, choiva e vento, O enterro do Toribiño adíase para o domingo 18 de febreiro ao remate do certame de...
O Grupo de Teatro Airiños representa, o vindeiro sábado 17 de febreiro, no Centro Social de Asados na Atalaia, a súa produción Romeo e Xulieta, de Esther F. Carrodeguas a partir do clásico de Shakespeare. A hora da representación será ás oito do serán.
O vindeiro venres 23 de febreiro, ás 19.00 horas, Rianxo rende homenaxe a Rosalía de Castro. No Paseo da Ribeira (zona do monumento a Rosalía), desenvolverase a lectura pública do alumnado do IES Félix Muriel e do público presente, e contarase tamén coa intervención de autoridades, ofrenda floral e acompañamento musical de Carapaus (interpretando a "Alborada de Rosalía").
Dende o 9 ao 24 de febreiro a sala de exposicións do Auditorio de Rianxo acollerá a exposición organizada pola Deputación Provincial da Coruña, do fondo expositivo da Fundación para a Construción Naval (EXPONAV). Nesta exposición preténdese difundir dunha maneira atractiva o éxito que significou a construción dos maiores petroleiros do mundo botados dende grada. Aquela época, dende o 1964 ata...
Modifícase o artigo cuarto das bases do certame de carrozas, que queda como segue: “ 4º.- As inscricións deberán formalizarse no impreso normalizado (Anexo II) no Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo: de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas; e de martes a xoves, de 16.30 a 20.00 horas (tel.: 981 100 688 / 664 180 632 – cultura@concelloderianxo.gal). A data límite para efectos de...
Por mor das previsións meteorolóxicas adversas previstas para o domingo 11 de febreiro, as actividades organizadas dentro da programación do entroido aprázanse para o domingo 18 de febreiro. As actividades programadas para o resto dos días mantéñense segundo o previsto; este cambio só afecta inicialmente á do domingo 11 de febreiro.
A Uned Senior acaba de abrir o prazo para a preinscrición neste segundo cuadrimestre. As materias que se van impartir son as seguintes: Iniciación á informática e internet. Nivel básico. Módulo II Iniciación a smartphones e tabletas. Nivel básico. Módulo I Cultura musical e tradición oral na Galiza. Práctica instrumental: gaita e percursión. Nivel intermedio. A matrícula ten un custo...
A aula da Uned Senior de Rianxo continúa o seu ciclo sobre a memoria histórica, nesta ocasión a conferencia corre a cargo de Xosé Ramón Brea Rei baixo o título Os Insua, a memoria tráxica de Rianxo. A conferencia realizarase o vindeiro sábado 24 de febreiro, ás 20.00 horas, no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo.
O venres 9 de febreiro, a partir das 22.00 h, haberá unha Festa de Entroido organizada polas Juadalupeñas nunha carpa situada na Praza de Castelao. Máis información na súa páxina en Facebook
Festa de Entroido no Araño, organizada pola Asociación de Veciños do Araño. Máis información na súa páxina en Facebook.
O 17 de febreiro, despois do desfile de carrozas, terá lugar no Centro Cultural de Taragoña o famoso concurso Bituin the Tris, organizado pola Asociación Festival Antropinos. A quen vas invitar este ano? Máis información e inscricións na páxina de facebook de Antrospinos.
O sábado 17 de febreiro, a partir das 17.00 horas, terá lugar en Campos de Pazos (Taragoña) un DESFILE DE CARROZAS. Para as crianzas haberá diversos obradoiros e inchables. A música correrá a cargo dos grupos tradicionais ESTRÓUPELE e LUSCO E FUSCO.
A Asociación Ondiñas Mainas organiza o sábado de entroido, 10 de febreiro, un desfile de disfraces feitos na casa en papel ou plástico. Para participar debes inscribirte previamente na páxina de Facebook de Ondiñas Mainas, no correo electrónico ondinasmainas@gmail.com ou no teléfono 662 070 579. Ademais realizarán un obradoiro de antefaces.
Xa se poden consultar as bases completas do Certame de Carrozas que se vai celebrar o vindeiro domingo 11 de febreiro, dentro da programación do Entroido 2018. O prazo de inscrición remata ás 14.00 h do venres 9 de febreiro. Bases completas do Certame de Carrozas Obrigas e recomendacións Inscricións para entidades asociaciativas e grupos informais
Do 9 ao 17 de febreiro ven a Rianxo a gozar co seu Entroido.
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza organiza no Auditorio de Rianxo, o venres 2 de febreiro, a I Xornada: paralizar a privatización da sanidade pública é posible "experiencias".
Aquelando Teatro de Muros achégase a Rianxo coa peza teatral A fiestra valdeira de Rafael Dieste, adaptada por Lucho Penabade. D.MIGUEL é un indiano que veu rico do Brasil e encarga un retrato a ANTONIA, unha pintora moi avezada. O cadro e o seu significado desatan un conflito de pareceres no que acaban por intervir as xentes do mar, os amigos e toda a familia. A FIESTRA VALDEIRA de...
No marco dos Actos Castelao 2018, o vindeiro domingo 28 de xaneiro, ás 12.00 horas, terá lugar no paseo da Ribeira, a Ofrenda Floral - Acto institucional e intervención de autoridades ante o busto de Castelao. O acompañemento musical estará a cargo da agrupación ASC Arume.
Xa podedes consultar un extracto das bases do Certame de Carrozas que se vai realizar o vindeiro domingo 11 de febreiro, na Praza de Castelao (na imaxe que está debaixo). Animádevos, xuntádevos e participade !!!! O luns 29 de xaneiro colgaranse as bases completas no sitio web do Concello de Rianxo.
Isabel Risco e Fran Rei representarán a súa produción Retrincos de Castelao na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, o vindeiro sábado 27 de xaneiro ás 20.30 horas, dentro da programación dos Actos Castelao 2018. Recomendada para un público familiar. Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de entradas unha hora antes do comezo, máximo 2 por persoa. Culturactiva presenta aos...
No Cuartel Vello, o sábado 27 de xaneiro ás 19.00 horas, terá lugar a proxección do filme documental: SITIO DISTINTO. Tamén haberá un coloquio posterior co director Davide Cabaleiro. Este documental é unha viaxe desde finais do século XIX ata a actualidade para entender por que chegaron os galegos a Euskal Herria. E, sobre todo, por que quedaron. E como esa decisión xerou que ambos os pobos se...
O venres 26 de xaneiro, a partir das 20.30 horas, continúan na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo as actividades programadas dentro dos Actos Castelao 2018. As propostas son a presentación da novela O xardineiro dos ingleses (premio García Barros 2017) de Marcos Calveiro, en conversa con María Xesús Blanco (vicepresidenta de Barbantia) e Xerardo Agrafoxo (novelista e historiador),...
O vindeiro venres 19 de xaneiro, ás 20.30 horas, o historiador Miguel Anxo Seixas ofrecerá unha conferencia titulada: Castelao, memoria e xustiza. Está incluída na programación dos Actos Castelao 2018 e desenvolverase no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo. Miguel Anxo Seixas
A programación dos Actos Castelao 18 abre coa apertura da exposición de gravados Castelao hoxe de José Fuentes. Realizarase o vindeiro venres 19 de xaneiro, ás 19.30 horas. Dende o 19 de xaneiro ao 3 de febreiro poderá visitarse na sala de exposicións do Centro Sociocultural do Auditorio de Rianxo.
O vindeiro sábado 20 de xaneiro, ás 20.30 h, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo Carmen Penin presenta en concerto o seu novo libro-cd Herdeiras. Música, poesía, danza e audiovisual sobre as mulleres e a memoria. A entrada é de balde ata completar capacidade. Retirada na billeteira (máxima 2 por persoa), do auditorio unha hora antes do comezo do concerto. Carmen Penim presenta con...
A compañía de teatro Lucecús presenta a súa nova produción Logos, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, o vindeiro xoves 18 de xaneiro ás 20.30 horas. Logos é un xogo cómico de revisión posmoderna do mito de Prometeo, ambientada nun futuro distópico. Nomi e Clin, dúas das pezas máis baixas da engrenaxe do sistema, viven comodamente nun mundo no que todo aquel que nel habita ten...
Un ano máis, o Concello de Rianxo conmemora o nacemento do seu ilustre rianxeiro, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, cunha ampla proposta de actividades. A programación definitiva é a seguinte: Venres 19, 19:30 h - Auditorio (sala de exposicións) GRAVADOS: apertura da exposición Castelao hoxe, de José Fuentes. Venres 19, 20:30 h - Auditorio (salón de actos) CONFERENCIA: Castelao, memoria e...
Por mor das previsións meteorolóxicas adversas, este ano o Belén Vivinte, a recepción dos Reis Magos e o reparto de caramelos desenvolverase no Pavillón Polideportivo de Rianxo. En función do tempo as carrozas poderán ou non realizar o seu percorrido programado polas rúas de Rianxo. Para unha mellor organización e seguridade informamos das seguintes indicacións: - O acceso de público ao...
Un ano máis os Reis Magos achéganse a Rianxo por mar. A partir das 17.30 horas, no Pavillón Polideportivo, poderase visitar o Belén vivinte ambientado a cargo da Asociación Cultural Fogo Fatuo. Ás 18.30 horas os Reis Magos chegarán ao Porto de Rianxo e alí estarán agardándoos as carrozas reais co seu séquito para realizar un desfile pola vila, sempre que o tempo o permita. (Porto-Paseo da...
O Concello de Rianxo, en pleno extraordinario celebrado o 1 de xaneiro de 2018, ás 12:30 horas, decretou 3 días de loito oficial polo crime de Diana Quer e en solidariedade coa súa familia. Por este motivo, as actividades organizadas dende o concello durante este período quedan suspendidas, e como consecuencia as propostas do Pequeno Circo de Nadal non se desenvolverán.
A Banda Escola de Música de Rianxo realizará o seu tradicional Concerto de Fin de Ano o vindeiro sábado, 30 de decembro, ás 19:30 horas, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Nesta ocasión o concerto correrá a cargo da Banda da Escola de Música de Rianxo e do Coro Infantil da Escola de Música de Rianxo. O programa será: La Marcelina (Bernardo Adam Ferrero) Concerto para dous...
O rianxeiro Iago Hermo pechará o Ciclo de Novos Intérpretes, organizado polo Concello de Rianxo, que leva desenvolvéndose dende o mes de abril. Iago Hermo realizará un concerto de piano o vindeiro venres 29 de decembro, ás 21.00 h, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.
O vindeiro xoves 28 de decembro, ás 19.00 h, a Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo acollerá a representación de Feo!, a cargo da compañía teatral Caramuxo Teatro. Caramuxo Teatro presenta un novo espectáculo de pequeno formato, inspirado en “O Parrulo Feo” de Hans Cristhian Andersen, para nenos a partir de 3 anos e familias. A pequena fábrica de parrulos de Goma “Il Papero Giallo” produce...
No BOP de hoxe saen publicadas as BASES REGULADORAS DA PROGRAMACIÓN DA REDE CULTURAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA E CONVOCATORIA PARA 2018 ( BOP núm. 236, do 14 de decembro de 2017). A Rede Cultural da Deputación da Coruña pretende contribuír á difusión e á promoción da música, do folclore, do teatro, da danza, do cine e das demais manifestacións artísticas na provincia, por medio do...
Programación do Outono Cultural no Concello de Rianxo Descarga o folleto informativo do Outono Cultural
O vindeiro venres 22 de decembro, ás 21.00 horas, a Asociación Fogo Fatuo de Rianxo realizará o seu Festival de Nadal, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.
O domingo 17 de decembro, a partir das 18.00 horas, a Asociación de Música e Baile Tradicional Vai de Roda organiza un Festival de Nadal na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Máis información na páxina de facebook da entidade
Festival de Nadal da Escola de Música de Rianxo desenvolverase o vindeiro sábado 23 de decembro, en dúas funcións diferentes: unha ás 11.00 horas e outra ás 19.30 horas, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Máis información na súa páxina de facebook
Continuando co Ciclo sobre Memoria Histórica que comezou no mes de novembro, nesta ocasión a conferencia titúlase A represión na Barbanza e corre a cargo dos investigadores Xesús Santos, Miguel Somoza e Antón Vilariño. A conferencia terá lugar o vindeiro sábado 16 de decembro ás 18.30 horas no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo.
A compañía de Chévere achégase á Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo coa obra Eroski Paraíso. A representación teatral terá lugar o próximo sábado 16 de decembro, ás 20.30 horas. A entrada é de balde ata completar capacidade. Retirada de entradas, máximo 2 por persoa, dende unha hora antes do comezo da función. Idade recomendada: a partir de 12 anos. A proposta está enmarcada dentro da...
A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza a que será a segunda edición das xornadas Culturais sobre “A Gaita no Mar”, que terán lugar no salón de actos do Auditorio de Rianxo, o vindeiro 3 de decembro a partir das 11.30 horas, e que están patocinadas pola Deputación da Coruña e contan coa colaboración do Concello de Rianxo. Coma en todos os gremios, no dos mariñeiros tamén había...
O domingo 10 de decembro, ás 18.00 h, no patio do CEIP Ana Mª Diéguez en Asados, desenvolverase o XII Festival de Corais de Arousa e Ulla. Nesta edición formarán parte do festival a Coral Eixil de Cedeira, a Coral Fonte do Souto de Culleredo e a Coral Abraira de Asados.
O vindeiro sábado 9 de decembro, ás 20.00 h, terá lugar na Biblioteca Municipal de Rianxo a presentación do libro-CD O legado sonoro de Jacinta Landa Vaz. Galiza, Portugal e Estremadura escrito por José Luís do Pico, Domingos Morais e Pilar Barrios. No acto de presentación estarán presentes: Miguel Somoza (profesor da UNED), Aurora Marco (profesora da USC), José Luís do Pico Orjais (autor) e...
O próximo venres, 1 de decembro, ás 21.00 horas, a Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo acollerá un concerto pertencente ao Ciclo de Novos Intérpretes que se leva desenvolvendo dende o pasado mes de abril. Nesta ocasión o concerto corre a cargo do Cuarteto Scordatura integrado pola rianxeira Patricia Túnez (violín I), e Iria Pérez (violín II), Miriam Buceta (viola) e Sandra Carballo...
O vindeiro sábado 2 de decembro, ás 19.00 horas, terá lugar na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a representación teatral A nena que quería navegar, a cargo de Redrum Teatro. A Nena está farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros, e por iso foxe da escola coa intención de non volver nunca máis. Na súa aventura topará co Xeadeiro, un ser máxico e vital, que a base de contos,...
O vindeiro venres 24 de novembro, ás 17.30 horas, terá lugar na Biblioteca Municipal "Poesía en feminino. Palabras Vivas" unha proposta de lectura dramatizada de textos de Ana Romaní, Esther Carrodeguas, Fátima Núnez, Maria do Cebreiro e Marilar Aleixandre a cargo de Marina Nieto, Elisa Barreiro e Carmen Ares. O acto está enmarcado na campaña Rianxo en Negro.
Hoxe hai regueifa, o casamento de Balbina e Farruco; recreación dunha voda rianxeira a cargo da Asociación Fogo Fatuo. O vindeiro domingo 3 de decembro ás 19.00 horas na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Entrada: 2 € en venda anticipada (en Acuarela) e 3 € na billeteira do Auditorio. Máis información na páxina facebook da Asociación Fogo Fatuo
Continuando o Ciclo de Novos Intérpretes o vindeiro venres 17 de novembro, ás 21.00 horas, terá lugar na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo un concerto a cargo do Quinteto Pentravesía. Pentravesía: cinco viaxes, cinco intérpretes con espírito innovador, cinco ventos que sopran desde o mar e nos fan viaxar cos seus sons inspiradores. Dentro do mundo da música de cámara hai...
A Comunidade de Montes de Leiro organiza unha charla informativa sobre a vespa asiática o vindeiro venres 17 de novembro, ás 21.00 h no Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro, a cargo de Roberto Carlos Iglesias Collazo (Protección Civil de Rianxo) e Fernando Cores (socio da Asociación Galega de Apicultores). Abordaranse os seguintes temas: Identificación e diferencias coa vespa galega...
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é unha asociación de carácter municipalista que agrupa a concellos e deputacións de toda Galicia, unidos pola preocupación común de levar adiante iniciativas de cooperación e solidariedade, co enfoque dos Dereitos Humanos, cos países menos desenvolvidos ou máis empobrecidos. O Concello de Rianxo é socio do Fondo. Esta asociación cumpre en 2017...
O próximo venres 24 de novembro, a partir das 19.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo a xornada "Ti tamén formas parte do TDAH (trastorno por déficit de atención-hiperactividade)" O obxectivo da xornada, é profundar e tamén dar a coñecer o TDAH con e sen hiperactividade, como un dos Trastornos do Neurodesenvolvemento máis frecuente pero pouco recoñecido, que require dun tratamento...
A apertura da exposición terá lugar o vindeiro venres día 10 de novembro, ás 20:30, na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo. O acto contará coa presenza de Manuel Ruíz Rivas (alcalde de Ribeira e presidente da Fundación Museo de Artes do Gravado e Estampa Dixital), Xoán Pastor Rodríguez Santamaría (director do Museo de Artes do Gravado e Estampa Dixital), Manuel Ayaso (coautor) e Adolfo...
O profesor e investigador Bernardo Máiz abre o CICLO SOBRE MEMORIA HISTÓRICA que organiza a Uned Senior de Rianxo. A conferencia titúlase Por que se sublevaron os militares no 36? A resistencia popular en Galicia, e estarán presentes, ademais do conferenciante, Carlos Cimadevila Álvarez, profesor do IES Félix Muriel, e Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo. O acto terá lugar no salón de actos do...